DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29335

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución de 9 de abril de 2024, da Dirección Xeneral de Formación Profesional, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2024/25.

Advertido un erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 89, do martes 7 de maio de 2024, é necesario facer a seguinte corrección:

Na páxina 28010, onde di:

«Quinta. Lugar, prazo e forma de presentación das solicitudes

1. A solicitude de inscrición, tal como indica o artigo 27.1 da Orde do 22 de xullo de 2021, presentarase na secretaría dalgún dos centros públicos docentes vinculados a cada modalidade deportiva, segundo consta na relación do anexo IV. Na modalidade deportiva de fútbol deberá presentarse necesariamente na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica».

Debe dicir:

«Quinta. Lugar, prazo e forma de presentación das solicitudes

1. A solicitude de inscrición, tal como indica o artigo 27.1 da Orde do 22 de xullo de 2021, presentarase na secretaría dalgún dos centros públicos docentes vinculados a cada modalidade deportiva, segundo consta na relación do anexo III. Na modalidade deportiva de fútbol deberá presentarse necesariamente na secretaría do centro elixido para realizar a proba específica».