DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 21 de maio de 2024 Páx. 30359

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2024, da Dirección Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Pastoriza (expediente IN407A 2023/181-2).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionaria: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.

Denominación: substitución celas 24 kV y reforma subestación de manobra Meira (132/20 kV) A Pastoriza (Lugo).

Situación: concello da Pastoriza.

Características técnicas principais:

Alcance da reforma:

• Consiste na renovación completa do parque de 20 kV substituíndo as celas existentes (barras B1-B2), 11 celas de envolvente metálica e interruptor de carro extraíble por dous novos conxuntos de celas de envolvente metálica de simple barra partida con acoplamento lonxitudinal e remonte composto por un total de 8/7 (barras B1 e barras B2).

O conxunto de celas 24 kV (8) denominado Barras B1 en configuración simple barra está composto por (4) catro celas de liña (Clean Air), (1) unha de medida de barras (SF6), (1) de acoplamento lonxitudinal (SF6), (1) de transformador AT/MT (SF6) e (1) de transformador de SSAA (Clean Air).

O conxunto de celas 24 kV (7) denominado Barras B2 en configuración simple barra está composto por (3) tres celas de liña (Clean Air), (1) unha de medida de barras (SF6), (1) de acoplamento lonxitudinal (SF6), (1) de transformador AT/MT (SF6) e (1) de transformador de SSAA (Clean Air).

• Instalación/modificación e conexionado das liñas de distribución en MT as novas cabinas de MT.

• Substitución dos transformadores de SSAA TSA-1 e TSA-2 existentes e instalación de (2) trafos novos de 100 kVA cada un.

• Instalación dun novo armario de SSAA.

• Instalación dun novo armario de telecontrol.

Finalidade da instalación: mellora das instalacións.

Orzamento: 998.714,17 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello da Pastoriza.

• Separata para a Axencia Galega de Infraestruturas.

Esta dirección territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, do Decreto 49/2023, do 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 7 de maio de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo