DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27634

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no termo municipal de Carral (expediente IN407A 2023/478-1).

Expediente: IN407A 2023/478-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: substitución CT Tabeaio - 15CQ38.

Termo municipal: Carral.

1. Características técnicas:

Desconexión e desmontaxe (peche e desmantelamento) do CT non prefabricado tipo caseta de obra civil Tabeaio (expediente 6.166 e 50.956 / matrícula: 15CQ38), de 250 kVA de potencia e relación de transformación 15/0,4-0,23 kV, pertencente á arquitectura da liña RAL-704 e de toda a súa aparellaxe de media e baixa tensión.

No espazo que deixará o CT non prefabricado tipo caseta de obra civil Tabeaio unha vez desmantelado, a cabalo das parcelas con referencia catastral 2089524NH5828N0001TY e 2089522NH5828N0001PY, sitas na rúa José Sayáns Cebral (estrada DP-1708), proxéctase a instalación dun novo centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, con equipamento de telecontrol e telexestión e cadro de baixa tensión con catro (4) saídas.

Modificación do apoio núm. 85 da LMT RAL-704, de formigón tipo FL-HV-630/13-CR1-CA, consistente na instalación de dous (2) pasos aéreo-soterrados (PA/S) e de forrado antiescalada, ao pasar a ter a condición de apoio frecuentado.

Nova LMT soterrada, a 15 kV, de 2 x 25 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1 x 240 mm² Al), coa orixe e remate nos pasos aero-soterrados (PA/S) que se instalarán no apoio núm. 85 da LMT RAL-704, tras entrar e saír no novo CT proxectado.

Reordenación da rede de baixa tensión (RDBT) existente actualmente alimentada polo CT Tabeaio (expediente 6.166 e 50.956 / matrícula: 15CQ38), que se desmantelará, mediante a instalación de tres (3) circuítos soterrados de baixa tensión (RBTS) de 140 metros de lonxitude total en condutor tipo XZ1 0,6/1 kV 4(1 x 240 mm2 Al), con orixe no cadro de baixa tensión (CBT) do CT proxectado e remate nos acoplamentos coa rede aérea de baixa tensión existente que se realizará nos pasos soterrado-aéreos (PS/A) proxectados en apoios de formigón tipo HV-630/9 e HV-400/9 existentes e a reposición dunha acometida aérea (RBTA) de 39 metros de lonxitude, en condutor tipo RZ 3(1 x 25/54,6 mm2 Al/Alm), con orixe en apoio de formigón tipo HV-630/9 existente, e remate na fachada da edificación obxecto da subministración.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2.10.2015).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27.12.2013).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27.12.2000).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19.3.2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17.12.1954).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20.6.1957).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17.12.1954).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Carral.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 10 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Substitución CT Tabeaio - 15CQ38

Relación de bens e dereitos afectados - termo municipal de Carral

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
CT e/ou apoios)

LMT soterrada

(servidume de paso
de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT / Núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Ernesto Brandariz López

2089524NH5828N0001TY

Tarroeira

CT, beirarrúa e muro

2

Prado

2

Ernesto Brandariz López

2089522NH5828N0001PY

Tarroeira

CT, beirarrúa e muro

4

Prado