DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 25 de abril de 2024 pola que se notifica a resolución de procedemento de desafiuzamento administrativo do departamento 4-novo do porto de Rianxo.

De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de maneira adicional á notificación xa efectuada aos herdeiros de Ramón Arcos Ordóñez, notifícaselle a calquera outra persoa física ou xurídica que acredite dereitos e/ou intereses lexítimos sobre o departamento 4-novo do porto de Rianxo (A Coruña) a resolución de procedemento de desafiuzamento administrativo.

O expediente tramitouse por estar extinguida a autorización de ocupación e non ser factible a súa renovación pola falta de concorrencia dos requisitos exixibles, incluídas as débedas existentes.

O expediente iniciouse en aplicación do artigo 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, coa emisión dun requirimento previo ao desafiuzamento administrativo notificado aos herdeiros de Ramón Arcos Ordóñez, e que tamén foi publicado no Boletín Oficial del Estado número 44, do 19 de febreiro de 2024.

Non se formularon alegacións nin se presentaron persoas física e/ou xurídicas que acreditaransen dereitos e/ou intereses lexítimos sobre o departamento que continúa ocupado.

O departamento deberá ser abandonado nun prazo máximo de dez (10) días, contados desde a publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves do inmoble ao persoal de Portos de Galicia no porto de Rianxo.

Dentro dese mesmo prazo de dez (10) días, deberán retirarse do local todos os elementos que sexan da propiedade dos ocupantes, sen que por iso as instalacións experimenten ningún quebrantamento que, de ser o caso, sería reclamado polas canles legais oportunas.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo máximo de dez (10) días para proceder ao desaloxo voluntario, por tratarse dunha autorización extinguida, e ao abeiro do establecido no artigo 91 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, poderase suspender sen máis trámites a subministración de auga e de enerxía eléctrica.

Ao abeiro do establecido no artigo 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para a execución do desafiuzamento empregarase, de ser preciso, o auxilio das forzas e corpos de seguridade do Estado.

Contra este acto administrativo non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, ante, á elección do interesado, o xulgado do contencioso-administrativo correspondente á circunscrición onde teña aquel o seu domicilio, ou o xulgado do contencioso-administrativo que corresponda de Santiago de Compostela.

Tamén cabe a presentación de recurso potestativo de reposición, ante esta presidencia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

O expediente completo para o seu exame está na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, 5A, 6º, 15707 de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2024

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia