DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 10 de abril de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Culleredo (expediente IN407A 2023/457-1).

Expediente: IN407A 2023/457-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: renovación do apoio nº AF7MJSBE//38 da LAMT 15 kV SBN-717B (Zapateira Provisional, 17), pola fin da súa vida útil.

Concello: Culleredo.

1. Características técnicas:

Modificacións, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SBN-717B autorizado no expediente 26.842, de 495,4 metros de lonxitude en condutor tipo LC-80, comprendido entre os seus apoios nº 36 (matrícula AF2701IU) de formigón tipo A-AL-HVH-CR-6xCA(CS) e nº 40 (matrícula AFC9OR5) de formigón tipo S-AL-HVH-Bóveda-3xCS, consistentes en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LC-80 no treito da liña SBN-717B de 272 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio nº 36 anterior e o apoio nº 38 (matrícula AF7MJSBE) de formigón tipo A-AL-HVH-CR-6xCA-Derivación-9xCA(CS)-XS.

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-56 no treito da liña SBN-717B de 37 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio nº 38 anterior e o apoio nº AF821SA5 de formigón tipo FL-HVH-1600/13-CR en que se atopa instalado o CT intemperie Monte Chas (expedientes 50.113 e IN407A 2016/925-1/matrícula 15ABD8).

– Substitución, respectando o seu actual emprazamento na parcela con referencia catastral 15031A01400225 sita á beira da rúa Polvorín (Culleredo) cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 39 (matrícula AF9L67VE) de formigón tipo S-AL-HVH- Bóveda-3xCS, do apoio nº 38 anterior polo novo apoio metálico tipo A-AL-C-3000/14-H35-6xCA(CS)-Derivación 3xCA, en que serán reinstalados os elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio nº 38 a substituír e que manterá a condición de apoio frecuentado.

– Instalación de novo condutor tipo LA-110, no treito da liña SBN-717B de 272,1 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio nº 36 existente e o apoio nº 38 unha vez substituído.

– Instalación de novo condutor tipo LA-56, no treito da liña SBN-717B de 37 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio nº 38 unha vez substituído e o apoio nº AF821SA5 en que se atopa instalado o CT intemperie Monte Chas.

– Retensado do condutor tipo LC-80 (condutor existente), no treito da liña SBN-717B de 223,3 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio nº 38 proxectado e o apoio nº 40 existente.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello de Culleredo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais e/ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 10 de abril de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Renovación do apoio nº AF7MJSBE//38 da LAMT 15 kV SBN-717B (Zapateira Provisional, 17),
polo remate da súa vida útil

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Culleredo

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Descoñecido

15031A01400225

Coto Grande

Novo apoio nº 38

2

Eucaliptal