DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 13 de decembro de 2023, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Vila de Cruces (expediente DH.A36.90707).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Carmen García Vilanova.

DNI: ***3580**.

Expediente: DH.A36.90707.

Volume total anual: 1.295,65 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,10 l/s.

Destino: uso gandeiro e rega.

Orixe: manancial.

Lugar: Abealla.

Parroquia: Carbia.

Concello: Vila de Cruces.

Descrición do aproveitamento: realízase a captación dun manancial na parcela 36059A105002310000OT, mediante unha gabia duns 45 m de longo e tubo dren de 110 mm de diámetro, que remata nun depósito de formigón de 2,50×4,00×1,80 m, do que parte unha tubaxe de 32 mm ao longo duns 350 m ata a parcela 36059A104008490000OA da corte e onde se emprega tamén para rega.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa do Tomiño, 16, baixo,15704 Santiago de Compostela (A Coruña), con cita previa no teléfono 981 54 49 27.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2023

Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia Centro