DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29407

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información (Diario Oficial de Galicia do 7 de xullo), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión celebrada o 3 de maio de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de decembro de 2023 (DOG núm. 1, do 2 de xaneiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información (DOG do 7 de xullo), unha vez revisada a única alegación presentada contra a Resolución do 5 de abril de 2024 (DOG do 12 de abril), pola que se deu publicidade, entre outros acordos, ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no primeiro exercicio do proceso selectivo, así como á relación das que non acadaron a puntuación mínima establecida nas bases II.1.1.1 e II.1.2.1 da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar a alegación presentada na súa totalidade.

Segundo. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.

Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

Alfonso Pereira Martínez
Presidente do tribunal