DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27560

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2024 pola cal se publica o plan de estudos do máster universitario en Patrimonio Cultural Dixital.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 17 de outubro de 2023 (publicado no BOE nº 259, do 30 de outubro, e mediante a resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 19 de outubro).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e no artigo 27.4 do Real decreto 822/2021, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Patrimonio Cultural Dixital pola Universidade da Coruña e a Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Patrimonio Cultural Dixital.

Código RUCT: 4318541.

Rama de coñecemento: Artes e Humanidades.

Ámbito de coñecemento: interdisciplinar.

Universidades participantes: Universidade da Coruña e Universidade de Santiago de Compostela.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

30

Optativas (OP)

30

Prácticas externas obrigatorias

15

Traballo fin de máster (TFM)

15

Créditos totais

90

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Patrimonio: concepto e fundamento histórico

OB

5

Contidos teóricos, fundamentos, conceptos, destrezas básicas

Instrumentos xurídicos e normativos para a protección e xestión do patrimonio

OB

5

Xestión do patrimonio dixital e xestión dixital do patrimonio

OB

5

Conservación do patrimonio cultural

OB

5

Tecnoloxías aplicadas ao patrimonio

OB

5

Comunicación e márketing cultural

OB

5

Xestión dixital do patrimonio documental e bibliográfico

OP

5

Contidos prácticos, específicos, técnicos

Xestión dixital do patrimonio arqueolóxico

OP

5

Xestión dixital do patrimonio artístico

OP

5

Xestión dixital do patrimonio inmaterial

OP

5

Xestión dixital do patrimonio fotográfico, audiovisual e musical

OP

5

Xestión dixital do patrimonio agroecolóxico e paisaxístico

OP

5

Xestión dixital do patrimonio xeográfico

OP

5

Narrativas transmedia aplicadas á comunicación histórica

OP

3

Contidos mixtos, teórico-instrumentais

Valorización do patrimonio: fundamentos e técnicas

OP

3

Innovación e sustentabilidade nos proxectos de patrimonio dixital

OP

3

Virtualización e recreación do patrimonio

OP

3

Captura e análise de realidade

OP

3

Produtos interactivos e xestión de redes sociais

OP

3

Sig e modelado 3D

OP

3

Prácticas externas

OB

15

Prácticas externas

Traballo fin de máster

OB

15

Traballo fin de máster