DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28334

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 81, do 8 de abril de 2024, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a provisión, como funcionario de carreira, de tres prazas de administrativo da escala de Administración xeral, subescala administrativa, clase administrativa, grupo C, subgrupo C1, por concurso-oposición, en promoción interna.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para a presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica da web municipal:

https://sarria.sedelectronica.es

Sarria, 8 de abril de 2024

Claudio Melquíades Garrido Martínez
Alcalde