DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 30 de abril de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador ANP-PO-0003/2024 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecidas ou porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede desta dirección territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 30 de abril de 2024

José Manuel González González
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado polo

ANP-PO-0003/2024

35480368Q

Incoación

Director territorial

ANP-PO-0004/2024

X4377024D

Incoación

Director territorial

ANP-PO-0005/2024

50323910W

Incoación

Director territorial

ANP-PO-0009/2024

53180755V

Incoación

Director territorial

ANP-PO-0012/2024

53610204X

Incoación

Director territorial

ANP-PO-0014/2024

35487436T

Incoación

Director territorial

ANP-PO-0015/2024

77407601C

Incoación

Director territorial

ANP-PO-0021/2024

44823714A

Incoación

Director territorial