DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 30194

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de inspector principal do corpo da policía local, quenda promoción interna (subgrupo A2), C.E. 9/20.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 245, do 27 de decembro de 2023, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 18 de decembro de 2023, relativas á seguinte convocatoria:

– 1 praza de inspector/a principal do corpo da policía local, quenda promoción interna (subgrupo A2), C.E. 9/20.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 22 de abril de 2024

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local, do 5.7.2023)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable da Área de Economía e Planificación Urbana