DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28649

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 19 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 85, do martes 30 de abril de 2024, procede realizar as seguintes correccións:

– Na páxina 26809, onde di: «O exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos os dous inclusive) terá carácter obrigatorio e non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes», debe dicir: «O exercicio sobre o contido da parte común do programa (temas un a oito, ambos os dous incluídos) terá carácter obrigatorio e non eliminatorio para todos/as os/as aspirantes, coa excepción daqueles/as que participen pola quenda de promoción interna, que estarán exentos/as da súa realización».

– Na páxina 26816, onde di: «9.6. As prazas adxudicaranse entre os/as aspirantes pola orde de puntuación acadada no concurso-oposición segundo a prelación de destino/s que tiveran efectuado, que terá carácter vinculante e irrenunciable salvo a alteración que resulte da aplicación da base 9.7», debe dicir: «9.6. As prazas adxudicaranse entre os/as aspirantes pola orde de puntuación acadada no concurso-oposición, con preferencia a favor dos/das aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna, salvo a alteración que resulte da aplicación da base 9.7 e segundo a prelación de destino/s que efectuasen, que terá carácter vinculante e irrenunciable».

– Na páxina 26828, en relación co segundo exercicio, sobre o contido da parte común do programa, engádese o seguinte parágrafo: «Estarán exentos da realización deste exercicio da parte común os/as aspirantes que participen pola quenda de promoción interna. Nas listaxes de puntuación da fase de oposición asignaránselles ás persoas aspirantes que participen por esta quenda 5 puntos nesta epígrafe».