DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27557

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2024 pola cal se publica o plan de estudos do máster universitario en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica.

Unha vez obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, así como a autorización da Comunidade Autónoma de Galicia, e establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 17 de outubro de 2023 (publicado no BOE nº 259, do 30 de outubro, e mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 19 de outubro).

Esta reitoría, de conformidade co disposto no artigo 8.3 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, e no artigo 27.4 do Real decreto 822/2021, resolve publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica pola Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica

Código RUCT: 4318542.

Rama de coñecemento: Ciencia.

Ámbito de coñecemento: interdisciplinar.

Universidades participantes: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.

Modalidade de impartición: presencial.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)

15

Optativas (OP)

27

Prácticas externas obrigatorias

3

Traballo fin de máster (TFM)

15

Créditos totais

60

Cadro 2. Plan de estudos do máster.

Materia

Carácter

Créditos

Curso

Módulo

Mecánica cuántica I

OB

3

Obrigatorio

Mecánica cuántica II

OB

3

Fundamentos de información cuántica

OB

3

Introdución á computación cuántica

OB

3

Fundamentos de comunicacións cuánticas

OB

3

Ferramentas da computación cuántica

OP

3

Computación Cuántica

Programación e implementación de algoritmos cuánticos

OP

3

Computación cuántica e aprendizaxe máquina

OP

3

Computación cuántica e computación de altas prestacións

OP

3

Aplicacións prácticas da computación cuántica

OP

3

Teoría da información cuántica avanzada

OP

3

Comunicacións Cuánticas

Tecnoloxías fotónicas para a comunicación cuántica

OP

3

Códigos de corrección de erros

OP

3

Comunicacións cuánticas avanzadas

OP

3

Redes de comunicacións cuánticas

OP

3

Óptica cuántica

OP

3

Física da Información Cuántica

Materiais cuánticos

OP

3

Sistemas abertos e termodinámica cuántica

OP

3

Sistemas físicos para a información cuántica

OP

3

Metroloxía e sensores cuánticos

OP

3

Mecánica cuántica avanzada

OP

3

Optativas comúns

Arquitecturas da computación cuántica

OP

3

Técnicas experimentais para a información cuántica

OP

3

Métodos numéricos en computación cuántica

OP

3

Introdución á simulación cuántica

OP

3

Ciencia e tecnoloxía da supercondutividade

OP

3

Fotónica de semicondutores

OP

3

Sistemas cuánticos baseados en regras

OP

3

Laboratorio de comunicacións cuánticas

OP

3

Comunicacións cuánticas vía satélite

OP

3

Prácticas externas II

OP

3

Prácticas externas I

OB

3

Prácticas externas obrigatorias

Traballo fin de máster

OB

15

Traballo fin de máster

De forma voluntaria, o alumnado poderá acollerse a un dos tres itinerarios específicos: Computación Cuántica, Comunicacións Cuánticas e Física da Información Cuántica.

A realización dun itinerario poderá ser reflectida como información complementaria no suplemento europeo ao título de máster (SET). A dita realización require superar as materias contidas no módulo correspondente ao dito itinerario (15 créditos) e elixir o resto (12 créditos) entre todas as materias optativas ofertadas (incluídas as dos outros módulos).