DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28332

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de modificación do acordo de suspensión de licenzas no ámbito do Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño Francés de Santiago (PE-3), en execución de sentenza (expediente 2021/46533Q).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 19 de febreiro de 2024, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Tomar coñecemento da anulación parcial por Sentenza núm. 284/2023 do Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 2 de Santiago de Compostela do Acordo da Xunta de Goberno do 6 de xuño de 2022, no punto relativo á suspensión das obras de reforma no ámbito do Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño Francés de Santiago (PE-3).

Segundo. Publicar no Diario Oficial de Galicia a nova redacción do alcance da suspensión derivada do acordo de aprobación inicial do citado plan especial, como a seguir se indica:

Por aplicación do disposto nos artigos 47.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia e 86, do seu regulamento, o acordo de aprobación inicial determina a suspensión do outorgamento de licenzas de edificación, parcelación e derruba no ámbito do Plan especial durante o prazo máximo de dous anos, contado desde o día 6 de xuño de 2022.

A suspensión afecta tamén as seguintes actividades:

– A implantación de usos ou actividades non permitidas polo plan especial.

– A autorización de usos e obras provisionais en solo urbanizable que non teñan aprobado definitivamente a súa ordenación detallada, agás xustificación da necesidade da súa implantación e informe favorable da Comisión Asesora.

A suspensión non afectará as obras de reforma, agás cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

– Cando impliquen unha reconstrución total do edificio, non xustificada en razóns de urxencia.

– Cando supoñan un aumento do volume edificado.

– Cando incidan na composición xeral exterior ou no conxunto do sistema estrutural.

– Cando teñan por obxecto cambiar os usos característicos do edificio.

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2024

A alcaldesa
P.D. (DEC/2023/8135, do 17 de xuño)
Iago Lestegás Tizón
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica