O Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, establece as disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional; ao Fondo Social Europeo Plus; ao Fondo de Cohesión; ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración; o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de Apoio Financeiro á Xestión de Fronteiras e á Política de Visados.
O Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (en diante, FEMPA), modifica o Regulamento (UE) 2017/1004, e regula no artigo 21 a posibilidade de que o FEMPA apoie unha compensación pola paralización temporal das actividades pesqueiras en determinados casos e un destes é o considerado no punto 2.a), tal como se recolle no artigo 7 do Regulamento (UE) nº 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, sobre a política pesqueira común, isto é, para aplicar medidas de conservación, incluídos os períodos de descanso biolóxicos.
O programa operativo FEMPA 2021-2027 para España establece entre os seus obxectivos manter a pesca como actividade produtora sustentable mediante a xestión sustentable e a conservación dos ecosistemas mariños. A prioridade 1 do programa, «fomentar a pesca sustentable e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos», encádrase dentro do obxectivo político 2 da Unión, «unha Europa máis verde», centrándose na sustentabilidade ambiental na xestión dos recursos pesqueiros e na diminución do impacto da pesca. O programa operativo establece que as necesidades se centran en continuar coa aplicación dos plans de xestión, implementación de medidas técnicas axeitadas, artes máis selectivas de menor impacto, dixitalización e utilización das mellores técnicas dispoñibles, paradas temporais, mellorar o coñecemento sobre unha base científica da situación de todas as poboacións de peixes, e fortalecer as labores de control en seguimento e vixilancia dos consumos de TACs e esforzos regulados.
Dentro do obxectivo específico 1.3 do PO FEMPA 2021-2027 para España, «promover o axuste da capacidade de pesca ás posibilidades de pesca en caso de paralización definitiva das actividades pesqueiras e contribuír a un nivel de vida axeitado en caso de paralización temporal das actividades pesqueiras», fixa como tipo de acción afín 1.3.2 ao dispor que «como excepción ao disposto no artigo 13, letra e) do Regulamento 2021/1139, o FEMPA poderá apoiar unha compensación pola paralización temporal das actividades pesqueiras en casos de medidas de conservación, plan de xestión do Mediterráneo, medidas adoptadas pola Comisión, medidas de urxencia do artigo 13 do Regulamento (UE) nº 1380/2013, interrupción de acordos ou catástrofes naturais».
A paralización temporal da actividade afecta a viabilidade dunha parte do sector que ten unha dependencia da explotación de determinados recursos, polo que é preciso habilitar medidas que compensen este sector afectado como consecuencia da aplicación da medida técnica de conservación. Por outra banda, as embarcacións obxecto da axuda deberán ter levado a cabo unha actividade pesqueira mínima, xa que, precisamente, esta dependencia da explotación dos recursos é o que compromete a súa viabilidade.
Segundo o Decreto 50/2021, do 11 de marzo, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, correspóndelle á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica tanto a promoción da competitividade dos produtos pesqueiros, marisqueiros e da acuicultura e o fomento da súa calidade, como a conservación, protección e xestión sustentable dos recursos mariños.
En consecuencia, en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa de aplicación, oído o sector afectado,
DISPOÑO:
Artigo 1. Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 das axudas en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras e non competitiva as persoas tripulantes de embarcacións afectadas pola paralización temporal da actividade marisqueira nos bancos marisqueiros sublitorais de libre marisqueo da ría de Arousa dos Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío, e dos Plan de xestión de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de autorización aprobado á Confraría de Pescadores de Noia e do Plan de xestión específico conxunto de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de libre marisqueo das confrarías de pescadores de Pontevedra, Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Marín. O código do procedemento administrativo para as persoas armadoras é PE406A e para as persoas tripulantes é PE406B.
Artigo 2. Finalidade
Esta orde ten por finalidade compensar os efectos da medida de conservación da veda temporal coas axudas de paralización temporal nos bancos marisqueiros sublitorais definidos no artigo 1.
Artigo 3. Crédito orzamentario
1. As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 46.02.723A.770.0, código de proxecto 2024.00143, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024.
2. O importe máximo das axudas que se conceden no antedito exercicio orzamentario ascenderá a 7.200.000 € segundo as seguintes contías por liña de axuda:
– PE406A, axudas pola paralización temporal da actividade marisqueira das embarcacións afectadas-persoas armadoras: 5.200.000 €.
– PE406B, axudas pola paralización temporal da actividade marisqueira das embarcacións afectadas-persoas tripulantes: 2.000.000 €.
3. O importe consignado, así como a aplicación a que se impute, poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias sen que iso dea lugar á apertura de novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto. En todo caso, a concesión das axudas estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.
No caso de que unha liña de axuda fose resolta antes que a outra e haxa dispoñibilidades orzamentarias nesa liña, o dito orzamento poderá distribuírse na outra liña de axudas.
4. As porcentaxes de cofinanciamento das axudas son do 70 % con fondos FEMPA e un 30 % pola Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Persoas beneficiarias e requisitos xerais
1. De acordo co disposto no artigo 21.5 do Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, poderán ser beneficiarias das axudas por paralización temporal da actividade de marisqueo desde embarcación nos bancos marisqueiros sublitorais definidos no artigo 1 as persoas que teñan a condición de:
a) Armadoras das embarcacións que estean rexistradas como activas no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e que levasen a cabo actividade cando menos 120 días durante os anos 2022 e 2023.
b) Tripulantes que traballasen cando menos 120 días durante os anos 2022 e 2023, a bordo dunha embarcación afectada pola paralización temporal.
2. As persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde estarán suxeitas aos seguintes requisitos:
a) Non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
b) Non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
d) Non ter pendente de pagamento ningunha sanción firme por infracción da normativa marítimo-pesqueira.
e) Non atoparse en ningún dos supostos establecidos no punto 1, letras a), b) do artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021:
– Ter cometido infraccións graves consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 del Consello ou o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou consonte outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello no marco da PPC.
– No marco do FEMP ou FEMPA, ter sido declarado culpable de cometer fraude, tal como se define no artigo 3 da Directiva (UE) 2017/1371.
f) Non estar, nin ter estado involucrado nos últimos 24 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro incluído na lista de buques INDNR da Unión Europea, segundo dispón o artigo 40, punto 3, do Regulamento (CE) nº 1005/2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada; nin estar, nin ter estado involucrado nos últimos 12 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro que enarbore o pavillón de países incluídos na lista de terceiros países non cooperantes prevista no artigo 33 do citado regulamento.
g) Acreditar, con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión, que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
h) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as persoas físicas e xurídicas, distintas das entidades de dereito público, con ánimo de lucro suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, deberán acreditar cumprir, nos termos dispostos neste punto, os prazos de pagamento que se establecen na citada lei para obter a condición de beneficiario. Calquera financiamento que permita a cobranza anticipada da empresa provedora considerarase válido para os efectos do cumprimento deste punto, coa condición de que o seu custo corra a cargo do cliente e se realice sen posibilidade de recurso ao provedor no caso de falta de pagamento.
A documentación acreditativa do nivel de cumprimento dos prazos legais de pagamento presentarase xunto coa solicitude da axuda. Con todo, se a certificación de auditor ou o informe de procedementos acordados non se puidese obter antes da terminación do prazo establecido para a súa presentación, achegarase xustificante de solicitar o devandito medio de acreditación e unha vez obtido presentarase inmediatamente e, en todo caso, antes da resolución de concesión.
A acreditación do nivel de cumprimento establecido realizarase polos seguintes medios de proba:
i) As persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro.
Poderán tamén acreditar a dita circunstancia por algún dos medios de proba previstos no punto ii) seguinte e con suxeición á súa regulación.
ii) As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:
1º. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.
Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.
2º. No caso de que non sexa posible emitir o certificado a que se refire o número anterior, informe de procedementos acordados, elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores da sociedade nunha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido no último parágrafo deste punto.
Os informes de procedementos acordados ou as certificacións deberán realizarse segundo o establecido no artigo 215 do Real decreto lei 5/2023, do 28 de xullo, polo que se modifica o Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Para os efectos da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.
3. Os 120 días mínimos exixidos no punto 1 deste artigo deberán terse realizado nas seguintes modalidades:
Cando menos o tempo correspondente ao 20 por 100 deste período de actividade deberá terse realizado na modalidade de libre marisqueo e/ou marisqueo da zona correspondente e o período restante pode terse realizado a outras artes autorizadas no permiso de explotación, durante os anos 2022 e 2023. Os días de actividade extractiva verificaranse mediante as notas de vendas realizadas nas lonxas ou centros de venda autorizados e serán os que consten nos rexistros da Consellería do Mar.
4. A axuda por paralización temporal poderá concederse por unha duración máxima de doce meses por embarcación e tripulante, durante o marco de programación do FEMPA 2021-2027. Neste caso, a axuda darase polo período máximo de parada subvencionable que figura no artigo 11 desta orde.
5. Se durante o período de veda temporal unha embarcación é substituída por outra de nova construción, a embarcación substituta participará de todos os dereitos da anterior, para os efectos da concesión da axuda por paralización temporal.
Se durante o período de cómputo de días de actividade unha embarcación é achegada para unha de nova construción, aos días de actividade da embarcación de nova construción sumaránselle os da embarcación achegada.
6. Antes de que se dite a proposta de resolución de concesión, deben estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. No caso de que as persoas solicitantes sexan unha pluralidade de persoas sen personalidade xurídica, cada un/unha dos/das solicitantes deberán cumprir este requisito.
7. Coa solicitude acompañarase unha declaración responsable por parte do solicitante, representante ou apoderado, do cumprimento dos requisitos establecidos no punto 2, letras a) ata g), deste artigo.
Artigo 5. Requisitos específicos das persoas armadoras
As persoas armadoras, que sexan beneficiarias de acordo co disposto no artigo anterior, terán que cumprir os seguintes requisitos:
a) Que a embarcación pertenza á 3ª lista do Rexistro de Buques e Empresas Navieiras.
b) Que a embarcación teña porto base na Comunidade Autónoma galega e estea en situación de alta no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que o permiso de explotación da embarcación, que deberá estar vixente, inclúa a modalidade de «marisqueo» ou «libre marisqueo» da zona correspondente. O cumprimento deste requisito verificarase mediante a información que consta na Consellería do Mar.
d) Para os efectos de que as persoas tripulantes obxecto da paralización temporal poidan acollerse ás axudas correspondentes, xustificación de que a persoa armadora ou empresaria presentou ante as autoridades laborais a correspondente comunicación de inicio do procedemento de suspensión dos contratos regulados no artigo 47 do Estatuto dos traballadores, polo total da tripulación enrolada na embarcación, como data límite a do último día previo ao inicio do tempo de parada obxecto da axuda, para os efectos de poder adoptar a decisión de suspender os contratos de traballo. Eximirase deste requisito cando a persoa armadora xustifique documentalmente a non existencia de persoas traballadoras no momento de producirse a paralización temporal.
e) A paralización, de feito, de todas as actividades de pesca e marisqueo realizadas pola embarcación durante todo o período que dure a parada temporal segundo o establecido no artigo 11.1. Esta circunstancia deberá quedar recollida no rol de despacho, en que se indicará expresamente que a embarcación entra en porto para iniciar unha parada temporal da actividade pesqueira e, igualmente, o día de saída indicarase que a embarcación finaliza a súa parada temporal. A suspensión da actividade pesqueira acreditarase a través da entrega do rol na Capitanía Marítima do porto no momento da súa chegada. A inactividade pesqueira deberá ser total e a embarcación permanecerá no porto durante todo o período computable da parada, e non poderá ser despachada para ningunha actividade.
Na aplicación informática de alternancia de artes da Consellería do Mar deberá indicarse durante o tempo de parada como «Comunicación de inactividade».
Poderán exceptuarse aqueles movementos da embarcación motivados por razóns de seguridade exixidas pola autoridade competente, así como os desprazamentos da embarcación ao varadoiro para efectuar labores de mantemento ou reparacións, que deberán ser acreditados documentalmente polo/a beneficiario/a. En calquera caso, a embarcación deberá ser despachada para estas actividades concretas, con indicación da data de saída e de chegada ao porto de destino. Igualmente, e con carácter excepcional, poderán exceptuarse os movementos da embarcación nos supostos da súa participación na celebración de festas mariñeiras tradicionais durante o período de veda ou parada temporal. Estes movementos deberán quedar acreditados documentalmente polo/a beneficiario/a mediante a achega da relación de buques que participasen no evento, certificado pola Confraría de Pescadores organizadora, en que se indicarán o nome e código de cada buque participante, a data e o horario do desprazamento, así como a zona onde se teña realizado.
f) Estar en situación de alta no réxime especial da Seguridade Social dos/das traballadores/as do mar na embarcación afectada, no momento de sobrevir a paralización temporal.
Artigo 6. Requisitos específicos das persoas tripulantes
1. As persoas tripulantes que sexan beneficiarias, de acordo co establecido no artigo 4, deberán cumprir cos seguintes requisitos:
a) Estar enrolada a bordo dunha embarcación afectada pola paralización temporal.
b) Estar incluída nun procedemento de suspensión de contrato de traballo ou de redución de xornada, excepto no caso das persoas traballadoras por conta propia que teñan a consideración de familiares colaboradores da persoa armadora.
c) Estar en situación de alta no réxime especial da Seguridade Social dos/das traballadores/as do mar na embarcación en que se atopaban enrolados no momento de sobrevir a inmobilización da frota durante a parada e, ademais, os traballadores por conta allea manter a relación laboral de forma ininterrompida coa empresa armadora da embarcación en que se atopaban enrolados no momento de sobrevir a inmobilización da frota durante a parada. Tamén poderán percibir axudas as persoas tripulantes que, mantendo ininterrompida a súa relación laboral coa empresa, non figuren enroladas no momento da paralización temporal como consecuencia dunha incapacidade laboral, permisos retribuídos, vacacións, excedencia e/ou expectativa de embarque, maternidade, paternidade, risco durante o embarazo e risco durante a lactancia natural; sempre e cando cumpran os demais requisitos establecidos no punto 1 e quede acreditado o cesamento nesa situación ao longo do período de tempo de duración da paralización temporal.
d) Acreditar un período de cotización no réxime especial da Seguridade Social dos/das traballadores/as do mar de, cando menos, doce meses ao longo da súa vida laboral.
Artigo 7. Obrigas xerais das persoas beneficiarias
1. As persoas beneficiarias, ao formalizaren a súa solicitude, sométense voluntariamente ao cumprimento das condicións que se establecen nesta orde para a concesión e pagamento das subvencións, así como ao cumprimento dos requisitos establecidos na normativa vixente que sexa de aplicación.
2. As persoas beneficiarias destas axudas están obrigadas a:
a) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente ou calquera outra comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competente, tanto nacionais coma comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
b) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano da data contable do último pagamento, para os efectos de comprobación e control. Cando proceda, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos exixidos na lexislación aplicable ás persoas beneficiarias.
c) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable específico en relación con todas as transaccións relacionadas coa subvención que permita seguir a pista de auditoría.
d) Comunicarlle á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións e axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente, tanto públicos como privados.
e) Comunicarlle á Consellería do Mar calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi concedida a axuda.
f) Dar a adecuada publicidade ao carácter público do financiamento do investimento realizado, con expresa mención á participación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, nos termos regulamentariamente establecidos.
g) Non incorrer, durante un período comprendido entre a presentación da solicitude da axuda e os cinco anos seguintes á materialización do pagamento final, nalgunha das situacións a que fai referencia o artigo 4.2.e) desta orde. Se calquera desas situacións se produce durante o dito período, deberá reintegrar, total ou parcialmente, o importe da axuda, de conformidade co establecido no artigo 44 do devandito Regulamento e no artigo 103 do Regulamento (UE) 2021/1060.
h) Respectar a Carta dos dereitos fundamentais da Unión Europea. Ter en conta a promoción e a igualdade entre mulleres e homes, e a non discriminación. Evitar calquera discriminación por razón de xénero, orixe racial ou étnica, relixión ou conviccións, discapacidade, idade ou orientación sexual, e ter en conta a accesibilidade para as persoas con discapacidade, de ser o caso.
Artigo 8. Obrigas específicas das persoas empresarias ou armadoras
As persoas empresarias ou armadoras deberán manter ás súas persoas traballadoras en situación de alta no réxime especial da Seguridade Social dos/das traballadores/as do Mar durante o período de inactividade. No caso de que a persoa beneficiaria fose armadora autónoma enrolada como tripulante deberá permanecer de alta como tal traballadora autónoma no devandito réxime durante o dito período de inactividade.
Artigo 9. Incompatibilidades
1. A percepción das axudas compensatorias previstas nesta orde é incompatible co traballo por conta propia ou por conta allea da persoa beneficiaria durante o período da parada subvencionable, así como o percibo doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, autonómicos, nacionais, da Unión Europea ou dos organismo internacionais.
2. Igualmente, a condición de persoa beneficiaria será incompatible co recoñecemento do dereito á protección por desemprego, cesamento de actividade de traballadores/as autónomos/as e co resto das prestacións económicas do Sistema da Seguridade Social que resulten incompatibles co traballo da persoa beneficiaria, coa excepción das prestacións por incapacidade temporal, de maternidade, paternidade, risco durante o embarazo, e risco durante a lactancia, en cuxo caso se descontará este período do dereito a percibir a axuda.
3. No caso de que o recoñecemento da axuda puidese dar lugar a unha incompatibilidade sobrevida co recoñecemento dun dereito anterior por protección por desemprego ou por cesamento de actividade, no caso de traballadores/as autónomos/as, tal circunstancia será notificada pola persoa interesada, e esta deberá optar, no prazo de dez días desde a recepción da notificación de concesión da axuda, entre a percepción desta e a protección por desemprego ou cesamento de actividade.
Se no referido prazo de dez días non manifesta por escrito a súa elección entre ambas, entenderase que opta pola prestación por desemprego ou cesamento de actividade, polo que non tería dereito ao cobramento da axuda regulada nesta orde e se procederá ao seu reintegro.
Se opta pola axuda regulada nesta orde, realizaranse as regularizacións que procedan respecto da protección por desemprego ou cesamento da actividade concorrentes coa compensación económica.
4. A solicitude da axuda por paralización temporal será incompatible coa solicitude de axudas por paralización definitiva.
5. A condición de persoa beneficiaria como armadora é incompatible coa de beneficiaria como tripulante. No caso de que o interesado presente a solicitude como persoa armadora e tripulante, daráselle un prazo de dez días para que opte por unha delas.
Artigo 10. Contía da axuda
1. O importe máximo da axuda concedida ás persoas armadoras, en virtude do disposto no artigo 16 do Real decreto 1173/2015, do 29 de decembro, modificado polo Real decreto 528/2022, do 5 de xullo, e Real decreto 1013/2023, do 5 de decembro, será unha cantidade, pola embarcación obxecto da paralización temporal, que se calculará multiplicando o baremo correspondente establecido no anexo III do mencionado real decreto, polo número de arqueo bruto (GT) do buque e o número de días establecido como período subvencionable.
Calcularase mediante a seguinte fórmula:
[(prima custo fixo x GT) + (prima lucro cesante)] x número de días de paralización
A cuantificación das primas obedece á seguinte táboa:
Arte de pesca |
Prima custo fixo Importe GT/día (€) |
Prima lucro cesante Importe/día/buque (€) |
Pesca artesanal (inferior a 12 m) |
20,01 |
31,73 |
Para estes efectos, o número de arqueo bruto (GT) será o que figura na folla de asento da embarcación recoñecido con efectos pesqueiros ou, na súa falta, no certificado de arqueo definido en tonelaxe de arqueo bruto.
O importe mínimo que se vai percibir será de 134 euros por día hábil de parada.
Por días de paralización entenderanse os efectivamente hábiles para o exercicio da actividade pesqueira segundo a normativa vixente.
2. A contía da axuda ás persoas tripulantes calcularase multiplicando o importe máximo de 50 € por cada día hábil de parada.
No caso de superación das dispoñibilidades orzamentarias axustaranse as contías e repartiranse pro rata entre todas as persoas tripulantes beneficiarias.
3. A contía das axudas está condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidades orzamentarias.
Artigo 11. Duración
1. As axudas outorgaranse por 62 días hábiles de parada, nun período máximo subvencionable de tres (3) meses, comprendidos entre:
– O día 1 de xaneiro de 2024 e o día 31 de marzo de 2024 (ambos os dous incluídos) para a paralización temporal relativa aos bancos de libre marisqueo da ría de Arousa dos Lombos do Ulla, O Bohído e Cabío.
– O día 1 de febreiro de 2024 e o día 30 de abril de 2024 (ambos os dous incluídos) para a paralización temporal relativa ao Plan de xestión de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de autorización aprobado á Confraría de Pescadores de Noia e ao Plan de xestión específico conxunto de moluscos bivalvos desde embarcación en zonas de libre marisqueo das confrarías de pescadores de Pontevedra, Lourizán, Raxó, Sanxenxo e Marín.
A interrupción da actividade do buque ou tripulante de que se trate deberá ter lugar durante polo menos 30 días nun ano civil determinado.
2. Deberase depositar o rol na Capitanía Marítima, como moi tarde, o mesmo día do inicio da parada obxecto da axuda, e a recollida, como moi pronto, o mesmo día de finalización da parada obxecto da axuda. No caso de que o primeiro día de parada sexa inhábil, poderá depositarse o rol na Capitanía o primeiro día hábil seguinte; se o último día de parada é inhábil, poderá recollerse o rol como moi pronto o día hábil inmediatamente anterior. Verificarase a ausencia de vendas nese período.
Artigo 12. Prazo de presentación das solicitudes
Para esta convocatoria o prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.
Artigo 13. Forma de presentación de solicitudes
1. As persoas solicitantes profesionais do sector pesqueiro terán a capacidade administrativa para o acceso e a dispoñibilidade para a tramitación electrónica. Deste xeito establécese a obrigatoriedade do emprego dos medios electrónicos de acordo co disposto no artigo 10.2 e 3 da Lei 4/2019, de Administración dixital de Galicia, e no artigo 14.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas. Polo tanto, as solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Para os efectos da presentación da solicitude, os interesados poderán actuar por medio de representantes. A acreditación da representación deberá realizarse, mediante a presentación da correspondente autorización e aceptación utilizando o anexo III da presente orde.
Artigo 14. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude de axuda (anexo I, se é persoa armadora ou anexo II, se é tripulante) a seguinte documentación:
– Anexo III de nomeamento de representante para os efectos de presentación da solicitude, se é o caso.
2. A documentación complementaria está formada por:
A) No caso dunha persoa armadora:
I) Se o solicitante é unha persoa física:
Non ten que presentar documentación complementaria, salvo que se opoña ou non autorice a consulta dos documentos indicados no anexo I.
II) Se o solicitante é unha persoa xurídica:
a) Certificación rexistral actualizada dos estatutos sociais e da escritura de constitución.
b) Poder suficiente do representante, no caso de que tal poder non figure nos estatutos.
c) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEMP ou FEMPA. Se da información anterior non se entende acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitaráselle ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
III) Se os solicitantes son unha pluralidade de persoas, poderán ser formuladas nunha única solicitude, por medio de representante legalmente habilitado, e, na súa falta, co que figure en primeiro termo. Para os efectos do ingreso da subvención, a conta bancaria sinalada no anexo I deberá estar a nome unicamente de todas as persoas solicitantes:
a) Escritura de constitución da comunidade de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica, se é o caso. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación e especificar a porcentaxe de participación de cada un dos seus membros (anexo IV).
b) Anexo IV de pluralidade de persoas solicitantes.
c) No caso de comunidades de bens, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica: certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais desta entidade, obtido a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, que deberá conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarada culpable de cometer fraude no marco do FEMP ou FEMPA. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
Outra documentación complementaria:
IV) Certificado do Instituto Social da Mariña acreditativo de estar en situación de alta asociada á embarcación afectada, así como os códigos de conta asociados á embarcación e ás persoas traballadoras por conta allea incluídas nelas, e os/as autónomos/as, se é o caso.
V) Rol de despachos actualizado da embarcación coa dotación de tripulación enrolada nela nos anos 2022, 2023 e 2024.
VI) Certificación da capitanía marítima correspondente do depósito do rol de despachos da embarcación e en que se fagan constar o lugar e o período de inmobilización total da embarcación con motivo do cesamento temporal da actividade pesqueira, con expresión das datas de comezo e fin da parada realizada.
VII) Documentación que acredite a presentación do expediente de regulación de emprego pola persoa armadora ou empresaria, de acordo co establecido no artigo 5.d) desta orde.
VIII) Certificado de arqueo definido en tonelaxe de arqueo bruto (GT), expedido pola Dirección Xeral da Mariña Mercante. Só será preciso a presentación desta documentación se a dita información non consta na folla de asento de inscrición marítima.
IX) Informe de vida laboral en que se acredite que a persoa solicitante estivo de alta como autónoma no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar durante todo o período de parada, no caso de que a persoa beneficiaria fose armadora autónoma enrolada como tripulante.
X) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as persoas físicas e xurídicas, distintas das entidades de dereito público, con ánimo de lucro suxeitas á Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, co fin de comprobar o requisito establecido no artigo 4.2.h) da presente orde, deberán achegar:
1) Persoas físicas e xurídicas que, de acordo coa normativa contable, poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada:
– Certificación subscrita pola persoa física ou, no caso de persoas xurídicas, polo órgano de administración ou equivalente, con poder de representación suficiente, en que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro.
2) Persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable, non poden presentar conta de perdas e ganancias abreviada:
– Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.
– «Informe de procedementos acordados», elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.
– Factura da certificación ou do informe de procedementos acordados do auditor mencionado no punto anterior. Se o gasto unitario da factura supera os 15.000 €, deberá achegar, como mínimo, dúas ofertas máis de diferentes provedores. A elección realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
– Certificación bancaria acreditativa do pagamento correspondente á mencionada factura. O certificado bancario indicará a factura que soporta. O pagamento terase que realizar obrigatoriamente mediante transferencia bancaria.
B. No caso das persoas tripulantes, ademais da documentación indicada no punto 1 deste artigo, deberá achegar:
I) Certificado do Instituto Social da Mariña acreditativo de estar en situación de alta asociada á empresa armadora en que se atopaban enroladas no momento de sobrevir a paralización temporal.
II) Copia da resolución da autoridade laboral competente que aprobe a suspensión da relación laboral.
III) Informe de vida laboral.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán requiridos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
6. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 15. Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa física solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante ou NIF da entidade representante nomeada para os efectos da presentación da solicitude.
c) DNI/NIE da persoa representante legal da persoa xurídica ou NIF da entidade representante legal da persoa xurídica.
d) NIF da persoa xurídica solicitante, da entidade ou agrupación sen personalidade xurídica ou da comunidade de bens, segundo corresponda.
e) Certificación de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, estea ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
f) Certificación de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, estea ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
g) Certificación de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, estea ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
h) Consulta de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, estea ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
i) Informe acreditativo de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, non ten sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira, e informe de que non ten cometido infraccións graves consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou consonte a outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello no marco da PPC, de acordo co artigo 11.1.a) do RFEMPA, emitidos pola unidade correspondente da Consellería do Mar.
j) Consulta de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, non está en concurso de acredores, artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, obtida a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.
k) Informe acreditativo de que a persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, non ten cometido infraccións graves consonte o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello, o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou consonte outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello no marco da PPC, de acordo co artigo 11.1.a) do RFEMPA, emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.
l) Certificado acreditativo de carecer de antecedentes penais, no caso de persoas físicas ou de pluralidade de persoas físicas. No caso de que o solicitante sexa unha agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, certificado de carecer de antecedentes penais dos seus integrantes. Os certificados deberán ser obtidos a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza, e deberán conter a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de verificar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEMP ou FEMPA. Se da información anterior non se entendese acreditada a ausencia de antecedentes penais, solicitarase ao interesado que achegue certificado que acredite a totalidade de antecedentes penais ou a ausencia deles.
m) Consulta no Sistema nacional de publicación de subvencións do Ministerio de Facenda e Función Pública, de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEMP ou FEMPA, para cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso.
n) Consulta de que cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso, non estea, nin estivese involucrada nos últimos 24 meses, na explotación, xestión ou propiedade dalgún buque pesqueiro incluído na lista de buques INDNR da Unión Europea, segundo dispón o artigo 40, punto 3 do Regulamento (CE) nº 1005/2008, polo que se establece un sistema comunitario para previr, desalentar e eliminar a pesca ilegal, non declarada e non regulamentada; nin que tampouco estea, nin estivese nos últimos 12 meses, involucrada na explotación, xestión ou propiedade dun buque que enarbore o pavillón dun pais incluído na lista de terceiros países non cooperantes prevista no artigo 33 do citado regulamento.
ñ) Consulta de concesión de subvencións e axudas, para cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso.
o) Consulta de inhabilitación para obter subvencións e axudas, para cada persoa solicitante e integrante da agrupación ou entidade sen personalidade xurídica ou comunidade de bens, se é o caso.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
4. A Administración solicitará de oficio á Capitanía Marítima a folla de asento de inscrición marítima actualizada, completa e literal, e certificada en todas as súas follas. Tamén se lle solicitará, só no caso de tripulantes, o certificado de enroles/desenroles coa dotación da tripulación nos anos 2022, 2023 e 2024.
Artigo 16. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 17. Tramitación de solicitudes
1. A tramitación das solicitudes realizarase por fases; no caso de que unha solicitude non supere unha das fases implicará que a súa tramitación finalizará sen que poida pasar á fase seguinte; neste caso, o órgano competente emitirá a correspondente resolución.
A) Fase de admisión de solicitudes.
1. O Servizo de Innovación Tecnolóxica da Frota da Consellería do Mar analizará os expedientes e requirirá a documentación necesaria, de ser o caso.
2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos, requirirase a persoa interesada para que nun prazo de dez días hábiles emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, e se así non o fixer, terase por desistido da súa solicitude.
Este requirimento de emenda tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 4, punto 5, resulta que o solicitante non está ao día no pagamento das súas obrigas tributarias co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.
A documentación requirida para emenda da solicitude deberá ser presentada na forma que se determina nos artigos 14 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
3. Sen prexuízo do anterior, poderá requirirse o solicitante para que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
4. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o solicitante non poderá modificar a súa solicitude de axuda aumentando o importe total do investimento nin incluíndo novos conceptos para os cales solicita a axuda.
5. Sempre que se teñan en conta para a resolución das axudas aspectos distintos aos aducidos polas persoas interesadas, daráselles a estas un trámite de audiencia con carácter previo á avaliación dos expedientes pola Comisión de Valoración.
6. Para os expedientes que non cumpran os requisitos, ou que non conteñan a documentación necesaria, o órgano instrutor emitirá un informe desfavorable previo á proposta de resolución denegatoria que proceda, na cal se indicarán as causas que a motivan.
7. Aquelas solicitudes que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria, continuarán tramitándose de acordo co establecido no presente artigo.
B) Fase de valoración das solicitudes.
1. Para a valoración das solicitudes utilizaranse os seguintes criterios: xerais e horizontais ou específicos.
Criterios |
Peso |
Xerais |
30 % |
Horizontais ou específicos |
70 % |
Para calcular a puntuación final dunha operación utilizarase a seguinte fórmula: