DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29408

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 89 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, en diante LEPG, establece que o concurso é o procedemento normal de provisión de postos de traballo polo persoal funcionario de carreira e consiste na valoración dos méritos e capacidades e, de ser o caso, das aptitudes dos candidatos conforme as bases establecidas na correspondente convocatoria.

O artigo 90.1 da LEPG establece o concurso ordinario como o procedemento xeral de provisión dos postos de traballo que non teñan establecida outra forma de provisión na relación de postos de traballo.

O artigo 14.2.d) do devandito texto legal atribúelle á persoa titular da consellería competente en materia de función pública a competencia para convocar e resolver os concursos de provisión de postos de traballo incluídos nas relacións de postos de traballo do persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Ao existiren vacantes dotadas orzamentariamente na relación de postos de traballo das cales se considera necesaria a súa provisión, logo de negociación na Mesa Sectorial de Funcionarios Públicos e na Comisión de Persoal, esta dirección xeral, no uso da competencia delegada pola Consellería de Facenda e Administración Pública en virtude do disposto no artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), resolve convocar concurso ordinario de traslados para a provisión dos postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia que se relacionan no anexo I desta convocatoria, de conformidade coas seguintes

Bases

I. Requisitos e obrigas de participación.

1. Poderán participar neste concurso:

a) O persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) O persoal funcionario de carreira dos corpos da Administración xeral doutras administracións respecto daqueles postos en que así se especifique expresamente no anexo I de postos de traballo.

c) O persoal funcionario de carreira das diversas escalas dos corpos da Administración xeral respecto daqueles postos en que así se especifique expresamente no anexo I de postos de traballo.

d) O persoal funcionario de carreira dos corpos de Administración especial respecto daqueles postos en que así se especifique expresamente no anexo I de postos de traballo.

e) O persoal docente respecto daqueles postos en que así se especifique no anexo I de postos de traballo.

O persoal incluído nas alíneas a), b), c), d) e e) ás cales se refire o número I.1. da presente convocatoria poderán participar sempre e cando transcorresen dous anos desde o acceso ao posto que veña desempeñando con carácter definitivo, agás que este se provese polo sistema de libre designación, caso en que non se exixirá permanencia. Non obstante, de acordo co disposto no artigo 90.2 da LEPG, para os efectos de poder participar neste concurso, o persoal funcionario de novo ingreso terá que acreditar en todo caso unha antigüidade mínima de dous anos desde o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Ao persoal funcionario de carreira que accedese a un corpo/escala por promoción interna ou en virtude dun procedemento de integración e permaneza no posto de traballo que desempeñaba computaráselle o tempo de servizos prestado neste posto no corpo/escala de procedencia para os efectos do disposto no parágrafo anterior.

O persoal que adquiriu a condición de persoal funcionario de carreira ao abeiro da disposición transitoria primeira da LEPG poderá participar sempre que teña unha antigüidade mínima de dous anos na categoría profesional equivalente ao corpo ou escala en que se realizou a súa funcionarización.

f) O persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou análogo doutras administracións públicas que se relacionan no anexo I en situación de excedencia voluntaria por interese particular, despois de transcorrer o período mínimo de permanencia nesta situación.

g) O persoal funcionario de carreira dos corpos e escalas da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou análogo doutras administracións públicas en calquera situación administrativa distinta das anteriores que permita a participación no concurso de traslados de acordo coa normativa aplicable.

2. Está obrigado a participar neste concurso:

a) O persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia obxecto desta convocatoria que se encontre ao dispor do órgano competente ou adscrito provisionalmente a un posto de traballo, de acordo co disposto no artigo 97.5 e a disposición transitoria quinta da LEPG. Deberá solicitar todos os postos de acordo coa base VI.2.

O incumprimento desta obriga determinará a declaración da situación de excedencia voluntaria por interese particular (artigo 97 da LEPG). Para estes efectos, tomarase como data de referencia a da situación administrativa da persoa concursante no día da publicación da convocatoria do concurso de traslados no Diario Oficial de Galicia.

Exceptúase do establecido nesta letra o persoal de novo ingreso que non teña unha antigüidade mínima de dous anos desde o nomeamento como persoal funcionario de carreira.

b) O persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia obxecto desta convocatoria que se encontre adscrito por motivos de saúde ou rehabilitación a un posto de traballo en distinta localidade daquela en que teña o seu destino definitivo estará, en aplicación do disposto no artigo 89 da LEPG, obrigado a participar no concurso e deberá solicitar todos os postos situados na mesma localidade do posto a que figure adscrito provisionalmente.

O incumprimento desta obr

iga determinará o cesamento no posto en que figure adscrito por motivos de saúde ou rehabilitación.3. Non poderán participar neste concurso:a) O persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia nomeado con carácter provisional como consecuencia da resolución de procesos selectivos, calquera que sexa a situación

administrativa na que se encontre. Este persoal será convocado para elixir dest

ino definitivo tras a

resolución do concurso atendendo á orde de prelación obtida no correspondente proceso s

electivo. b) O persoal funcionario de carreira suspenso firme, mentres dure a suspensión.II. Postos ofertados.1. Os postos vacantes ofertados neste concurso publícanse no anexo I desta resolución.2. As persoas interesadas poderán solicitar por orde de preferencia os postos ofertados no anexo I desta convocatoria, aos cales se engadirán as potenciais resultas como consecuencia das solicitudes de participación presentadas. Considéranse postos de resultas os postos de traballo cuxo sistema de

provisión sexa o concurso ordinario e que estivesen ocupados con carácter definitivo por aquelas persoas participantes que obteñan un posto de traballo como consecuencia da adxudicación do concurso.Incluiranse tamén como potenciais resultas os postos de traballo qu

e teñan adscrito persoal funcionario por motivos de saúde ou rehabilitación, pero a súa adxudicación estará condicionada a que a persoa funcionaria adscrita obteña un posto na resolución do concurso.A relación de p

ostos ofertados en resultas

publicarase na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo h

ttps://www.xunta.gal/funcion-publica/

concurso-de-traslad

os/.III. Valoración de méritos.1. A valoración dos méritos para a adxudicaci

ón dos postos de traballo efectuarase conforme o seguinte baremo:A. Méritos de necesaria valoración: A.1. Antigüidade: Os servizos serán valorados por meses de 30 días, a razón de 0,02

puntos/mes.Para estes efectos, computaranse os servizos

prestados de conformidade co establ

ecido na Lei 70/1978, do 2 de decembro,

de recoñecemento de servizos previos n

as administracións públicas.A puntuación máxima na base III.1.A.1 será de 7,5 puntos.A.2. Coñecemento do idioma galego:– Celga 3 ou equivalente: 1,25 puntos.– Celga 4 ou equivalente: 2,00 puntos.– Celga 5 ou curso de nivel medio de linguaxe adm

inistrativa galega, curso de nivel medio de linguaxe administrativa local galega, curso de linguaxe xurídica galega, ciclo super

ior dos estudos de galego das escolas oficiais de idiomas: 2,75 puntos.– Curso de nivel superior de linguaxe administrativa galega ou curso de nivel superior de linguaxe xur

ídica galega: 3,5 puntos.En caso de acreditar máis dun grao de coñecemento de galego, soamente se computará o superior. Só se valorará un nivel superior ao exixido para o ingreso no corpo ou escala.Soamente se lles concederá validez, no que se refire á acreditación do coñecemento do galego, aos cursos, estudos ou titulacións validados polo órgano competente, de acordo coa Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os

certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua gale

ga (Celga), e coa Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se r

egulan os cursos de linguaxe

administrativa e xurídica galegas. O coñecemento do idioma galego só será obxecto de valoración nesta epígrafe.A puntuación máxima da base III.1.A.2 será de 3,5 puntos.A.3. Traballo desenvolvido:A.3.1. A determinación

da puntuación realizarase a partir do sumatorio das p

untuac

ións parciais obtidas no desempeño dun ou máis postos de traballo de cada nivel de destino como consecuencia de apl

icar a seguinte fórmula.Traballo desenvolvido = (T1*P1 + T2*P2 + ... + Tn*Pn)Onde:–

Ti amosa o tempo total de traballo dese

nvolvido nun nivel de destino concreto (i) expresado en meses de 30 días.– Pi amosa a puntuación a

signada ao nivel de destino (i) segundo o seguinte criterio:Polo nivel de destino 10: 0,001 puntos.Por cada unidade de nivel de destin

o que exceda o 10: 0,001 puntos, ata un máximo de 0,020 puntos.A.3.2. Ao persoal funcionario ou estatutario aplicaráselle o n

ivel de destino do posto de traballo desempeñado nos distintos subgrupos.O traballo desenvolvido na situación de comisión de servizos puntuarase como realizado no posto de orixe do/da funcionario/a.A.3.3. Ao persoal laboral fixo que adquiriu a condición de persoal funcionario de carreira ao abeiro da disposición transitoria primeira da LEPG te

ráselle en conta o traballo desenvolvido como laboral fixo na categoría profesional en que realizou a funcionarización, e considerarase como nivel de destino o nivel do posto en que se funcionarizou.A.3.4. Os servizos prestados como persoal laboral distintos

dos indicados no punto A.3.3., incluído o traballo desenv

olvido en superior categoría, c

onsideraranse co nivel mínimo dos corpos de Administración xeral do subgrupo

equivalente ao grupo de pertenza.A puntuación máxima da base III.1.A.3 será de 3,5 puntos.B. Outros mér

itos valorables: B.1. Méritos específicos adecuados ás características do posto de traballo.Os méritos que se especifiquen para cada posto

de traballo desta resolución valoraranse do seguinte modo:B.1.1. Por cada mes de servizos en postos de traballo pertencentes á mesma área funcional ca a do posto de traballo solicitado: 0,02 puntos.A valoración relativa ás ditas áreas funcionais se

rá tida en conta sempre que a adaptación dos postos de traballo a través da modificación das RPT sexa publicada no DOG ata a fin do prazo de presentac

ión das solicitudes de participación no concurso.Esta circunstancia apreciarase de oficio e computarase desde o 1 de xaneiro de 2013. A puntuación da alínea B.1.1. non poderá supe

rar os 2,4 puntos. B.1.2. Por estar en posesión da titulación académica oficial que se menciona especificamente: 1 punto. No caso de que se mencione máis dunha titulación, só se valorará unha delas.B.1.3. Por estar en posesión do nivel de coñecementos da lingua estran

xeira que se especifique para o posto de traballo, acreditado segundo o Marco europeo común de referencia para as

linguas (MERC): 1 punto. No caso que se mencione máis dun idioma, só se valorará un. B.1.4. Por estar en posesión do permiso de conducir

valorable para o desempeño do posto de traballo: 0,75 punt

os.As distintas epígrafes da b

ase III.1.B.1 non se valorarán como mérito cando figuren c

omo requisito imprescindible para acceder ao posto.A pu

ntuación máxima na base III.1.B.1 será de 3,0 puntos. B.2. Grao persoal consolidado.Polo nivel 10 de grao consolidado e formalizado: 1 punto.Por cada unidade de nivel que exceda o 10: 0,15 puntos.No suposto en que as persoas concursantes non teñan recoñecido ningún gr

ao persoal ou este sexa inferior a 10, para os efectos d

e puntuación nesta epígrafe, computarase o niv

el mínimo correspondente ao intervalo de niveis do subgrupo a que pertenza a persoa funcionaria. A puntuación máxima na base III.1.B.2 será de 4 puntos.B.3. Cursos de formación e perfeccionamento. Valorarase a superación de cursos organizados e impartidos directamente pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP), a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), a Axencia de Coñecemento en Saúde (Acis), o Instituto Nacional de Administración Pública (INAP), as escolas oficiais de formación similares das restantes comunidades autónomas e as universidades públicas

; cursos impartidos no marco do Acordo de formación para o emprego das administracións públicas (AFEDAP) e os cursos impartidos polas organizacións sindicai

s sempre que estean homologa

dos pola EGAP. Por cada curso de duración igual ou superior a 8 horas le

ctivas, valorarase con 0,01 puntos cada hora de formación, ata un máximo de 1,5 puntos por curso. Non se valorará o seguinte:– A asistencia a con

gresos, xornadas, seminarios, simposios e similares.– As materias ou créditos que formen parte dunha titulación académica e os cursos de doutoramen

to, nin os módulos ou partes integrantes dun curso.– Os cursos que formen part

e de módulos ou créditos que dean acceso a titulacións a

cadémicas oficiais ou conva

lidables por créditos universitarios.– Os cursos que formen parte dos procesos de selección de persoal funcionario.A puntuación máxima da base III.1.B.3 será de 5 puntos.B.4. Titulación académica.Valorarase a posesión de titulacións académicas

oficiais, sempre que sexan distintas á requiri

da para o ingreso ao corpo desde o que s

e concurse e sexan de igual ou su

perior nivel académico. Só se computará a titulación de maior nivel académico. – Graduado en ESO ou equivalente: 0,20 puntos.– Bacharel ou equivalente: 0,40 puntos.– Técnico superior: 0,50 puntos.– Grao ou titul

acións equivalentes correspondentes ao nivel 2 do Marco español de cualificacións para a educación superior (MECES) (diplomatura universitari

a, enxeñaría técnica, arqu

itectura técnica): 0,60 puntos. – Máster ou titulacións equivalentes correspondentes ao nivel 3

do MECES (licenciatura universitaria, enxeñaría, arqui

tectura): 0,80 puntos.– Doutoramento: 1 punto. Non se valorarán as titulacións xa computadas como méritos específicos na epígrafe III.1.B.1.2.A puntuación máxima da base III.1.B.4 será de 1 punto.Para os efectos de equivalencia de titulacións, só se admitirán as establecidas polo ministeri

o competente en materia de educación con carácter xeral e válidas para todos os efectos, sempre que se indique expresamente a di

sposición en que se establece a equivalencia e o BOE en que se publica.B.5. Tempo transco

rrido desde o último posto obtido con carácter definitivo e medidas de conciliación e de igualdade de xénero:B.5.1. Tempo transcorrido desde a última adxudicación dun posto con carácter definitivo: Por cada mes de 30 días de servizos de tempo transcor

rido desde a última adxudicación dun posto con carácter definitivo do corpo ou escala desde que participa: 0,010 puntos. Exceptúanse os períodos de tempo que non sexan computables de acordo coa LEPG.Exclúense da puntuación os dous anos de permanencia obrigatoria se o último

posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de concurso e, os dous primeiros anos se o último posto adxudicado con carácter definitivo se obtivo polo sistema de libre designación.Ás persoas que se encontren na situación de adscrición

provisional regulada no artigo 97.1 da LEPG, para os efe

ctos desta base, computaráselles o tempo transcorrido desde a adxudicación do último posto definitivo no corpo/escala desde o que participan. B.5.2. Medidas de conciliación e de igualdade de xénero:B.5.2.1. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos postos situados na locali

dade onde radique a residencia familiar da persoa concursante, co seu cónxuxe ou parella de feito, ou dos seus fillos menores de 18 anos, sempre que non teña destino definitivo nesa mesma localidade.B.5.2.2. Outorgaranse 0,5 puntos para acceder aos

postos situados na localidade onde radique o domicilio da persoa dependente respecto da cal a persoa participante fose nomeada coidadora, sempre que non teña destino definitivo nesa mesma localidade.B.5.2.3. Outorgaranse 0,01 puntos por mes ao persoal funcionario que estea gozando ou gozase nos cinco anos anteriores ao remate

do prazo de presentación de solicitudes dunha excedencia por coid

ado de familiares. Esta circunstancia apreciarase de oficio para o persoal da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.A puntuación da alínea B.5.2.3 non poderá superar os 0,6 puntos. B.5.2.4. Para os efectos do disposto nas alíneas B.5.2.1 e B.5.2.2, a puntuación outorgarase con carácter alternativo e nunca acumulativo. Entenderase por localidade da residencia familiar ou domicilio da persoa dependente tanto o concello en que efectivamente radiquen como as localidades a unha distancia de 30 quilómetros. A relación das localidades distantes 30 quilómetros segundo o punto de orixe recóllese nas instrucións da Dirección Xeral de Empre

go Público e Administración de Persoal publicadas no portal da web corporativa: https://www.xunta.gal/funcion-publi

ca/procedementos-aplicables-ao-persoal-funcionario-e-ou-laboral/c

oncursos-traslados Estas circunstancias xustificaranse documentalmente no mesmo prazo de presen

tación da solicitude de p

articipación.B.5.3. A puntu

ación máxima da base III.1.

B.5 será de 3,5 puntos.B.6.

Polo subgrupo desde o cal participe a persoa concursante outorga

ranse os seguintes puntos:– Subgrupo A1: 4 puntos.– Subgrupo A2: 3,25 puntos.– Subgrupo C1: 2,5 puntos.– Subgrupo C2:

1,75 puntos.– Agrupación profesional. Escala de persoal subalterno: 1 punto.2. A orde de prioridade para a adxudicación das prazas determinarase pola puntuación

obtida de acordo co baremo anterior.Todos os méritos e requisitos recollidos na base III computaranse ata a data de finalizació

n do prazo de presentación de solicitudes de participación no concurso.Os distintos puntos da base III non se valorarán como mérito cando figuren como requisito imprescindible para acceder ao posto.3. Establécense como criterios de desempate os seguintes: en primeiro lugar, no suposto de infrarrepresentación do sexo feminino na escala e especialidade, terá preferencia a muller; en segundo lugar, terán preferencia aquelas persoas funcionarias de carreira que estean adscritas con carácter provisio

nal na data de publicación da

convocatoria; en terceiro lugar, atenderase á puntuación outorgada nos méritos de necesaria consideración, e, finalmente, decidirá a maior antigüidade na Administración.IV. Tramitación electrónica.En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómic

o (DOG núm. 173, do 12 de setembro), en diante Decreto 151/2022, establéces

e a obrigatoriedade de que todos os trámites relacionados con esta convocatoria se efectúen a través de medios electrónicos.a) Presentación de solicitudes (de participación

e de elección de postos):1. Para participantes da Xunta de Galicia en servizo activo na súa escala de participación, accedendo ao Portal do empregado no enderezo electrónico https://portax.xunta.es.2. Para os que estean en calquera situación distinta da referida no punto 1, incluído o persoal doutras administracións p

úblicas, a través do portal da web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo electrónico https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/ b) Presentación de documentación adicional á solicitude de participación por conciliación (bases III.

1.B.5.2, V.5 e V.6) e certificación de situación administrativa para persoal doutras administracións públicas (base V.3.a)) ou á solicitude de postos de traballo por adaptación de postos (base V.4): 1. Documentos electrónicos: se a documentación adicional está for

mada por documentos electrónicos asinados electronicamente e/ou copias electrónicas auténticas, deberá presentarse a través do procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.Segundo o establecido no número 4 do artigo 10 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e no portal do empregado admitiranse, respectivamente, os sistemas de identificación Chave 365 e as credenciais dos d

irectorios corporativos como sistemas de sinatura para realizar os trámites indicados, o que garantirá a acreditación da autenticidade da expresión da vontade e consentimento das persoas interesadas.2. Orixinais en papel: se a documentación que se remite é un documento orixinal en papel, deberá presentarse nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16

da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para que o perso

al funcionario do Rexistro acredite que é copia electrónica auténtica do documento.c) Presentación de Celga adicional á solicitude de participación para persoal doutras administracións (base V.3.b).A documentación preceptiva indicada na base V.3.b) referente ao nivel do Celga deberá incorporarse no expediente persoal electrónico segundo a Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instruccións para regular o contido, o uso e o acceso

ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma

de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais (DOG núm. 237, do 15 de dec

embro).3. Toda a documentación deberá ser dirixida á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.V. Solicitudes de participación no concurso e documentación que debe acompañarse.1. A solicitude e, de ser o caso, a documentación adicional deberán presentarse electronicamente a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria

no Diario Oficial de Galicia e ata o día 5 de xuño de 2024 incluído, e dirixiranse á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal da Consellería de Facenda e Administración Pública.2. A solicitude de participaci

ón está dispoñible segundo o indicado na base IV. Tramitación electrónica. Faranse constar os datos persoais e os datos administrativos referentes á situación actual e ás condicións de participación.As persoas interesadas, despois de acceder á solicitude de participación, deberán cubrir todos os datos que aparecen no formulario e posteriormente validalos, confirmalos e realizar a presentación electrónica seguindo as instrucións que lles proporcione o sistema. Na

solicitude de participación deberán incorporar un enderezo de correo electrónico de contacto. De dispor dun enderezo de correo electrónico corporativo coa extensión xunta.gal, debe proporcionar este.O persoal funcionario de carreira in

tegrado en máis dun corpo ou escala só poderá participar nun deles, á súa elección, e poderá presentar unha única solicitude. No caso de presentar máis dunha solicitude, só se terá en conta a última.3. O persoal doutras administracións deberá ach

egarlle á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no mesmo prazo de presentación de solicitudes de participación, a seguinte documentación ou xustificante de qu

e a solicitou: a) Certificación orixinal emitida pola Administración de orixe que acredite a situación administrativa desde a cal participa e a data da toma de posesión no último destino definitivo.b) Copia autenticada do Celga ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente segundo a Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñec

emento da lingua galega (Celga), e a Orde do 13 de xuño de 2011 pola que se regulan os cursos de linguaxe administrativa e xurídica galegas, salvo que xa figure no seu expediente persoal electrónico.No caso de que a documentación non se emita en prazo por causas alleas á persoa concursante, esta presentará a xustificación documental de que a

solicitou en tempo e forma, suposto en que se admitirá a súa presentación ata o momento da finalización do prazo para presentar reclamación ás listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas.4. O persoal funcionario de carreira con algunha discapacidade poderá pedir na súa solicitude de participación a adaptación do posto ou postos de traballo que solicite na fase de elección de postos a que se refire a base VI. Neste caso, coa solicitude de elección de post

os de traballo deberase xuntar obrigatoriamente un informe expedido polo órgano competente na materia que acredite a procedencia da adaptación (artigo 10 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro).5. Para os efectos previstos na base III.1.B.5.2.1, no mesmo prazo de presentación da solicitude de participación, a persoa concursante que non teña destino definitivo na m

esma localidade en que se sitúa a residencia familiar, co seu cónxuxe ou parella de feito, ou dos seus fillos menores de 18 anos, deberá achegar orixinal ou copia auténtica da seguinte documentación:a) Certificado de empadroamento válido onde c

onste a identificación dos membros da unidade familiar e que acredite unha residencia mín

ima de tres meses respecto á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación, e b) Cert

ificado de matrimonio ou acreditación de ser parella de feito, de ser o caso, ou c) Certificado de nacemento do fillo ou filla menor de 18 anos ou copia auténtica do libro de familia, de ser o caso.6. Para os efectos previstos na base III.1.B.5.2.2, no mesmo prazo de presentación da solicitude de participación, a persoa concur

sante que fose nomeada coidadora dunha persoa dependente e que non teña destino definitivo na mesma localidade do domicilio desta deberá achegar orixinal ou copia auténtica da seguinte document

ación:a) Certificación do órgano competente para resolver o nomeamento como persoa coidadora en que conste o dito nomeamento e a data de efectos, así como o nome e a residencia da persoa dependente.

b) Certificado de empadroamento válido da persoa dependente que acredite unha residencia mínima de tres

meses respecto á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes de participación.c) Certificado de fe de vida e estado ou certificado médico que acredite o estado da persoa dependente.7. No caso de que a documentación indicada nos puntos 5 e 6 non se emita en prazo por causas alleas á persoa concursante, esta presentará a xustificación do

cumental de que a solicitou en tempo e forma, suposto en que se admitirá a súa presentación ata o momento da finalización do prazo para presentar reclamacións ás listaxes de puntuacións provisionais.8. Solicitude condicionada: por razóns de convivencia familiar, dúas persoas concursantes que sexan cónxuxes ou parella de feito, no suposto de estaren interesadas n

os postos para un mesmo termo municipal, poderán condicionar a súa petición ao feito de que as dúas obteñan destino nel e, no caso contrario, entenderanse anuladas as peticións efectuadas por ambas. As persoas concursantes que se acollan a esta petición condicionada deberán facel

o constar na súa solicitude de participación. Ademais, deberán achegar no prazo de presentación da solicitude de participación o certificado de matrimonio ou a acreditación de seren parella de feito.9. As solicitudes de participación vincularán as persoas solicitantes. Non obstante, poderase renunciar a participar no concurso en calquera momento ata os dez días seguintes ao da publi

cación das puntuacións provisionais no Diario Ofici

al de Galicia. Transcorrido o dito prazo non se admitirá ningunha renuncia, agás erro m

anifesto da persoa solicitante apreciado pola Administración.VI. Solicitudes de elección de postos de traballo.1. Os postos vacantes ofertados neste concurso publícanse no anexo I desta resolución.Un

ha vez rematado o período de presentación das solicitudes de participación, publicarase no DOG a apertura dun prazo de 15 días hábiles para presentar as solicitudes de elección de postos de traballo.Ademais dos postos ofertados no anexo I, engadiranse as

potenciais resultas, que se publicarán na web corporativa da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/ 2. De acordo co disposto na base I.2.a) e co artigo 97.5 da LEPG, o persoal funcionario de carreira que se encontre ao dispor do órgano competente ou adscrito provisionalmente a un posto de traballo estará obrigado a solicitar todos os postos adecuados ao seu corpo, escala ou especialidade situados en localidades que se encontren á distancia que se determine regulamentariamente da localidade do último posto que ocupou con carácter definitivo ou, á súa elección, da localidade do posto a que estea adscrito provisionalmente (de conformidade co artigo 38.3 do Decreto 151/2022, esa distancia queda establecida en 30 quilómetros) ou, á elección da persoa concursante, a solicitar todos os postos situados nalgunha

das seguintes localidades: A Coruña, Ferrol, Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense. Esta elección deberase manifestar expresamente na solicitude de elección de postos de traballo.A relación das localidades distantes 30 quilómetros segundo o punto de orixe recóllese nas instrución

s da Dirección Xeral da Función Pública publicadas no portal da web corporativa: https://www.xunta.gal/funcion-publica/procedementos-aplicables-ao-persoal-funcionario-

e-ou-laboral/concursos-trasladosO persoal a que se refire a base I.2.a) poderá solicitar, ademais dos postos que está obrigado a pedir, calquera outro posto ofertado para o cal cumpra os requisitos.Ao persoal funcionario de carreira que, cumprindo coa obriga establecida no artigo 97.5 da LEPG, na resolución do concurso non obteña un dos postos incluídos na súa solicitude de elección de postos seralle adxudicado pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, de oficio e con carácter definitivo, un posto de traballo correspondente ao seu corpo, escala e especialidade de entre aqueles que q

ueden vacantes. A adxudicación realizarase de conformidade cos criterios dispostos no artigo 38.3 do Decreto 151/2022, tendo en conta a puntuación obtida e o número de secuencia dos postos ofertados.3. Para a elección dos postos de traballo, a solicitude de postos está dispoñible segundo o indicado na base IV. Tramitación electrónica. As persoas concursantes deberán cubrir todos os datos que aparecen en pantalla e indicar por orde de preferencia os postos a que opta no

concurso, e poderá combinar e intercalar os inicialmente ofertados no anexo I coas potenciais resultas. Finalmente, deberá validar e presentar a solicitude de postos de traballo na mesma aplicación.4. Con independencia do establecido na base I.2, relativa á obrigatoriedade de participación, entenderas

e que desisten da solicitude de participación no concurso todas aquelas persoas que form

ulen unha solicitude de participación pero que non presenten unha solicitude de elección de postos de traballo.5. As solicit

udes de elección de postos de traballo vincularán as persoas solicitantes.6. A adxudicación dos postos de traballo efectuarase nun proceso de asignación único que incluirá todas as prazas ofertadas.As persoas solicitante

s só poderán ser adxudicatarias daqueles postos para cuxo desempeño reúnan os requisitos establecidos na

correspondente relación de postos de traballo recollidos

no anexo I e nas potenciais resultas.A adxudicación dun posto de resultas estará condicionada a que o dito posto sexa de necesaria cobertura.VII. Xustificación da posesión de méritos e requisitos.1. Os méritos e os

requisitos específicos para o acceso aos postos deberán posuírse na data de finalización do prazo de presentación das solicitudes de participación no concurso, concretamente o día

5 de xuño de 2024.2. As persoas concursantes poderán xustificar a posesión dos méritos e requisitos para a súa baremación ata o último día do prazo de solicitudes de elección de postos de traballo. 3. Os méritos e requisitos deberán acreditarse de conformidade co procedemento establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para regular o contido, uso e acceso

ao expediente persoal electrónico do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade

Autónoma de Galicia e das súas entidades públicas instrumentais (DOG núm. 237, do 15 de decembro).Non se terán en conta os méritos que non se presenten conforme o establecido no dito procedemento. Non obstante, consideraranse como méritos ou requisitos todos os datos das persoas concursantes que x

a consten no seu expediente persoal electrónico,

sempre que estean referidos á data que se establece no punto primeiro e que se incorporasen no expediente ata a data límite indicada no punto segundo.VIII. Listaxe de persoas admitidas e excluídas.1. Unha vez expirados os prazos de presentación das solicitudes de participación no concurso e de petición de postos de traballo, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal ditará unha resolución,

que se publicará no Diario Oficial de Galicia, en que se declararán aprobadas as listas de persoas admitidas e excluídas, con indicación do lugar en que estarán á disposición das persoas interesadas.2. As persoas excluídas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poder emendar o defecto que motivase a exclusión, de ser o caso. O formulario de

reclamación estará á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e deberá cubrirse e presentarse electronicamente.Logo de que transcorra o dito prazo, a consellería ditará a resolución definitiva de persoas admitidas e excluídas. Contra esta resolución poderase interpor un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-ad

ministrativo correspondente,

no prazo de dous meses contados desde a mesma data, e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.IX. Comisión de valoración.1. A valoración dos méritos alegados polas persoas concursantes para a adxudicación dos postos de traballo vacantes será efectuada pola comisión de valoración que prevé o artigo 15 do Decreto 151/2022, coa composición est

ablecida nel. Esta comisión terá a categoría primeira das previstas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, e nomearaa o órgano convocante. Os acordos da comisión adoptaranse

por maioría dos seus membros.2. A comisión poderá dispor a incorporación aos seus traballos de persoas asesoras para aquelas tarefas que o requiran, e o órgano convocante efectuará o seu nomeamento.3. A proposta de adxudicación dos postos de trabal

lo ofertados recaerá sobre a persoa concursante que obteña maior puntuación conforme o baremo establecido na base III, así como, se é o caso, conforme os criterios de desempate fixados na base II

I.3.4. Despois de efectuar a proposta de valoración provisional dos méritos, esta farase pública no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública. Contra a mencionada resolución as persoas concursantes poderán formular as oportunas reclamacións no prazo de dez días hábiles

, que se contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación. O formulario de reclamación deberá cubrirse e presentarse electronicamente segundo o establecido na base IV. Tramitación electrónica.O formulario de reclamación deberá concretar a alí

nea ou alíneas da base V sobre a cal ou as cales se interpón a reclamación, con indicación expresa daqueles méritos que se consideran erroneamente puntuados e a causa concreta obxecto de reclamación.5. Unha vez examinadas e resoltas pola comisión as reclamacións presentadas, elevarase a proposta definitiva de resolución do concurso. A convocatoria resolverase mediante resolución da

persoa titular da consellería competente en materia de función pública, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e na cal figurarán os destinos adxudicados a cada unha das pe

rsoas concursantes.A estimac

ión ou a desestimación das reclamacións presentadas contra a valoración provisional de méritos entenderanse implícitas na resolución mediante a cal se resolva o concurso.X. Adxudicación de destinos.1. Os destinos adxudicados serán irrenunciables, salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, polo procedemento de libre designación ou por concurso, casos en que poderán optar entre os postos adxudicados, e terán a obriga de comunicarlle por escrit

o a opción seleccionada á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no prazo de tres días seguintes ao da publicación no DOG da resolución pola

cal se abran os prazos

posesorios.2. Os traslados que deriven da resolución do presente concurso terán a consideración de voluntarios, polo que, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización.XI. Toma de posesión.A toma de posesión en todos os postos adxudicados com

o consecuencia

da resolución do concurso efectuarase a partir da data que se faga constar na resolución deste e iniciará o cómputo dos prazos posesorios establecidos no artigo 8 do Decreto 151/2022. XII. Recursos.Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-

administrativo correspondente no prazo de d

ous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

Relación de concellos

Código

Concello

15001

A Coruña

15010

Abegondo

15020

Ames

15050

Arteixo

15060

Arzúa

15070

A Baña

15080

Bergondo

15090

Betanzos

15110

Boiro

15120

Boqueixón

15130

Brión

15160

Camariñas

15170

Cambre

15190

Carballo

15200

Carnota

15210

Carral

15220

Cedeira

15230

Cee

15280

Corcubión

15290

Coristanco

15300

Culleredo

15310

Curtis

15340

Fene

15350

Ferrol

15360

Fisterra

15390

Laxe

15400

A Laracha

15410

Lousame

15420

Malpica de Bergantiños

15440

Mazaricos

15450

Melide

15460

Mesía

15500

Mugardos

15510

Muxía

15520

Muros

15530

Narón

15550

Negreira

15560

Noia

15570

Oleiros

15580

Ordes

15590

Oroso

15600

Ortigueira

15610

Outes

15614

Cariño

15640

Padrón

15650

O Pino

15660

A Pobra do Caramiñal

15670

Ponteceso

15680

Pontedeume

15690

As Pontes de Garcia Rodriguez

15700

Porto do Son

15710

Rianxo

15720

Ribeira

15730

Rois

15740

Sada

15760

Santa Comba

15770

Santiago de Compostela

15810

Teo

15830

Tordoia

15840

Touro

15850

Trazo

15870

Val do Dubra

15880

Vedra

15910

Vimianzo

15920

Zas

27001

Lugo

27020

Alfoz

27060

Becerreá

27085

Burela

27100

Castro de Rei

27110

Castroverde

27120

Cervantes

27130

Cervo

27160

Chantada

27170

Folgoso do Courel

27180

A Fonsagrada

27190

Foz

27200

Friol

27220

Guitiriz

27230

Guntín

27250

Xove

27280

Meira

27290

Mondoñedo

27300

Monforte de Lemos

27310

Monterroso

27390

Palas de Rei

27440

Pedrafita do Cebreiro

27470

A Pontenova

27490

Quiroga

27500

Ribadeo

27550

Rábade

27560

Sarria

27640

Vilalba

27650

Viveiro

28001

Madrid

32001

Ourense

32060

Bande

32090

O Barco de Valdeorras

32190

O Carballiño

32230

Castro Caldelas

32240

Celanova

32320

Xinzo de Limia

32340

A Gudiña

32420

Lobios

32430

Maceda

32550

Padrenda

32620

A Pobra de Trives

32680

Ribadavia

32700

A Rúa

32730

San Cibrao Das Viñas

32840

Verín

32850

Viana do Bolo

32860

Vilamarín

36001

Pontevedra

36030

Baiona

36040

Bueu

36050

Caldas de Reis

36060

Cambados

36080

Cangas

36090

A Cañiza

36100

Catoira

36150

Cuntis

36170

A Estrada

36180

Forcarei

36210

Gondomar

36220

O Grove

36230

A Guarda

36235

A Illa de Arousa

36240

Lalín

36260

Marín

36270

Meaño

36290

Moaña

36320

Moraña

36330

Mos

36340

As Neves

36350

Nigrán

36380

O Porriño

36390

Portas

36400

Poio

36410

Ponte Caldelas

36420

Ponteareas

36440

Redondela

36480

Salceda de Caselas

36490

Salvaterra de Miño

36500

Sanxenxo

36510

Silleda

36520

Soutomaior

36540

Tui

36550

Valga

36560

Vigo

36580

Vila de Cruces

36590

Vilagarcía de Arousa

36600

Vilanova de Arousa

Relación de formacións específicas

Código

Descrición

020

Coñecementos informática nivel usuario (mérito).

030

Coñecementos inglés (mérito).

031

Coñecementos de portugués (mérito).

032

Coñecementos francés (mérito).

151

Coñecementos outros idiomas comunitarios (mérito).

168

Carné de conducir B1 (mérito).

341

Curso de inspección de servizos sociais (mérito).

343

Certificación galega de competencias dixitais en ofimática (Decreto 218/2011) (mérito).

381

Técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais, especialidade seguridade do traballo (mérito).

382

Técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais, especialidade hixiene industrial (mérito).

383

Técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais, especialidade ergonomía e psicosocioloxía aplicada (mérito).

388

Técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais, especialidade seguridade do traballo (R.I.).

391

Técnico de nivel superior de prevención de riscos laborais, especialidade ergonomía e psicosocioloxía aplicada (R.I.).

392

Nivel intermedio riscos laborais (R.I.).

460

Filoloxía galega (mérito).

461

Filoloxía hispánica (galaico-portuguesa) (mérito).

462

Mestre (coa habilitación de lingua galega, Orde 25/11/97, DOG nº 246) (mérito).

466

Inglés - nivel B1 intermedio segundo o MECRL (R.I.).

467

Curso EGAP "conversa en inglés" (mérito).

483

Enxeñería técnica naval (mérito).

497

Lic./grao en económicas (mérito).

500

Lic./grao dereito/económicas/empresariais (mérito).

501

Lic./grao dereito (mérito)

506

Lic./grao en económicas/empresariais (mérito).

507

Lic./grao en ciencias políticas e da administración (mérito).

519

Enx. química / lcdo. química (mérito)

533

Dipl./grao en relacións laborais (mérito).

636

Experiencia en patrimonio audiovisual e cinematográfico e filmotecas (mérito).

640

Para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

641

Para persoal doutra administración, curso de iniciación de galego (R.I.).

811

Coñecementos de protocolo e comunicación (mérito).

813

Formación acreditada en RR.LL. e xestión ou direc. de persoal laboral (mérito).

814

Experiencia manexo e xestión fondos públicos (mérito).

820

Experiencia recadación taquillas (mérito).

821

Experiencia acreditada contratación laboral e especial artistas (mérito).

829

Experiencia xestión orzamentaria e contabilidade financeira (mérito).

830

Experiencia continxencias fiscais no ámbito das artes escénicas e musicais (mérito).

835

Experiencia na promoción e difusión de actividades culturais (mérito).

954

Permiso conducir B (R.I.).

Relación de adscricións a outras administracións públicas/áreas funcionais

Código

Administración/áreas funcionais

AXG

Adscrición exclusiva a funcionarios da Xunta de Galicia.

A11

Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

A20(1)

Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA e persoal funcionario da administración e servizos da universidade.

A20(10)

Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA, administración local e forzas e corpos de seguridade.

F_CON

(Área funcional: contratación)

F_ECO

(Área funcional: económica-orzamentaria)

F_INS

(Área funcional: inspección)

F_PER

(Área funcional: persoal)

F_TRI

(Área funcional: tributaria)

F_XUR

(Área funcional: técnico-xurídica)