DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27564

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2024 do tribunal cualificador do proceso selectivo de estabilización para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría industrial, convocado pola Resolución de 16 de decembro de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 17 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 9 de xaneiro de 2024, o tribunal nomeado pola Resolución do 14 de abril de 2023 (DOG número 78, do 24 de abril) para cualificar o proceso selectivo antedito,

ACORDOU:

Primeiro. Declarar a todas as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio exentas de realizar o terceiro exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.3 da convocatoria.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de febreiro de 2024

José Manuel González González
Presidente do tribunal