DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29338

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2024 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2024.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no primeiro cuadrimestre do ano 2024, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre do ano 2024

Convenio

Data sinatura

Importe achegado pola AXI (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Vilasantar para a pavimentación da travesía da antiga AC-194

24.1.2024

168.870,35

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Sanxenxo para a iluminación do enlace de Nantes, puntos quilométrico 17+200 da estrada AG-41

19.4.2024

32.781,03