DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 15 de maio de 2024 Páx. 29339

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2024 pola que se modifica a Resolución do 5 de xullo de 2010 pola que se fan públicos a composición e o funcionamento da mesa de contratación permanente nesta universidade.

Mediante a Resolución reitoral do 5 de xullo de 2010 (DOG núm. 140, do 23 de xullo) foi establecida a composición permanente da mesa de contratación da Universidade de Vigo e fixáronse as súas normas de funcionamento.

Posteriormente, mediante a Resolución reitoral do 28 de abril de 2023 (DOG núm. 88, do 9 de maio) modificouse o punto primeiro da devandita resolución, que estableceu unha nova composición da mesa de contratación. Respecto diso, e dado o novo deseño de competencias, considérase oportuno cambiar a persoa designada para presidir a mesa de contratación.

Por todo o anteriormente exposto, acórdase ditar a seguinte resolución:

Modificar o punto primeiro da Resolución do 5 de xullo de 2010 (na redacción dada pola Resolución reitoral do 28 de abril de 2023) pola que se fai pública a composición e o funcionamento da mesa de contratación permanente da Universidade de Vigo no parágrafo relativo á persoa que exercerá os labores de presidencia, que queda redactado nos seguintes termos:

«Presidente/a: a persoa que ocupe a Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade, que poderá ser suplida en caso de vacante, ausencia ou enfermidade pola persoa que designe o reitor».

Esta resolución entrará en vigor desde a súa publicación no perfil do contratante da Universidade de Vigo, segundo o disposto no artigo 21 do Real decreto 817/2009.

Vigo, 8 de maio de 2024

Manuel J. Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo