DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 3 de maio de 2024 Páx. 27565

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso-oposición, para o ingreso no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes técnicos facultativos, especialidade educación infantil, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Este tribunal nomeado por Resolución do 17 de xullo de 2023 para cualificar o proceso selectivo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), unha vez revisadas as alegacións presentadas contra a Resolución do 2 de xaneiro de 2024 pola que se lle dou publicidade, entre outros acordos, ás puntuacións obtidas polas persoas aspirantes ao exercicio único obrigatorio do proceso selectivo, así como á relación das que non acadaron a puntuación mínima de 30 puntos establecida na base III.1.1 da convocatoria (DOG núm. 8, do 11 de xaneiro ); en sesión celebrada o 9 de abril de 2024,

ACORDOU:

Primeiro. Desestimar as alegacións presentadas na súa totalidade.

Segundo. Publicar a presente resolución no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal e no Diario Oficial de Galicia.

Contra o presente acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024

Manuel Lage Cobas
Presidente do tribunal