DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 20 de maio de 2024 Páx. 30195

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lousame

ANUNCIO de convocatoria para executar a oferta de emprego público extraordinaria para a redución do emprego temporal (disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021).

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 234, do día 13 de decembro de 2022, publicáronse integramente as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para prover unha serie de prazas na execución da oferta de emprego público extraordinaria para a redución do emprego temporal, ao abeiro das disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 88, do día 7 de maio de 2024, publicouse integramente a resolución que modifica as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para prover a seguinte praza, así como a apertura dun novo prazo adicional para a presentación de solicitudes:

– 1 praza de técnico/a de animación física/deportiva, persoal laboral fixo, grupo X (B), mediante o sistema de concurso, quenda libre.

Como consecuencia destas modificacións, concédese un novo prazo adicional de presentación de instancias á convocatoria orixinaria, de vinte (20) días naturais, contados a partir da publicación do anuncio desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda conforme as bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Lousame, 7 de maio de 2024

Mª Teresa Villaverde Pais
Alcaldesa