DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 30183

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de requerimento para a xestión da biomasa vexetal de varias parcelas (notificiacións infrutuosas).

Vistas as actas de inspección das datas que figuran na seguinte táboa, comprobouse que nas referidas parcelas incúmprense, segundo o caso, os artigos 21 ou 21.ter da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, de acordo coa táboa seguinte:

Núm. de expediente

Referencia catastral

Data da acta de inspección

Artigo incumprido da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

1014/2023

36005A060000090000TZ

2.10.2023

Artigo 21

2666/2023

3039243NH2123N0001JA

18.12.2023

Artigo 21

1552/2023

36005B518019880000ZF

16.10.2023

Artigo 21.ter

1553/2023

36005B518019900000ZT

16.10.2023

Artigo 21.ter

1503/2023

0170604NH3107S0001XX

30.10.2023

Artigo 21

1988/2023

36005A207000540000ML

24.11.2023

Artigo 21.ter

1502/2023

0170608NH3107S0001SX

30.10.2023

Artigo 21

317/2024

Parcela 105 da concentración parcelaria de Godos

24.11.2023

Artigo 21

2644/2023

36005A045006630000TR

18.12.2023

Artigo 21

2147/2023

9574514NH2197S0001WM

6.10.2023

Artigo 21.ter

40/2024

36005A203300590000MJ

27.12.2023

Artigo 21.ter

1989/2023

36005B521023970000ZE

27.12.2023

Artigo 21.ter

1791/2023

36005A203000600000MO

27.12.2023

Artigo 21.ter

1857/2023

36005A045003000000TQ

19.1.2024

Artigo 21 e artigo 21.ter

1856/2023

36005A045002900000TS

19.1.2024

Artigo 21.ter

1245/2023

36005A035005300000TQ

29.2.2024

Artigo 21

1827/2023

36005A024008090000TG

19.1.2024

Artigo 21

1852/2023

36005A025002770000TG

19.1.2024

Artigo 21

1826/2023

36005A024008080000TY

19.1.2024

Artigo 21

2612/2023

36005A047001980000TK

19.1.2024

Artigo 21.ter

1831/2023

36005A024008130000TQ

19.1.2024

Artigo 21

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e téndose intentado a notificación ás persoas responsables, sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Caldas de Reis, polo presente anuncio ponse de manifesto o incumprimento polas persoas responsables que a continuación se indican da obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

Responsable (NIF do responsable anonimizado por LOPD)

Título polo cal é responsable

Provincia/concello/parroquia

Lugar/polígono/parcela/nome da parcela ou lugar

36005A060000090000TZ

Herdeiros de María Amparo Limia Pérez (NIF: ***4182**)

Consulta catastral do ben inmoble

Pontevedra/Caldas de Reis/Bemil

A Canle/pol. 60/parc. 9/Canle

3039243NH2123N0001JA

Carmen Rodríguez Méndez

(NIF: descoñecido)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Godos

Godos/pol. 209/Monte común

36005B518019880000ZF

María Lourdes Expósito Fariña

(NIF: ***4370**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Saiar

Soutelo de Abaixo/pol. 518/parc. 1988

36005B518019900000ZT

María Lourdes Expósito Fariña

(NIF: ***4370**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Saiar

Soutelo de Abaixo/pol. 518/parc. 1990

0170604NH3107S0001XX

Matilde Isabel Ortigueira Hermida (NIF: ***0970**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Santo André

Segade/rúa José Salgado pol. 1 RED.

36005A207000540000ML

Luis Miguel Campaño Luna

(NIF: ***6373**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Godos

A Riva/pol. 207/parc. 54/Monte da Riba

0170608NH3107S0001SX

Rafael Ortigueira Espinosa

(NIF: ***5000**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Santo André

Segade/rúa José Salgado pol. 1 RED.

Parcela 105 da concentración parcelaria de Godos

José Alfonso Ledo Daponte

(NIF: ***0510**)

Relación de titulares da concentración parcelaria de Godos

Pontevedra/Caldas de Reis/Godos

Cruceiro de Santiago/pol. 2/parc. 105 da concentración parcelaria de Godos/Estivada

Parcela 105 da concentración parcelaria de Godos

Juan Ignacio Ledo Daponte

(NIF: ***2132**)

Relación de titulares da concentración parcelaria de Godos

Pontevedra/Caldas de Reis/Godos

Cruceiro de Santiago/pol. 2/parc. 105 da concentración parcelaria de Godos/Estivada

36005A045006630000TR

Herdeiros de Josefa Aboy Núñez

(NIF: ***4498**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Santo André

Aboi/pol. 45/parc. 663/Pena

9574514NH2197S0001WM

Herdeiros de María Mercedes J. Nartallo Pérez (NIF: ***9030**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis

Rúa A Veiga nº 36

36005A203300590000MJ

Herdeiros de Carmen Fresco Abollo (NIF: ***2610**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Godos

Calcote/pol. 203/parc. 30059/Mimosal

36005B521023970000ZE

Juan José Gil Castro

(NIF: ***1126**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Saiar

Calvelos/pol. 521/parc. 2397/Calvelos

36005A203000600000MO

Javier Fresco Villalba

(NIF: ***5799**)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Godos

Calcote/pol. 203/parc. 60/Calcote

36005A045003000000TQ

Herdeiros de Delia Castro Barros

(NIF: **3445***)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Santo André

Aboi/pol. 45/parc. 300/Raxado

36005A045002900000TS

Herdeiros de Delia Castro Barros

(NIF: **3445***)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Santo André

Aboi/pol. 45/parc. 290/Raxado

36005A035005300000TQ

Manuela Touceda Barros

(NIF: **8426***)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/San Clemente

Campelo/pol. 35/parc. 530/Salgueir.

36005A024008090000TG

Herdeiros de Manuel Bello Casal

(NIF: **8538***)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Carracedo

Casalderrique/pol. 24/parc. 809/Baldaden

36005A025002770000TG

Herdeiros de Camilo Iglesias García (NIF: **3751***)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Carracedo

Casalderrique/pol. 25/parc. 277/Muíño

36005A024008080000TY

Ana María Bello Jamardo

(NIF: **4688***)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Carracedo

Casalderrique/pol. 24/parc. 808/Baldaden

36005A047001980000TK

Herdeiros de Carmen Bello Fojo

(NIF: **4187***)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Carracedo

Cortiñas/pol. 47/parc. 198/Gándara

36005A024008130000TQ

Herdeiros de María Fariña Sanmiguel (NIF: **8428***)

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Carracedo

Casalderrique/pol. 24/parc. 813/Baldaden

Considerando o anterior, e de conformidade co previsto nos artigos 7.d) e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia en relación co establecido nos artigos 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 61.1.s) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Requirir ás seguintes persoas responsables para que nun prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), procedan á xestión da biomasa e/ou retirada da/das especie/s arbórea/s prohibida/s sinalada/s na disposición adicional terceira da Lei 3/2007 sinalada anteriormente.

Segundo. Advertir, que en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de novecentos euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.

En todo caso, a contía mínima que se vai impor por multa coercitiva será de cen euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Terceiro. Advertir que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Unha vez transcorrido este prazo de catro anos, a Administración competente deberá reiterar o apercibimento para poder proceder ás actuacións materiais en que consista a execución subsidiaria. Ante a falta de atención do devandito apercibimento, a Administración competente realizará as súas accións de control durante os catro anos seguintes co obxectivo de que a xestión estea concluída, en todo caso, con anterioridade ao primeiro día de abril de cada ano.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.

A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas establécese nas seguintes cantidades estimadas:

Núm. de expediente

Referencia catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

1014/2023

36005A060000090000TZ

1,7032 ha

3.953,15 €/ha

6.733,01 €

2666/2023

3039243NH2123N0001JA

0,0074 ha

3953,15 €/ha

29,34 €

1552/2023

36005B518019880000ZF

0,0693 ha

1688,89 €/ha

117,04 €

1553/2023

36005B518019900000ZT

0,0413 ha

1688,89 €/ha

69,75 €

1503/2023

0170604NH3107S0001XX

0,038 ha

874,91 €/ha

33,25 €

1988/2023

36005A207000540000ML

0,0112 ha

3953,15 €/ha

44,28 €

1502/2023

0170608NH3107S0001SX

0,1953 ha

3953,15 €/ha

772,05 €

317/2024

Parcela 105 da concentración parcelaria de Godos

0,1574 ha

874,91 €/ha

137,70 €

2644/2023

36005A045006630000TR

0,1088 ha

3953,15 €/ha

430,06 €

2147/2023

9574514NH2197S0001WM

0,0579 ha

3953,15 €/ha

228,89 €

40/2024

36005A203300590000MJ

0,1024 ha

874,91 €/ha

89,59 €

1989/2023

36005B521023970000ZE

0,0387 ha

3.953,15 €/ha

152,99 €

1791/2023

36005A203000600000MO

0,0314 ha

3.953,15 €/ha

124,13 €

1857/2023

36005A045003000000TQ

0,2044 ha

874,91 €/ha

179,79 €

1856/2023

36005A045002900000TS

0,1103 ha

1.688,89 €/ha

186,28 €

1245/2023

36005A035005300000TQ

0,0343 ha

3.545,82 €/ha

121,62 €

1827/2023

36005A024008090000TG

0,0148 ha

3.953,15 €/ha

58,51 €

1852/2023

36005A025002770000TG

0,0680 ha

3.953,15 €/ha

268,81 €

1826/2023

36005A024008080000TY

0,0067 ha

3.953,15 €/ha

26,60 €

2612/2023

36005A047001980000TK

0,1438 ha

3.953,15 €/ha

568,46 €

1831/2023

36005A024008130000TQ

0,0371 ha

3.953,15 €/ha

146,74 €

Cuarto. Advertir que a falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Competencia de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

 Expedientes: 1014/2023, 2666/2023, 1503/2023, 1502/2023, 317/2024, 2644/2023, 1857/2023, 1245/2023, 1827/2023, 1852/2023, 1826/2023 e 1831/2023: a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada (artigo 54.1 da Lei 3/2007).

 Expedientes: 1552/2023, 1553/2023, 1988/2023, 2147/2023, 40/2024, 1989/2023, 1791/2023 1857/2023, 1856/2023 e 2612/2023: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007 en relación cos artigos 21.1.s) LRBRL e 61.1.s) LALGA).

Competencia de resolución do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

 Expedientes: 1014/2023, 2666/2023, 1503/2023, 1502/2023, 317/2024, 2644/2023, 1857/2023, 1245/2023, 1827/2023, 1852/2023, 1826/2023 e 1831/2023. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves (artigo 54.2 da Lei 3/2007).

 Expedientes: 1552/2023, 1553/2023, 1988/2023, 2147/2023, 40/2024, 1989/2023, 1791/2023, 1857/2023, 1856/2023 e 2612/2023: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007).

Cualificación da infracción:

Infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

Contía máxima da sanción pecuniaria a impor no caso de infracción leve:

1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007.

No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

Sanción accesoria:

Sen prexuízo doutras que se poidan establecer no devandito procedemento, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Advertir que, de conformidade co sinalado na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a persoa responsable terá a obriga de poñer en coñecemento desta Administración o inicio e a realización dos traballos de xestión, achegando neste último caso reportaxe fotográfica da súa realización. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.

Caldas de Reis, 24 de abril de 2024

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde