DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27562

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2024 pola que se publica a modificación do plan de estudos e o cambio de denominación de máster universitario en Avogacía pola de máster universitario en Avogacía e Procuradoría.

Unha vez obtida a verificación inicial do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, estableceuse o carácter oficial do título de máster universitario en Avogacía pola Universidade de Santiago de Compostela por Acordo do Consello de Ministros do 8 de marzo de 2013 (publicado no BOE nº 97, do 23 de abril).

Posteriormente, o Consello de Universidades, mediante Resolución do 18 de xullo de 2023, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, aprobou a modificación do plan de estudos do referido título, que pasa a denominarse máster universitario en Avogacía e Procuradoría pola Universidade de Santiago de Compostela.

En consecuencia, esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 32.5 do Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, resolve publicar o plan de estudos modificado conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Avogacía e Procuradoría pola Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Avogacía e Procuradoría

Código RUCT: 4313724.

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Ámbito de coñecemento: dereito e especialidades xurídicas.

Universidades participantes: Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

54

Optativas (OP)

0

Prácticas externas obrigatorias

30

Traballo fin de máster (TFM)

6

Créditos totais

90

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Iniciación ao exercicio profesional, deontoloxía e réxime de responsabilidade da avogacía e da procuradoría

OB

5

Iniciación ao exercicio profesional, deontoloxía e técnicas transversais

Técnicas e habilidades transversais para o exercicio da avogacía e da procuradoría

OB

4

Práctica xurídica extraxudicial e medios adecuados de solución de conflitos xurídicos

OB

4

Práctica xurídica civil I: litigación

OB

4,5

Práctica xurídica. Asesoramento e litigación

Práctica xurídica civil II: asesoramento e litigación

OB

6

Práctica xurídica mercantil: asesoramento e litigación

OB

4

Práctica xurídica laboral I: asesoramento e litigación

OB

3

Práctica xurídica laboral II: asesoramento e litigación

OB

3

Práctica xurídica administrativa I: litigación

OB

3

Práctica xurídica administrativa II: asesoramento e litigación

OB

6

Práctica xurídica tributaria, constitucional, internacional e da Unión Europea: asesoramento e litigación

OB

3,5

Práctica xurídica penal I: litigación

OB

4

Práctica xurídica penal II: asesoramento e litigación

OB

4

Prácticas externas I: administracións públicas. Institucións. Xulgados e tribunais. Despachos profesionais

OB

6

Prácticas externas

Prácticas externas II: despachos de avogacía e/ou de procuradoría

OB

12

Prácticas externas III: despachos de avogacía e/ou de procuradoría

OB

12

Traballo fin de máster

OB

6

Traballo fin de máster