DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 2024 Páx. 26674

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se conceden as axudas da anualidade 2023 da Orde do 24 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, da acreditación da excelencia (científica, técnica ou artística) e das axudas para a estrutura, mellora e o apoio aos centros de investigación do Sistema universitario de Galicia para o exercicio 2023 (código de procedemento ED431G).

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (actualmente Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional), por medio da Orde do 24 de outubro de 2023 (DOG núm. 211, do 7 de novembro), estableceu as bases reguladoras e convocou, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a acreditación, estrutura, mellora e apoio aos centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

O artigo 6 desta orde, Conceptos subvencionables, no seu punto 10 establece, para a anualidade 2023, un gasto subvencionable con cargo a fondos propios dunha cantidade máxima de 1.000,00 € por cada un dos centros de investigación que reúna os requisitos mínimos de acceso a esta convocatoria en concepto de gastos incorridos na preparación e presentación das propostas.

O día 15.1.2024 publicouse a resolución pola que se aproban as listas definitivas das solicitude admitidas e excluídas da Orde do 24 de outubro de 2023, en función de que estas solicitudes reunisen os requisitos mínimos de acceso establecidos na orde da convocatoria e de que a documentación estivese completa e fose presentada dentro do prazo de admisión de solicitudes.

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) presentou dentro do prazo a documentación xustificativa para que se realizase o libramento de fondos correspondentes a esta anualidade.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelle á persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, de acordo co establecido no artigo 13 da orde de convocatoria, polo que, segundo o establecido nese artigo e atendendo a proposta de concesión dos importes da axuda para o 2023 elevada polo órgano instrutor, a través da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Conceder á USC a axuda para a anualidade 2023 na contía sinalada no anexo I.

Segundo. A axuda imputaranse ao capítulo VII dos orzamentos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, na aplicación 10.03.561B.744.0, no marco do Plan de financiamento universitario para o período 2022-2026, coa seguinte desagregación:

Núm. expediente

Centro

Acrónimo

Universidade

Importe 2023

ED431G 2023/02

Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas

Cimus

USC

496,87 €

ED431G 2023/03

Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares

Ciqus

USC

496,87 €

ED431G 2023/04

Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes

Citius

USC

496,87 €

ED431G 2023/05

Instituto Galego de Físicas de Altas Enerxías

IGFAE

USC

496,87 €

ED431G 2023/12

Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais

Cretus

USC

634,37 €

ED431G 2023/17

Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais

Cispac

USC

634,37 €

Total

3.256,22 €

Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 29.7.2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación, Formación Profesional e Universidades