DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29274

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2024, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta secretaría xeral no primeiro cuadrimestre de 2024.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade da relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Secretaría Xeral
da Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2024

Título

Obxecto

Achega económica da secretaría (€)

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Diocese de Tui-Vigo

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia, co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Tui-Vigo

3.000,00 €

2.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Sociedade Beneficente Rosalía de Castro de São Paulo para contribuír á atención das necesidades asistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de asistencia social de São Paulo (Brasil)

Contribuír ao financiamento do custo derivado da asistencia ás persoas galegas acollidas no centro de asistencia social desta sociedade

18.000,00 €

6.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Venezuela para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento e atención de necesidades socioasistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Caracas, Venezuela

Mantemento dun punto de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

60.000,00 €

6.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago para o mantemento dun punto de información e asesoramento social en Salvador de Bahía, Brasil

Mantemento dun punto de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

10.000,00 €

6.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Venezuela para contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega acollida no centro de día Santiago Apóstol de Caracas, Venezuela

Contribuír ao financiamento do custo derivado da atención ás persoas galegas acollidas no centro de día Santiago Apóstol

40.000,00 €

6.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Casa de España no Río de Xaneiro, co fin de contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega alí residente e para o mantemento dun punto de información e asesoramento no Río de Xaneiro, Brasil

Atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente no Río de Xaneiro que, por razóns de idade, estado físico ou situación de carencia, teña problemas de autonomía persoal, así como manter un punto de información e asesoramento social e colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

30.000,00 €

8.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Valencia para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Valencia, Venezuela

Mantemento dun punto de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

10.000,00 €

8.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Associação Recreio dos Anciãos para Asilo da Velhice Desamparada no Rio de Janeiro, Brasil, para contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente no Río de Xaneiro, Brasil

Prestación de asistencia á cidadanía de orixe galega que reside na Asociación por razóns de carencia ou de dependencia e que non pode afrontar o custo da súa estadía

20.000,00 €

8.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Hermandad Gallega de Valencia, Venezuela, coa finalidade de contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega acollida no Centro de Día de Valencia (Venezuela)

Contribuír ao financiamento do custo derivado da asistencia ás persoas galegas acollidas no centro de día de titularidade desta sociedade

10.000,00 €

8.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación Española Primera de Socorros Mutuos de Montevideo para a atención sociosanitaria da cidadanía de orixe galega residente en Montevideo, Uruguai

Atención das necesidades sociosanitarias da cidadanía de orixe galega residente en Montevideo (Uruguai) que se encontre en situación de necesidade e non poida afrontar o custo das prestacións que precisa

30.000,00 €

9.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Apoyo a la Ciudadanía Española en Venezuela (FACEV) para a prestación de asistencia socioasistencial especial e sanitaria de emerxencia a persoas de orixe galega residente en Venezuela

Contribuír ao financiamento dos servizos de atención asistencial e/ou sanitaria de urxencia ás persoas de orixe galega residentes en Venezuela que, por razóns de exclusión social, idade, falta de ingresos ou dependencia, non poden afrontar o custo das prestacións que precisan e non teñen cobertura a través doutros mecanismos de colaboración

20.000,00 €

9.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Hogar Español de Montevideo (Uruguai) para contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente en Montevideo

Contribuír á prestación de asistencia ás persoas galegas que se encontren en situación de necesidade e que non poidan afrontar o custo da súa estadía nel por razóns de carencia ou dependencia

75.000,00 €

9.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Gallego de Puerto de la Cruz para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Puerto de la Cruz, Venezuela

Mantemento dun punto de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

10.000,00 €

9.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual para o desenvolvemento dunha programación estable de cine galego en entidades galegas no exterior

Desenvolver unha programación estable de cine galego en 8 entidades galegas no exterior a través do Ciclo Mestre Mateo, un proxecto audiovisual orixinal impulsado pola Academia Galega do Audiovisual

29.000,00 €

9.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Diocese de Astorga

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia, co fin de que poidan acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Diocesano de Astorga

2.500,00 €

13.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Diocese de Mondoñedo-Ferrol

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia, co fin de que poidan acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol

5.000,00 €

13.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Gallego de Mar del Plata para a atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente en Mar del Plata (Arxentina) acollida no centro de día

Contribuír ao financiamento do custo derivado da atención que se lles presta ás persoas galegas acollidas no centro de día

10.000,00 €

13.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Hogar Gallego para Ancianos de Buenos Aires, Arxentina, para contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas da cidadanía galega residente en Bos Aires

Contribuír a prestar asistencia ás persoas galegas que residen no Hogar Gallego para Ancianos de Buenos Aires que, por razón de carencia ou de dependencia, se encontren en situación de necesidade e non poidan afrontar o custo da súa estadía

30.000,00 €

13.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Sociedade de Socorros Mutuos y Beneficente Rosalía de Castro de Santos, para a atención das necesidades socioasistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Santos, Brasil

Atención das necesidades socioasistenciais e sanitarias básicas da cidadanía de orixe galega residente en Santos (Brasil) que, por razóns de idade ou estado físico, careza de autonomía persoal e/ou que se encontre en situación de necesidade e non poida afrontar o custo das prestacións que precisa

15.000,00 €

13.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Arquidiocese de Santiago de Compostela

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia, co fin de que poidan acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago de Compostela, desde 1850 ata o momento presente

30.000,00 €

16.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación España Salud de Venezuela en Caracas para a atención das necesidades sociosanitarias e de atención domiciliaria da cidadanía galega residente en Venezuela

Contribuír á atención das necesidades sanitarias e domiciliarias ás persoas maiores de orixe galega residentes en Venezuela que necesitan da súa cobertura por razóns de idade, dependencia e falta de recursos para afrontalas

75.000,00 €

16.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Fillos de Ourense (Fundaourense) de Venezuela para a atención das necesidades socioasistenciais e sanitarias básicas da cidadanía galega residente en Venezuela

Contribuír ao financiamento dos servizos de residencia e/ou de atención asistencial e/ou sanitaria de urxencia ás persoas de orixe galega residentes en Venezuela que, por razóns de idade, marxinación, carencia ou de dependencia, se encontran en situación de necesidade e a aquelas ás cales non se pode chegar a través doutros mecanismos de colaboración

30.000,00 €

16.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Galicia de Buenos Aires, Cultural, Social y Deportivo

Contribuír ao seu mantemento, á vista da importancia das actividades que desenvolve, da súa repercusión tanto na cidadanía de Bos Aires como en especial nas persoas de orixe galega residentes na República Arxentina, e do apoio que presta no desenvolvemento dos programas da Secretaría Xeral da Emigración

60.000,00 €

20.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e o Centro Gallego de Maracaibo para o establecemento dun punto de información e asesoramento en Maracaibo, Venezuela

Mantemento dun punto de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

10.000,00 €

22.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Fundación Ronsel para o desenvolvemento de accións de mellora da empregabilidade dirixidas ás persoas emigrantes retornadas

Desenvolvemento de accións de mellora da empregabilidade dirixidas ás persoas emigrantes retornadas

200.000,00 €

26.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Diocese de Ourense

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia, co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Histórico Diocesano de Ourense

12.000,00 €

27.2.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Diocese de Lugo

Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da ascendencia galega ao colectivo de persoas emigrantes galegas e á súa descendencia, co fin de poder acceder á nacionalidade española, así como de informatizar e indexar os datos rexistrais das persoas físicas contidos nos libros sacramentais dos fondos parroquiais concentrados no Arquivo Diocesano Central Parroquial de Lugo

5.000,00 €

1.3.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación de Inmigrantes e Retornados Rioplatenses para o desenvolvemento de accións de información e asesoramento dirixidas a persoas emigrantes retornadas

Desenvolvemento de accións de información e asesoramento dirixidas a persoas galegas retornadas á Comunidade Autónoma galega

10.000,00 €

4.3.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU) para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento dirixida a persoas emigrantes retornadas

Mantemento dunha oficina de información e asesoramento da Asociación de Emigrantes Retornados Ulla-Umia (AERU) co fin de realizar actividades de información e asesoramento á colectividade galega retornada a Galicia

7.500,00 €

6.3.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Asociación de Jóvenes Emigrantes en Galicia, para o desenvolvemento de accións que favorezan o retorno e a integración sociolaboral das persoas emigrantes e das súas familias na Comunidade Autónoma galega

Desenvolver accións de difusión, acompañamento, información e formación dirixidas ás persoas galegas que residan no exterior, así como ás que retornen á Comunidade Autónoma galega, co fin de facilitarlles o retorno a Galicia ás persoas emigrantes e ás súas familias, para favorecer a súa integración social e laboral na sociedade galega

15.000,00 €

7.3.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Federación de Sociedades Gallegas de Cuba para o mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais

Mantemento dun punto de información e asesoramento social e, ademais, colaborar na difusión e xestión dos programas e actividades que desenvolve anualmente a Secretaría Xeral da Emigración, especialmente os de carácter socioasistencial

65.000,00 €

12.3.2024

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia e a Federación Venezolana de Galicia (Fevega) para o mantemento de oficinas de información e asesoramento dirixidas a persoas emigrantes retornadas en Galicia

Financiamento dos gastos derivados do mantemento das oficinas de información e asesoramento da Federación Venezolana de Galicia ás persoas emigrantes galegas retornadas á Comunidade Autónoma galega, así como un servizo de información e asesoramento itinerante

50.000,00 €

26.3.2024