DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 3 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Boiro (expediente IN407A 2023/445-1).

Expediente: IN407A 2023/445-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT BOI-802 - apoio 9P2LD9D0//68.

Termo municipal: Boiro.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña BOI-802 autorizado no expediente 29.073, de 202,7 metros de lonxitude en condutor tipo LA-56, comprendido entre o apoio nº 67 (matrícula: 9P0BJ80N) de formigón tipo AM-ANG-HV-2B/14-BR1-CAI e o apoio nº 69-CT (matrícula: 9P4FH0MD) de formigón tipo AM-FL-2xHV-1000/11-CR1-CAI no cal se encontra instalado o CT O Chazo (expediente 29.073 / matrícula: 15AAI7), consistentes en:

– Substitución, mantendo a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15011A006011850000XR cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 69-CT, do apoio nº 68 (matrícula: 9P2LD9D0) de formigón, polo novo apoio metálico tipo AM-AL-C-1000/12-H35-CAII.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña BOI-802 de 114,6 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 67 existente e o apoio nº 68 unha vez substituído.

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no van da liña BOI-802 de 88,2 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 58 proxectado e o apoio nº 69-CT existente.

1. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, número 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Boiro.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 3 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Regulamentación LMT. BOI-802 - apoio 9P2LD9D0//68.

Relación de bens e dereitos afectados - termo municipal de Boiro.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(CT e/ou apoios)

LMT aérea - voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza
do terreo

CT / Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

CMVMC de Abanqueiro

15011A006011850000XR

O Chazo

Novo apoio nº 68

2

Rústico