DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 30189

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa vexetal de varias parcelas (titulares descoñecidos).

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 e da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia: 

Expediente

Data da acta de inspección

Referencia catastral

Localización/polígono/parcela

Persona responsable

2661/2023

18.12.2023

3039258NH2123N0000OP

Lugar Godos, parroquia Godos

Descoñecida

2667/2023

18.12.2023

3039244NH2123N0001EA

Lugar Godos, parroquia Godos

Descoñecida

2668/2023

18.12.2023

3039245NH2123N0001SA

Lugar Godos, parroquia Godos

Descoñecida

2669/2023

18.12.2023

3039246NH2123N0001ZA

Lugar Godos, parroquia Godos

Descoñecida

2648/2023

18.12.2023

36005A045008320000TZ

Lugar Aboi, parroquia Santo André de Cesar. Polígono 45, parcela 832

Descoñecida

376/2024

1.12.2023

36005A012001740000TK

Lugar Eirín, parroquia Santa María. Polígono 12, parcela 174

Descoñecida

2631/2023

1.12.2023

36005A016002130000TJ

Lugar Reirís, parroquia Santo André de Cesar. Polígono 16, parcela 213

Herdeiros de Dolores Arca Rodríguez

(NIF: ***5788**

Lugar de notificación descoñecido)

2632/2023

1.12.2023

36005A016002140000TE

Lugar Reirís, parroquia Santo André de Cesar. Polígono 16, parcela 214

Descoñecida

2633/2023

1.12.2023

36005A016002220000TW

Lugar Reirís, parroquia Santo André de Cesar. Polígono 16, parcela 222

Moisés Legeren Campos

(NIF e lugar de notificación descoñecidos)

2638/2023

1.12.2023

36005A016002180000TH

Lugar Reirís, parroquia Santo André de Cesar. Polígono 16, parcela 218

Antonio Silva Belay

(NIF e lugar de notificación descoñecidos)

2639/2023

1.12.2023

36005A016002190000TW

Lugar Reirís, parroquia Santo André de Cesar. Polígono 16, parcela 219

Consuelo Calviño Conde

(NIF e lugar notificación descoñecidos)

2641/2023

1.12.2023

36005A016002210000TH

Lugar Reirís, parroquia Santo André de Cesar. Polígono 16, parcela 221

Descoñecida

2642/2023

1.12.2023

36005A016002260000TG

Lugar Reirís, parroquia Santo André de Cesar. Polígono 16, parcela 226

Antonio Dica Paredes

(NIF e lugar de notificación descoñecidos)

100/2024

27.12.2023

36005A037000800000TR

Lugar A Igrexa, parroquia San Clemente. Polígono 37, parcela 80

Descoñecida

Considerando o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 7.d) e 22.10 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia en relación co establecido no artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 61.1.s) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Requirir ás persoas responsables para que nun prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), proceda/n á xestión da biomasa e/ou retirada das especie/s arbórea/s prohibidas sinalada/s na disposición adicional 3ª da Lei 3/2007 sinalada/s anteriormente.

Segundo. Advertir, que en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de novecentos euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.

En todo caso, a contía mínima que se vai impor por multa coercitiva será de cen euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Terceiro. Advertir que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Unha vez transcorrido este prazo de catro anos, a Administración competente deberá reiterar o apercibimento para poder proceder ás actuacións materiais en que consista a execución subsidiaria. Ante a falta de atención do dito apercibimento, a Administración competente realizará as súas accións de control durante os catro anos seguintes co obxectivo de que a xestión estea concluída, en todo caso, con anterioridade ao primeiro día de abril de cada ano.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.

A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas establécese nas seguintes cantidades estimadas:

Número de expediente

Ref. catastral

Ha afectadas por execución subsidiaria

Liquidación provisional

2661/2023

3039258NH2123N0000OP

0,0047 ha

18,58 €

2667/2023

3039244NH2123N0001EA

0,0141 ha

55,58 €

2668/2023

3039245NH2123N0001SA

0,0120 ha

47,56 €

2669/2023

3039246NH2123N0001ZA

0,0105 ha

41,31 €

2648/2023

36005A045008320000TZ

0,0349 ha

30,55 €

376/2024

36005A012001740000TK

0,0261 ha

103,18 €

2631/2023

36005A016002130000TJ

0,0451 ha

159,92 €

2632/2023

36005A016002140000TE

0,0425 ha

150,70 €

2633/2023

36005A016002220000TW

0,0886 ha

314,20 €

2638/2023

36005A016002180000TH

0,0108 ha

38,22 €

2639/2023

36005A016002190000TW

0,0206 ha

81,59 €

2641/2023

36005A016002210000TH

0,0388 ha

153,38 €

2642/2023

36005A016002260000TG

0,3036 ha

1.076,44 €

100/2024

36005A037000800000TR

0,0528 ha

208,88 €

Cuarto. Advertir que a falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Competencia de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

 Expedientes 2661/2023, 2667/2023, 2668/2023, 2669/2023, 2648/2023, 376/2024, 2633/2023, 2638/2023, 2639/2023, 2641/2023, 2642/2023, 100/2024: a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada (artigo 54.1 da Lei 3/2007).

 Expedientes 2631/2023, 2632/2023: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007 en relación co artigo 21.1.s) LRBRL e 61.1.s) LALGA)

Competencia de resolución do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007)

 Expedientes 2661/2023, 2667/2023, 2668/2023, 2669/2023, 2648/2023, 376/2024, 2633/2023, 2638/2023, 2639/2023, 2641/2023, 2642/2023, 100/2024: serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves (artigo 54.2 da Lei 3/2007).

 Expedientes 2631/2023, 2632/2023: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007).

Cualificación da infracción:

Infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

Contía máxima da sanción pecuniaria a impor no caso de infracción leve:

1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007.

No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

Sanción accesoria:

Sen prexuízo doutras que se poidan establecer no devandito procedemento, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Advertir que, de conformidade co sinalado na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a persoa responsable terá a obriga de poñer en coñecemento desta administración o inicio e a realización dos traballos de xestión, achegando neste último caso reportaxe fotográfica da súa realización. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.

Caldas de Reis, 24 de abril de 2024

Juan Manuel Rey Rey
Alcalde