DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29332

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 8 de maio de 2024 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2024 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras e non competitiva ás persoas tripulantes, por paralización temporal da actividade marisqueira nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa dos Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío, e nos bancos marisqueiros do Plan de xestión de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de autorización aprobado á Confraría de Pescadores de Noia e do Plan de xestión específico conxunto de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de libre marisqueo das confrarías de pescadores de Pontevedra, Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Marín (cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura) (códigos de procedemento PE406A e PE406B).

BDNS (Identif:): 760528.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das axudas por paralización temporal da actividade marisqueira nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa dos Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío, e nos bancos marisqueiros do Plan de xestión de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de autorización aprobado á Confraría de Pescadores de Noia e do Plan de xestión específico conxunto de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de libre marisqueo das confrarías de pescadores de Pontevedra, Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Marín, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases reguladoras, as persoas que teñan a condición de persoas armadoras e tripulantes dunha embarcación afectada pola paralización temporal.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por finalidade compensar os efectos da medida de conservación da veda temporal nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa dos Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío, e nos bancos marisqueiros do Plan de xestión de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de autorización aprobado á Confraría de Pescadores de Noia e do Plan de xestión específico conxunto de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de libre marisqueo das confrarías de pescadores de Pontevedra, Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Marín, coas axudas de paralización temporal.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 8 de maio de 2024 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2024 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras e non competitiva ás persoas tripulantes, por paralización temporal da actividade marisqueira nos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa dos Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío, e nos bancos marisqueiros do Plan de xestión de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de autorización aprobado á Confraría de Pescadores de Noia e do Plan de xestión específico conxunto de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de libre marisqueo das confrarías de pescadores de Pontevedra, Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Marín (cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura) (códigos de procedemento PE406A e PE406B).

Cuarto. Importe

Para o ano 2024 as axudas concederanse con cargo á seguinte aplicación orzamentaria, que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2024, e o importe total máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario, para paralización temporal da actividade pesqueira, é o seguinte:

– Aplicación orzamentaria: 46.02.723A.770.0.

– Código de proxecto 2024.00143.

– Importe total: 7.200.000,00 €, segundo as seguintes contías por cada liña de axuda:

PE406A, axudas pola paralización temporal da actividade marisqueira das embarcacións afectadas-persoas armadoras: 5.200.000 €.

PE406B, axudas pola paralización temporal da actividade marisqueira das embarcacións afectadas-persoas tripulantes: 2.000.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2024

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar