DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Mércores, 8 de maio de 2024 Páx. 28336

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

A Xunta de Goberno Local, na sesión do 12 de abril de 2024, acordou o nomeamento como persoal funcionario de carreira para ocupar a praza vacante de inspector de policía local (escala executiva de Administración especial, subescala servizos especiais, clase policía local, categoría inspector, grupo A, subgrupo A2), incluída na OEP dos anos 2020 e 2021, a favor de:

Jorge Enrique Comesaña Rosende, con DNI ***6271**.

A persoa interesada deberá tomar posesión no prazo dun (1) mes a partir da publicación do nomeamento no DOG. No caso de non o facer procederase a declarala en situación cesante e, consecuentemente, decaída no seu dereito.

Ao dito nomeamento dáselle publicidade consonte o establecido nas bases do proceso selectivo e na lexislación de función pública vixente.

Vigo, 15 de abril de 2024

O alcalde
P.D. (Resolucións da Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística,
Educación, Recursos Humanos e Formación
P.D. (Resolucións da Alcaldía do 19.6.2023, 20.6.2023 e 28.6.2023 e
Acordo da Xunta de Goberno Local do 22.6.2023)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade,
Contratación, Festas e Xestión Municipal