DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de abril de 2024, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución do 23 de abril de 2024, relativa á solicitude de deslindamento formulada polos representantes dos montes veciñais en man común do Puxedo, Guende e Cela, de Bouzas e o denominado Serra de Lobios e Nichos, no concello de Lobios.

Examinada a solicitude de deslindamento formulada polos representantes do monte veciñal en man común (MVMC) de Puxedo, Guende e Cela, pertencente á Comunidade de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) do Puxedo, Guende e Cela, co MVMC de Bouzas, pertencente á CMVMC de Bouzas, Briñidelo, Esperanzo e San Paio, e o MVMC Serra de Lobios e Nichos, pertencente á CMVMC das parroquias de Araúxo (San Martiño), Lobios (San Miguel) e San Paio de Araúxo (agás O Puxedo e Guende), no concello de Lobios, resultan os seguintes:

Feitos:

Primeiro. O 29.9.2022, a CMVMC do Puxedo, Guende e Cela presentou un escrito (Rexel 2022/2398017) en que solicitan a aprobación dun deslindamento coa CMVMC de Bouzas, Briñidelo, Esperanzo e San Paio.

Coa solicitude achegou a seguinte documentación:

– Acta de conciliación levantada no Xulgado de Paz de Lobios.

– Informe de deslindamento e planos.

– Acta de deslindamento.

– Certificacións das respectivas asembleas xerais.

Segundo. Ese mesmo día, a dita comunidade presentou outro escrito (Rexel 2022/2399473) relativo a un segundo deslindamento, neste caso coa CMVMC das parroquias de Araúxo, Lobios e San Paio de Araúxo, xuntando a seguinte documentación:

– Acta de conciliación levantada no Xulgado de Paz de Lobios.

– Informe de deslindamento e planos.

– Acta de deslindamento.

– Certificacións das respectivas asembleas xerais.

Terceiro. O 30.9.2022 foi a CMVMC de Bouzas, Briñidelo, Esperanzo e San Paio quen presentou un escrito (Rexel 2022/2410507), en que solicitaban a aprobación dun deslindamento coa CMVMC das parroquias de Araúxo, Lobios e San Paio de Araúxo. Coa solicitude achegaban a seguinte documentación:

– Acta de conciliación levantada no Xulgado de Paz de Lobios.

– Memoria e planos.

– Acta de deslindamento.

– Certificacións das respectivas asembleas xerais.

Cuarto. O informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense, do 31 de maio de 2023, fai constar que a documentación achegada corresponde ao deslindamento do perímetro estremeiro entre o MVMC do Puxedo, Guende e Cela, pertencente á CMVMC do Puxedo, Guende e Cela, e mais o MVMC de Bouzas, pertencente á CMVMC de Bouzas, Briñidelo, Esperanzo e San Paio, desde o vértice 1 (o situado máis ao O) ata o vértice 16 (o situado máis ao E); doutro lado, revísase a estrema entre o propio MVMC do Puxedo, Guende e Cela e mais o MVMC Serra de Lobios e Nichos, pertencente á CMVMC das parroquias de Araúxo (San Martiño), Lobios (San Miguel) e San Paio de Araúxo (agás O Puxedo e Guende), dende o vértice 1 (o situado máis ao O) ata o vértice 13 (o situado máis ao E); e, finalmente, revísase a estrema entre o MVMC de Bouzas e mais o MVMC Serra de Lobios e Nichos, desde o punto 1 (o situado máis ao E) ata o punto 9 (o situado máis ao O).

O citado informe considera que a solicitude se axusta ao establecido no artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, polo que propón ao Xurado Provincial a súa aprobación.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A presente resolución dítase ao abeiro do artigo 53 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O artigo 53 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, recolle o procedemento que se debe seguir no deslindamento entre montes veciñais en man común e establece que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, logo do exame da documentación presentada, ditará resolución, que será publicada no Diario Oficial de Galicia e notificada ás comunidades interesadas.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, e tendo en conta o informe favorable do Servizo de Montes do día 31 de maio de 2023, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou, por unanimidade, o día 9 de abril de 2024:

Aprobar o acto de conciliación acadado polas xuntas reitoras dos MVMC do Puxedo, Guende e Cela, pertencente á CMVMC do Puxedo, Guende e Cela, o MVMC de Bouzas, pertencente á CMVMC de Bouzas, Briñidelo, Esperanzo e San Paio, e o MVMC Serra de Lobios e Nichos, pertencente á CMVMC das parroquias de Araúxo (San Martiño), Lobios (San Miguel) e San Paio de Araúxo (agás O Puxedo e Guende), no concello de Lobios.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 26 de abril de 2024

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense