DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28335

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para o organismo autónomo Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 93, do 22 de abril de 2024, publicáronse integramente as bases do proceso selectivo para a provisión dunha praza de cociñeiro/a, en réxime de persoal laboral fixo (grupo IV), do organismo autónoma Residencia de Maiores Nosa Señora do Carme, incluída na OPE do ano 2022, mediante o sistema de concurso-oposición en quenda libre.

De conformidade co previsto nas referidas bases, o prazo para presentar solicitudes será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios realizaranse na sede electrónica do organismo autónomo https://residenciamaioresnosasradocarme.sedelectronica.gal

Sarria, 27 de abril de 2024

Claudio Melquíades Garrido Martínez
Alcalde