DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30352

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción para o proxecto de execución denominado Modificación da posición de entrada 2 (sur) 66 kV do proxecto de subestación colectora 30-66/220 kV para a conexión de instalacións de xeración renovable á rede de transporte no nó Regoelle 220 kV, no termo municipal de Dumbría (A Coruña), promovido por Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U. (expediente IN407A 2016/3040-1).

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 31.10.2018, o Consello da Xunta de Galicia adoptou o acordo polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción, se declara a utilidade pública, en concreto, así como a prevalencia cun aproveitamento forestal e a compatibilidade cun dereito mineiro, das instalacións eléctricas denominadas LAT 66 kV parques eólicos Montetourado-Eixe/Monte O Tourado-subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, sitas nos concellos de Zas, Vimianzo e Dumbría (A Coruña) (expediente IN407A 2017/166-1), e subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, sita no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN407A 2016/3040-1).

Neste acordo do Consello da Xunta de Galicia relaciónanse os diferentes promotores das referidas instalacións eléctricas, xunto coa súa porcentaxe de participación, e indícase que o promotor que actúa como representante é Fenosa Wind, S.L.

O 5.11.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se fixo público o citado acordo do Consello da Xunta de Galicia (DOG núm. 219, do 16 de novembro).

Segundo. Pola Resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas do 16.8.2019, outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción para o proxecto de execución denominado Proxecto modificado segundo da subestación colectora 30-66/220 kV para conexión de instalacións de xeración renovable á rede de transporte no nó Regoelle 220 kV, no termo municipal de Dumbría (expediente IN407A 2016/3040-1).

Terceiro. O 15.1.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu autorizar a transmisión de certas cotas de participación sobre a subestación colectora Regoelle 20-66/220 kV, resultando as seguintes:

Titular

Participación autorización instalacións subestación

Razón social

Denominación da instalación

Común

Posición CT norte

Posición CT sur

Posición CT Greenalia Power

Posición CT AV Paxareiras

AV Paxareiras, S.L.U.

Paxareiras II

12,09 %

100,00 %

Engasa Lagoa, S.L

Lagoa II fase I

8,16 %

12,919 %

Engasa Lagoa, S.L.

Lagoa II fase II

4,23 %

6,698 %

Eurus Desarrollos Renovables, S.L.

A Ruña II

10,58 %

100,00 %

Naturgy Wind, S.L.

Monte Tourado-Eixe

19,95 %

31,579 %

Greenalia Wind Power Alto da Croa

Alto da Croa

3,68 %

25,988 %

Greenalia Wind Power Alto da Croa II

Alto da Croa II

5,24 %

37,006%

Greenalia Wind Power Miñón

Miñón

12,09 %

19,139 %

Greenalia Power Monte Tourado

Monte Tourado

5,24 %

37,006 %

Viruleiros, S.L.

Lagoa I

8,16 %

12,919 %

Norvento, S.L.

Monte O Tourado

10,58 %

16,746 %

Totais

100,00 %

100,00 %

100,00 %

100,00 %

100,00 %

Cuarto. Pola Resolución do 15 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción para o proxecto de execución denominado Modificación do proxecto da subestación colectora 30-66/220 kV para a conexión de instalacións de xeración renovable á rede de transporte no nó de Regoelle 220 kV, no concello de Dumbría (A Coruña), promovido por AV Paxareiras, S.L.U. (expediente IN407A 2016/3040-1). Esta resolución publicouse no DOG núm. 70, do 10 de abril de 2024.

Quinto. Con data 5.7.2023, Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U. solicitou, perante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, as autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións do proxecto de execución denominado Modificación da posición de entrada 2 (sur) 66 kV do proxecto de subestación colectora 30-66/220 kV para conexión de instalacións de xeración renovable á rede de transporte no nó Regoelle 220 kV, con data 26.6.2023. Para equiparar a capacidade da entrada 2 (sur) da subestación Lagoa (subestación colectora Regoelle 30-66/220 kV (IN407A 2016/3040-1) coa liña de evacuación a que dá entrada na subestación, proxéctase a modificación da dita posición autorizada no expediente IN407A 2016/3040-1, substituíndo o transformador inicialmente previsto de 70 MVA por outro de 90 MVA e a aparellaxe correspondente.

Sexto. O 26.7.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiu a documentación da modificación do proxecto da subestación colectora 30-66/220 kV á Xefatura Territorial da Coruña desta consellería (en diante, xefatura territorial) para a continuación da tramitación deste expediente (IN407A 2016/3040-1), de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009.

Sétimo. O 27.2.2024, para emendar o proxecto de execución inicialmente presentado, o promotor achegou unha nova redacción deste conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, e que se denomina Modificación da posición de entrada 2 (sur) 66 kV do proxecto de subestación colectora 30-66/220 kV para conexión de instalacións de xeración renovable á rede de transporte no nó Regoelle 220 kV, asinado o día 27.2.2024 por Ricardo Lago Alonso, enxeñeiro industrial, núm. colexiado 2.221 do ICOIIG.

Oitavo. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro de 2021).

Noveno. Non se solicitou o informe preceptivo a ningunha Administración, organismo nin empresa de servizo público ou de interese xeral, por non existiren afeccións.

Décimo. O 19.3.2024, os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron un informe favorable sobre a solicitude de Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U. sobre o proxecto modificado de referencia.

Décimo primeiro. O 22.3.2024, a xefatura territorial, logo de rematada a instrución do expediente IN407A 2016/3040-1 e de acordo coa Lei 8/2009, deu traslado del a esta dirección xeral para a emisión da súa resolución, incluíndo o informe técnico favorable e a proposta de autorización da xefatura territorial, do 21.3.2024.

Décimo segundo. O 1.4.2024, esta dirección xeral deu traslado da solicitude de Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U. sobre o proxecto modificado de referencia, para os efectos de emitir informe sobre a necesidade ou non de realizar algún trámite ambiental, á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático.

Décimo terceiro. O 12.4.2024, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático emitiu informe ao respecto, en que se conclúe que, con relación ás modificacións solicitadas no proxecto de referencia por Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U., e para os únicos efectos ambientais, non existen obxeccións sempre que se cumpra o recollido na documentación presentada.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), no Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 73, do 14 de abril de 2024), no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril de 2024), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro de 2017).

Segundo. A lexislación de aplicación ao presente expediente é a seguinte:

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade de instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

• Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

• Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014.

Terceiro. No expediente consta un informe favorable dos servicios técnicos da xefatura territorial, do 19.3.2024, sobre a solicitude de Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U. sobre o proxecto modificado de referencia.

Cuarto. No expediente consta un informe da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, emitido o 12.4.2024, en que se conclúe que, con relación ás modificacións solicitadas no proxecto de referencia por Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U., e para os únicos efectos ambientais, non existen obxeccións sempre que se cumpra o recollido na documentación presentada.

De conformidade co que antecede e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Outorgar a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución denominado Modificación da posición de entrada 2 (sur) 66 kV do proxecto de subestación colectora 30-66/220 kV para conexión de instalacións de xeración renovable á rede de transporte no nó Regoelle 220 kV, no termo municipal de Dumbría (A Coruña), promovido por Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U. (expediente IN407A 2016/3040-1).

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución titulado Modificación da posición de entrada 2 (sur) 66 kV do proxecto de subestación colectora 30-66/220 kV para conexión de instalacións de xeración renovable á rede de transporte no nó Regoelle 220 kV, asinado o día 27.2.2024 por Ricardo Lago Alonso, enxeñeiro industrial, núm. colexiado 2.221 do ICOIIG e no cal figura un orzamento de execución material de 903.495,30 €

Segunda. Asegurarase o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

En todo momento deberá cumprirse canto establecen o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Así mesmo, deberase cumprir co disposto na declaración de impacto ambiental formulada o 17.10.2018 pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Terceira. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas; non obstante, a xefatura territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes e deberá comunicar á dita dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

Cuarta. O prazo para solicitar a autorización de explotación será de tres anos, contados a partir do presente outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción. En caso de incumprimento, poderá producirse a súa revogación, nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, ou norma que a substitúa.

Unha vez solicitada a autorización de posta en servizo, a xefatura territorial será a encargada de emitila tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

Quinta. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións deberase presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que as instalacións se realizaron de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Así mesmo, deberase presentar ante esta dirección xeral un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións.

Sexta. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

Sétima. Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Oitava. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas