DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 13 de maio de 2024 Páx. 28647

IV. Oposicións e concursos

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2024 pola que se nomea persoal laboral fixo, en virtude do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Mediante a Resolución do 28 de decembro de 2022 (DOG núm. 248, do 30 de decembro) convocouse o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso nas categorías/grupos de profesor/a de hixiene, dietética e nutrición (grupo I) e profesor/a do departamento de servizos (grupo II) da Axencia de Turismo de Galicia.

Mediante a Resolución do 5 de maio de 2023 (DOG núm. 92, do 15 de maio) nomeouse o tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso nas categorías de profesor/a de hixiene, dietética e nutrición (grupo I) e profesor/a do departamento de servizos (grupo II), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria.

Mediante a Resolución do 16 de abril de 2023 (DOG núm. 80, do 23 de abril) o tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, aprobou e fixo pública a baremación definitiva da persoa aspirante que superou o proceso para o ingreso na categoría de profesor/a do departamento de servizos (grupo II), e propuxo o seu nomeamento como persoal laboral fixo da Axencia de Turismo de Galicia.

Por todo o exposto, no exercicio das competencias previstas no Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos,

RESOLVO:

Primeiro. Nomeamento

Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e nomear a persoa que se relaciona no anexo desta resolución persoal laboral fixo da Axencia de Turismo de Galicia, tras a superación do proceso selectivo.

Segundo. Notificación

Notificarlle á persoa seleccionada que deberá formalizar o seu contrato de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Impugnación

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo citado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2024

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia

ANEXO

Persoa seleccionada para a contratación como persoal laboral fixo

Profesor/a do departamento de servizos (grupo II)

Apelidos e nome

NIF

Lis Prieto, Rocío

***6596**