DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 5 de abril de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Norte, polo que se somete a información pública a solicitude de obras no concello de Carballo (expediente DH.W15.100133).

En cumprimento do previsto no artigo 78 ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización/legalización de obras:

Solicitante: José Luis García Varela.

DNI: ***3265**.

Expediente: DH.W15.100133.

Lugar: Cances Grande.

Parroquia: Cauces (San Martiño).

Concello: Carballo.

Descrición das obras: as obras solicitadas consisten na construción de peche na parcela de referencia catastral 001700500NH28G0001QW, mediante bloques de formigón prefabricado, de 2,00 m de altura e 35,00 m de longo.

A documentación estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste servizo situadas na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 9º andar, onde estará exposto o expediente de que se trata, para que poida ser examinado por quen o desexe, cita previa no teléfono 981 18 25 30.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 5 de abril de 2024

Néstor Rodríguez Arias
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Norte