DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 2024 Páx. 26676

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2024 pola que se conceden as axudas da Orde do 24 de outubro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, da acreditación da excelencia (científica, técnica ou artística) e das axudas para a estrutura, a mellora e o apoio aos centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, susceptibles de seren cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, e se convocan para o exercicio 2023 (código de procedemento ED431G).

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades (actualmente Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional), por medio da Orde do 24 de outubro de 2023 (DOG núm. 211, do 7 de novembro), estableceu as bases reguladoras e convocou, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a acreditación, estrutura, mellora e apoio aos centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

Unha vez finalizada a tramitación establecida no artigo 11 da convocatoria, realizouse o proceso de avaliación e selección das axudas, de acordo co indicado no artigo 12 da orde de convocatoria.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelle á persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, de acordo co que se establece no artigo 13 da convocatoria, polo que, segundo o establecido nese artigo e atendendo á proposta de concesión elevada polo órgano instrutor a partir do informe da Comisión de selección e seguimento, a través da Secretaría Xeral de Universidades, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles ás universidades que a continuación se relacionan (con indicación da denominación de cada centro de investigación e o seu acrónimo) as axudas para a acreditación, estrutura, mellora e apoio de centros de investigación do Sistema universitario de Galicia, cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, convocadas pola Orde do 24 de outubro de 2023:

1. Centros con acreditación en excelencia, tras acordo do Consello da Xunta de Galicia, e recoñecemento como membros da Rede CIGUS:

Nº expediente

Univ.

Centro de

Investigación

Puntos

Cualificación

Importe 2024 en euros

Importe 2025 en euros

Importe 2026 en euros

Importe 2027 en euros

Total en euros

ED431G 2023/01

UDC

Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC)

165

B

386.666,67

580.000,00

580.000,00

580.000,00

2.126.666,67

ED431G 2023/09

UDC

Centro de Investigaciones Científicas Avanzadas (CICA)

160

B

346.666,67

520.000,00

520.000,00

520.000,00

1.906.666,67

ED431G 2023/03

USC

Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CIQUS)

185

A

546.666,67

820.000,00

820.000,00

820.000,00

3.006.666,67

ED431G 2023/05

USC

Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE)

183

A

530.666,67

796.000,00

796.000,00

796.000,00

2.918.666,67

ED431G 2023/02

USC

Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CIMUS)

180

A

506.666,67

760.000,00

760.000,00

760.000,00

2.786.666,67

ED431G 2023/04

USC

Centro de Investigación Singular en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS)

172

A

442.666,67

664.000,00

664.000,00

664.000,00

2.434.666,67

ED431G 2023/12

USC

Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais (CRETUS)

153

B

290.666,67

436.000,00

436.000,00

436.000,00

1.598.666,67

ED431G 2023/08

UVIGO

Centro de Investigación en Tecnoloxía de Telecomunicación (AtlanTTic)

158

B

330.666,67

496.000,00

496.000,00

496.000,00

1.818.666,67

ED431G 2023/06

UVIGO

Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO)

157

B

322.666,67

484.000,00

484.000,00

484.000,00

1.774.666,67

ED431G 2023/07

UVIGO

Centro de Investigación Mariña (CIM)

147

B-(Transitoria)(*)

266.666,67

400.000,00

400.000,00

400.000,00)

1.466.666,67

Total

3.970.666,70

5.956.000,00

5.956.000,00

5.956.000,00

21.838.666,70

(*) O Centro de investigación Mariña (CIM) da UVIGO mantén durante as anualidades 2024 e 2025 a acreditación en excelencia e o recoñecemento como membro da Rede CIGUS. Nas anualidades 2026 e 2027 percibirá as cantidades indicadas na táboa no caso de que a avaliación intermedia do ano 2025 sexa positiva. No caso de que o resultado desa avaliación sexa negativo, percibirá nas anualidades 2026 e 2027 a cantidade de 200.000 € e perderá a acreditación en excelencia e o recoñecemento como membro da Rede CIGUS, segundo o establecido no artigo 19 da orde reguladora da convocatoria.

2. Centros con recoñecemento de centros de investigación colaborativos (na senda da excelencia):

expediente

Univ.

Centro de investigación

Puntos

Cualificación

Importe 2024 en euros

Importe 2025 en euros

Importe 2026 en euros

Importe 2027 en euros

Total en euros

ED431G 2023/10

UDC

Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñaría Civil (CITEEC)

146

C

126.436,78

189.655,17

189.655,17

189.655,17

695.402,29

ED431G 2023/15

UVIGO

Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais (CINTECX)

142

C

117.241,38

175.862,07

175.862,07

175.862,07

644.827,59

ED431G 2023/16

UVIGO

Economics and Business Administration for Society (ECOBAS)

123

C

73.563,22

110.344,83

110.344,83

110.344,83

404.597,71

Total

317.241,38

475.862,07

475.862,07

475.862,07

1.744.827,59

Segundo. As axudas imputaranse ao capítulo VII dos orzamentos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, na aplicación orzamentaria 10.03.561B.744.0, no marco do Plan de financiamento universitario para o período 2022-2026, e a anualidade de 2027 integrarase no novo Plan de financiamento universitario, de acordo coa seguinte desagregación:

Tipo de fondo

Código de proxecto

Centro

Importes

2024

2025

2026

2027

Total

Feder (S)

2023 00075

Feder 60 %

CITIC (UDC)

210.909,09 €

316.363,64 €

316.363,64 €

316.363,64 €

1.160.000,01 €

FCA 40 %

140.606,06 €

210.909,09 €

210.909,09 €

210.909,09 €

773.333,33 €

Fondo propio (N)

2016 00129

Fondo propio (N)

35.151,52 €

52.727,27 €

52.727,27 €

52.727,27 €

193.333,33 €

Total CITIC (UDC)

386.666,67 €

580.000,00 €

580.000,00 €

580.000,00 €

2.126.666,67 €

Feder (S)

2023 00075

Feder 60 %

CICA (UDC)

189.090,91 €

283.636,36 €

283.636,36 €

283.636,36 €

1.039.999,99 €

FCA 40 %

126.060,61 €

189.090,91 €

189.090,91 €

189.090,91 €

693.333,34 €

Fondo propio (N)

2016 00129

Fondo propio (N)

31.515,15 €

47.272,73 €

47.272,73 €

47.272,73 €

173.333,34 €

Total CICA (UDC)

346.666,67 €

520.000,00 €

520.000,00 €

520.000,00 €

1.906.666,67 €

Feder (S)

2023 00075

Feder 60 %

CITEEC (UDC)

68.965,52 €

103.448,27 €

103.448,27 €

103.448,27 €

379.310,33 €

FCA 40 %

45.977,01 €

68.965,52 €

68.965,52 €

68.965,52 €

252.873,57 €

Fondo propio (N)

2016 00129

Fondo propio (N)

11.494,25 €

17.241,38 €

17.241,38 €

17.241,38 €

63.218,39 €

Total CITEEC (UDC)

126.436,78 €

189.655,17 €

189.655,17 €

189.655,17 €

695.402,29 €

Total UDC

859.770,12 €

1.289.655,17 €

1.289.655,17 €

1.289.655,17 €

4.728.735,63 €

Tipo de fondo

Código de proxecto

Centro

Importes

2024

2025

2026

2027

Total

Feder (S)

2023 00075

Feder 60 %

CIQUS (USC)

298.181,82 €

447.272,73 €

447.272,73 €

447.272,73 €

1.640.000,01 €

FCA 40 %

198.787,88 €

298.181,82 €

298.181,82 €

298.181,82 €

1.093.333,34 €

Fondo propio (N)

2016 00129

Fondo propio (N)

49.696,97 €

74.545,45 €

74.545,45 €

74.545,45 €

273.333,32 €

Total CIQUS (USC)

546.666,67 €

820.000,00 €

820.000,00 €

820.000,00 €

3.006.666,67 €

Feder (S)

2023 00075

Feder 60 %

IGFAE (USC)

289.454,55 €

434.181,82 €

434.181,82 €

434.181,82 €

1.592.000,01 €

FCA 40 %

192.969,70 €

289.454,55 €

289.454,55 €

289.454,55 €

1.061.333,35 €

Fondo propio (N)

2016 00129

Fondo propio (N)

48.242,42 €

72.363,63 €

72.363,63 €

72.363,63 €

265.333,31 €

Total IGFAE (USC)

530.666,67 €

796.000,00 €

796.000,00 €

796.000,00 €

2.918.666,67 €

Feder (S)

2023 00075

Feder 60 %

CIMUS (USC)

276.363,64 €

414.545,45 €

414.545,45 €

414.545,45 €

1.519.999,99 €

FCA 40 %

184.242,43 €

276.363,64 €

276.363,64 €

276.363,64 €

1.013.333,35 €

Fondo propio (N)

2016 00129

Fondo propio (N)

46.060,60 €

69.090,91 €

69.090,91 €

69.090,91 €

253.333,33 €

Total CIMUS (USC)

506.666,67 €

760.000,00 €

760.000,00 €

760.000,00 €

2.786.666,67 €

Feder (S)

2023 00075

Feder 60 %

CITIUS (USC)

241.454,55 €

362.181,82 €

362.181,82 €

362.181,82 €

1.328.000,01 €

FCA 40 %

160.969,70 €

241.454,55 €

241.454,55 €

241.454,55 €

885.333,35 €

Fondo propio (N)

2016 00129

Fondo propio (N)

40.242,42 €

60.363,63 €

60.363,63 €

60.363,63 €

221.333,31 €

Total CITIUS (USC)

442.666,67 €

664.000,00 €

664.000,00 €

664.000,00 €

2.434.666,67 €

Feder (S)

2023 00075

Feder 60 %

CRETUS (USC)

158.545,46 €

237.818,18 €

237.818,18 €

237.818,18 €

872.000,00 €

FCA 40 %

105.696,97 €

158.545,45 €

158.545,45 €

158.545,45 €

581.333,32 €

Fondo propio (N)

2016 00129

Fondo propio (N)

26.424,24 €

39.636,37 €

39.636,37 €

39.636,37 €

145.333,35 €

Total CRETUS (USC)

290.666,67 €

436.000,00 €

436.000,00 €

436.000,00 €

1.598.666,67 €

Total USC

2.317.333,35 €

3.476.000,00 €

3.476.000,00 €

3.476.000,00 €

12.745.333,35 €

Tipo de fondo

Código de proxecto

Centro

Importes

2024

2025

2026

2027

Total

Feder (S)

2023 00075

Feder 60 %

ATLANTTIC (UVIGO)

180.363,64 €

270.545,45 €

270.545,45 €

270.545,45 €

991.999,99 €

FCA 40 %

120.242,43 €

180.363,64 €

180.363,64 €

180.363,64 €

661.333,35 €

Fondo propio (N)

2016 00129

Fondo propio (N)

30.060,60 €

45.090,91 €

45.090,91 €

45.090,91 €

165.333,33 €

Total ATLANTTIC (UVIGO)

330.666,67 €

496.000,00 €

496.000,00 €

496.000,00 €

1.818.666,67 €

Feder (S)

2023 00075

Feder 60 %

CINBIO (UVIGO)

176.000,00 €

264.000,00 €

264.000,00 €

264.000,00 €

968.000,00 €

FCA 40 %

117.333,33 €

176.000,00 €

176.000,00 €

176.000,00 €

645.333,33 €

Fondo propio (N)

2016 00129

Fondo propio (N)

29.333,34 €

44.000,00 €

44.000,00 €

44.000,00 €

161.333,34 €

Total CINBIO (UVIGO)

322.666,67 €

484.000,00 €

484.000,00 €

484.000,00 €

1.774.666,67 €

Feder (S)

2023 00075

Feder 60 %

CIM(UVIGO)

145.454,55 €

218.181,82 €

218.181,82 €

218.181,82 €

800.000,01 €

FCA 40 %

96.969,70 €

145.454,55 €

145.454,55 €

145.454,55 €

533.333,35 €

Fondo propio (N)

2016 00129

Fondo propio (N)

24.242,42 €

36.363,63 €

36.363,63 €

36.363,63 €

133.333,31 €

Total CIM (UVIGO)

266.666,67 €

400.000,00 €

400.000,00 €

400.000,00 €

1.466.666,67 €

Feder (S)

2023 00075

Feder 60 %

CINTECX (UVIGO)

63.949,84 €

95.924,77 €

95.924,77 €

95.924,77 €

351.724,15 €

FCA 40 %

42.633,23 €

63.949,84 €

63.949,84 €

63.949,84 €

234.482,75 €

Fondo propio (N)

2016 00129

Fondo propio (N)

10.658,31 €

15.987,46 €

15.987,46 €

15.987,46 €

58.620,69 €

Total CINTECX (UVIGO)

117.241,38 €

175.862,07 €

175.862,07 €

175.862,07 €

644.827,59 €

Feder (S)

2023 00075

Feder 60 %

ECOBAS (UVIGO)

40.125,39 €

60.188,09 €

60.188,09 €

60.188,09 €

220.689,66 €

FCA 40 %

26.750,26 €

40.125,39 €

40.125,39 €

40.125,39 €

147.126,43 €

Fondo propio (N)

2016 00129

Fondo propio (N)

6.687,57 €

10.031,35 €

10.031,35 €

10.031,35 €

36.781,62 €

Total ECOBAS (UVIGO)

73.563,22 €

110.344,83 €

110.344,83 €

110.344,83 €

404.597,71 €

Total UVIGO

1.110.804,61 €

1.666.206,90 €

1.666.206,90 €

1.666.206,90 €

6.109.425,31 €

Terceiro. Aqueles centros de investigación que obtivesen unha cualificación B-(transitoria) terán que someterse a unha avaliación intermedia do rendemento antes do 1 de decembro de 2025, e será preciso obter unha cualificación positiva nesta fase para continuar percibindo o mesmo importe da axuda nas anualidades 2026 e 2027. Para este fin, a Secretaría Xeral de Universidades poderá emitir instrucións para unha mellor definición deste procedemento, se o considera oportuno. Na avaliación teranse en conta, entre outros criterios, os indicadores que figuran na memoria descritiva da solicitude. De non superar esta avaliación, aplicarase o establecido no artigo 19 da orde de convocatoria.

Cuarto. Establecer as condicións da subvención que se especifican nos anexos I, II e III desta resolución.

Quinto. O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde da convocatoria e nesta resolución suporá a perda do dereito a percibir a axuda correspondente.

Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución do Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 29 de xullo de 2022)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional

ANEXO I

Condicións técnicas da axuda

Primeira. Os centros de investigación seleccionados como centros CIGUS recibirán a acreditación da excelencia de centros de investigación do SUG e o recoñecemento como membros da Rede CIGUS. Esta acreditación estará vixente, como máximo, durante o tempo de duración da axuda e sempre que se cumpran as condicións do programa.

A acreditación será nominativa para cada un dos centros, sen que alcance o conxunto da entidade a que pertence.

Segunda. Os centros de investigación seleccionados como centros colaborativos percibirán as correspondentes axudas durante o tempo máximo de duración destas e sempre que se cumpran as condicións do programa.

Terceira. Poderá producirse a perda da acreditación nos seguintes casos:

1. A finalización anticipada do período de execución da axuda como consecuencia da concorrencia dalgunha das causas de reintegro total previstas nesta orde ou na lexislación vixente, ou por renuncia voluntaria da entidade beneficiaria.

2. No caso de que se detecte un incumprimento total dos obxectivos ou da actividade para a que se concedeu a axuda a través dos procedementos de seguimento e comprobación da xustificación.

3. A substitución da persoa que exerce a dirección do centro sen contar con resolución expresa aprobatoria da Secretaría Xeral de Universidades, así como a vacante da dirección durante un período superior a un ano.

4. Unha perda de masa crítica (especialmente dos/as investigadores/as garantes) que, de acordo cos procedementos de avaliación e mecanismos de control e seguimento establecidos nesta orde, imposibilitase a correcta execución do proxecto estratéxico de investigación.

5. A escisión do centro acreditado.

6. Cambios na configuración do centro que non fosen autorizados mediante resolución da Secretaría Xeral de Universidades, especialmente se incumpren o especificado no artigo 4.4 das bases reguladoras das axudas ou alteran o certificado pola universidade, conforme o artigo 8.7 desas bases.

Cuarta. As entidades beneficiarias asumen as seguintes obrigas:

1. Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención, e acreditalo ante o órgano concedente, así como o cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión ou documento en que se establecen as condicións de axuda.

2. Adaptar os consellos reitores dos centros, en casos nos que sexa necesario, para que nestes órganos colexiados figure con voz e voto unha persoa, cando menos, en representación da Secretaría Xeral de Universidades. Establécese un período máximo dun ano para que a incorporación sexa efectiva.

3. Adaptar a composición e reforzar o funcionamento dos comités asesores externos (SAB) aos estándares internacionais.

4. Manter a persoa que exerce a dirección científica do centro de investigación durante o período da axuda. Se por causa xustificada esta persoa tivese que ser substituída, comunicarase á Secretaría Xeral de Universidades quen, á vista dos informes preceptivos do SAB do centro e o comité de avaliación externo, resolverá ao respecto.

5. Empregar a normativa de imaxe que estea vixente para este tipo de centros durante o período da axuda e participar nos actos de comunicación impulsados pola Secretaría Xeral de Universidades co obxecto de dar difusión ás actividades subvencionadas ao abeiro desta convocatoria.

6. Cumprir a normativa aplicable en materia de accesibilidade das persoas con discapacidade.

7. Facilitar á Administración, despois de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento dos deberes previstos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

8. Comunicarlle á consellería, para a súa aprobación se procede, as modificacións dos proxectos estratéxicos que se rexerán polo disposto no artigo 18 das bases reguladoras das axudas.

9. Comunicarlle á consellería a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

10. Solicitarlle á consellería autorización para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas que estean suxeitas á autorización previa. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

11. Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Feder, segundo o establecido no anexo I destas bases, durante o período de mantemento da axuda.

12. A entidade beneficiaria deberá informar sobre o nivel de logro dos indicadores de realización e, de ser preciso, dun indicador de resultado ao mesmo tempo que xustifica os gastos.

13. Comprometerse a evitar os impactos negativos significativos no ambiente na execución das actuacións, respectando o principio de «Non causar prexuízo significativo» (principio Do no significant harm-DNSH), no sentido establecido no artigo 9.4 do RDC. En atención ao considerando 10 do citado RDC, o principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente debe interpretarse no senso do artigo 17 do Regulamento (UE) 2020/852, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, que fixa os obxectivos ambientais que se deben protexer:

1) Mitigación do cambio climático.

2) Adaptación ao cambio climático.

3) Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.

4) Transición cara a unha economía circular.

5) Prevención e control da contaminación.

6) Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas.

14. Facilitar cantos datos resulten necesarios para a valoración do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros mecanismos, en particular as enquisas do INE, relacionados coa medición da I+D+i. Os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán estar consignados á Comunidade Autónoma de Galicia. No marco de seguimento e avaliación da RIS3 Galicia, desenvolverase un seguimento específico das axudas concedidas. Este seguimento estará baseado na recompilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias. Para tales efectos, durante a execución e ao finalizar a axuda (expost), os beneficiarios deberán proporcionar información relativa a unha serie de indicadores, entre os que se incluirán indicadores xerais e específicos de I+D+i.

15. Calquera outro deber imposto de maneira expresa ás entidades beneficiarias na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

ANEXO II

Condicións económicas particulares da axuda

Primeira. Estas axudas están cofinanciadas nun 60 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, ámbito de intervención TI0012. Actividades de investigación e innovación en centros públicos de investigación, no ensino superior e nos centros de competencias, incluída a creación de redes (investigación industrial, desenvolvemento experimental, estudos de viabilidade); actuación 1.1.06. Apoio a centros de investigación excelente (CIE) do Sistema universitario de Galicia; obxectivo específico 1.1: o desenvolvemento e a mellora das capacidades de investigación e innovación e a implantación de tecnoloxías avanzadas; obxectivo político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.

As axudas están sometidas ao disposto no Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo Plus, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo de Transición Xusta e ao Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, así como as normas financeiras para os ditos fondos e para o Fondo de Asilo, Migración e Integración, o Fondo de Seguridade Interior e o Instrumento de apoio financeiro á xestión de fronteiras e á política de visados, e no Regulamento (UE) nº 2021/1058 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021, relativo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e ao Fondo de Cohesión, así como á normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

O organismo intermedio baixo cuxa xestión está o beneficiario do proxecto é a Dirección Xeral de Política de Cohesión e Fondos Europeos da Consellería de Facenda e Administración Pública.

O organismo en cuxa senda financeira está enmarcado o proxecto é a Xunta de Galicia.

O organismo que selecciona esta operación e expide a DECA é a Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Esta resolución é coherente coa normativa comunitaria e coas directrices elaboradas pola Comisión Europea sobre as opcións de custos simplificados, que teñen por obxecto a simplificación da xestión administrativa e das obrigas de xustificación impostas ás entidades beneficiarias e a redución da posibilidade de erro e carga administrativa aos promotores do proxecto. En aplicación dos artigos 53 e 54 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 e normas número 5 e 13 da Orde HFP/1414/2023, do 27 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, e segundo o previsto no artigo 20 das bases reguladoras das axudas, na xustificación do gasto distínguese entre custos directos, que se xustificarán polos seus custos reais mediante documentos xustificativos de gastos e pagamentos, e custos indirectos. Estes últimos estarán suxeitos ao réxime de custos simplificados, e financiarase a un tipo fixo do 15 % dos custos directos de persoal subvencionables.

Segunda. Aos gastos subvencionables Feder, artigo 6.a) da orde de convocatoria, seralles de aplicación o previsto na Orde HPF/1414/2023, do 27 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública.

Terceira. Dado que as universidades beneficiarias teñen a condición de poder adxudicador, de acordo co disposto no artigo 3.3.d) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberanse someter á disciplina de contratación pública para adquirir os bens ou servizos subvencionables.

Cuarta. As universidades beneficiarias destas axudas deberán aceptar a subvención concedida no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, coas condicións específicas que recolle a orde da convocatoria e esta resolución.

A aceptación da axuda implicará as seguintes obrigas:

a) Presentar, no mes seguinte á concesión da subvención, unha reelaboración do proxecto estratéxico e o seu orzamento para adaptalos á contía da axuda recibida, que deberá axustarse en todo caso aos importes percibidos segundo a resolución de concesión, respectando a cantidade concedida con cargo a fondos Feder e a fondos propios da Comunidade Autónoma, en que se detallen e axusten as diferentes partidas de gasto para unha adecuada execución da axuda concedida, de acordo cos dereitos e as obrigas fixados na orde reguladora e na resolución de concesión, se é o caso.

b) Aceptar a súa inclusión na lista de operacións, onde figurarán os nomes dos beneficiarios, as operacións, a cantidade de fondos públicos asignada, que se publicará co contido previsto no artigo 49 do Regulamento (UE) nº 2021/1060, así como na Base de datos nacional de subvencións.

c) A declaración de que a entidade beneficiaria ten capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para cumprir as condicións que se establecen na convocatoria.

d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os conceptos financiados con fondos Feder, durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario.

e) Introducir os datos e documentos de que sexa responsable, así como todas as posibles actualizacións no sistema de intercambio electrónico de datos, de acordo coas especificacións determinadas nesta convocatoria en cumprimento do artigo 69.8 e do anexo XIV do RDC, así como da normativa que a autoridade de xestión poida ditar para o efecto.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, ás auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario.

A documentación xustificativa relativa aos gastos financiados que deberá conservar é a seguinte:

1º. Un resumo de execución económica en que conste o concepto de gasto, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por tipoloxía de gastos.

2º. Documentación xustificativa do gasto: copia dos documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas dos provedores ou documentos de valor probatorio equivalente, con validez no tráfico xurídico mercantil ou eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 48 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento da citada lei. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado e incluír os datos da universidade beneficiaria; do contrario, non se considerará subvencionable.

3º. Documentación xustificativa do pagamento: copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, sempre que conten co selo do banco, CSV ou outro método que garanta a verificabilidade da autenticidade do documento. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor.

Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número e a satisfacción do importe total da factura (IVE incluído), así como o concepto suficientemente descritivo a que se refiren. No caso de que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento.

No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, achegarase unha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas devanditas facturas. No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas á actividade subvencionada, será necesario achegar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da empresa selada polo banco coa relación detallada das facturas.

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados mediante recibos do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

4º. No caso de investimentos en activos intanxibles, deberá realizarse unha acta de conformidade que acredite a comprobación material do investimento.

5º. Para a xustificación do custo de persoal deberá conservarse a seguinte documentación:

– Certificación dos custos de persoal emitida polo responsable da entidade, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ás actividades, que deberá incluír os seguintes datos: DNI ou NIE, nome, apelidos, posto na entidade, porcentaxe de dedicación de cada traballador ou traballadora ás actividades financiadas, retribución bruta e líquida mensual total, retribución bruta e líquida segundo a dedicación de cada traballador ou traballadora ás actividades financiadas, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á entidade, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado (retribucións e Seguridade Social), segundo a dedicación de cada traballador ou traballadora ás actividades financiadas.

– Xustificación da comunicación por escrito ao traballador ou traballadora de que parte do seu salario está cofinanciado con fondos Feder, seguindo as instrucións de información e publicidade da Secretaría Xeral de Universidades.

– Declaración asinada polo/a responsable da entidade cos importes mensuais de retencións do IRPF dos traballadores e traballadoras dedicados ás actividades, acompañada dos modelos 111 e dos seus correspondentes xustificantes bancarios.

– Copia das nóminas do persoal dedicado ás actividades e copia dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores, así como as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a lista da orde de transferencia en que se detallen os distintos traballadores e traballadoras incluídos, que deberá estar selada pola entidade bancaria.

– Boletíns de cotización á Seguridade Social e os seus xustificantes de pagamento.

– Informe de vida laboral emitido pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social para cada un dos traballadores e traballadoras.

– No caso de persoal de nova contratación deberá achegarse copia do contrato de traballo en que poida verificarse a contratación para o desenvolvemento das actividades subvencionadas.

6º. Dado que as universidades beneficiarias teñen a condición de Administración pública de acordo co disposto no artigo 3.2.a) da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberanse someter á disciplina de contratación pública para adquirir os bens ou servizos subvencionables e deberán remitir a certificación expedida pola persoa responsable do control de legalidade da Universidade, en que se faga constar que se respectou o procedemento de contratación pública conforme a Lei 9/2017, de contratos do sector público.

7º. Declaración asinada polo/a representante legal da entidade en que se detalle o cadro de amortización de cada equipamento incluído no seu orzamento, calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como un informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso, esta documentación deberá acompañarse dos estados contables da entidade e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e pagamento da compra. A consellería poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo en calquera momento aos documentos contables da entidade.

8º. No caso de subcontratacións deberá disporse da seguinte documentación:

– Orixinal ou copia compulsada da factura emitida pola entidade subcontratada en que se especifique claramente o título das actividades financiadas.

– Xustificantes de pagamento da/das factura/s da subcontratación.

– Memoria realizada polo subcontratista das súas actividades no centro de investigación.

9º. Certificación dos custos de viaxe emitida polo/a responsable da entidade, en que consten o DNI e nome da persoa que realiza a viaxe, o lugar de destino, as datas e o motivo da viaxe en relación coas actividades desenvolvidas polo centro. Os custos da viaxe estarán desagregados por conceptos de gasto: transporte (avión, taxi, autobús, coche particular…), aloxamento (nº de noites) e mantemento (por días). Esta certificación deberá estar acompañada das correspondentes facturas e xustificantes de pagamento, así como da copia dos billetes/tarxetas de embarque do medio utilizado.

10º. Calquera outra documentación xustificativa relativa aos gastos financiados.

g) Xustificar ante a consellería, de acordo co previsto nestas bases de convocatoria e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e desfrute da subvención.

h) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

i) Cumprir todas as actividades a que se comprometeron dentro do desenvolvemento do proxecto e que consten na memoria de solicitude da axuda, e de acordo cos requisitos e as condicións establecidos na orde de convocatoria destas axudas.

Quinta. A subvención será librada á universidade solicitante a que pertenza o centro de investigación, conforme a resolución de concesión e de acordo coa normativa vixente. No caso dos centros de investigación interuniversitarios, entenderase referido á universidade nomeada como representante única.

As axudas terán como data de inicio a da entrada en vigor da nova acreditación en excelencia ou da consideración de centro de investigación colaborativo, e como data límite de finalización o 30 de novembro de 2027, polo que se admitirán gastos e pagamentos dese período, de acordo co establecido no artigo 6 da Orde do 24 de outubro de 2023.

A Secretaría Xeral de Universidades poderá ditar instrucións específicas co fin de aclarar a elixibilidade dos gastos.

Para proceder ao libramento dos fondos nas anualidades de 2024, 2025, 2026 e 2027 será necesario que a entidade beneficiaria achegue a seguinte documentación:

a) Na anualidade 2024, a adaptación do proxecto estratéxico e do orzamento á contía da axuda recibida no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión no DOG.

b) Con data límite do 30 de novembro de cada anualidade 2024, 2025, 2026 e 2027:

b.1) Certificación expresiva da realización do gasto e do pagamento da Intervención ou do órgano que teña atribuídas as facultades de control da toma de razón en contabilidade e do cumprimento da finalidade para a que foi concedida, de acordo co artigo 27 da Lei 12/2014, do 30 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

b.2) Memoria explicativa do logro dos obxectivos do proxecto estratéxico de investigación. Esta memoria explicativa irá asinada polo/a director/a científico/a correspondente.

b.3) Certificación das variacións na composición do centro durante a anualidade que se xustifica.

b.4) Informe dun/dunha auditor/a inscrito/a como exercente no Rexistro Oficial de Auditores/as de Contas, que deberá manifestarse sobre os conceptos, período de realización e pagamento dos gastos presentados nesa anualidade. O informe de auditoría axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, pola que se aproba a norma de actuación dos/das auditores/as de contas na realización dos traballos de revisión das contas xustificativas de subvencións.

b.5) Xustificantes de gasto e dos pagamentos realizados, de acordo co artigo 28.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O órgano xestor poderá realizar verificacións sobre unha mostra aleatoria desta documentación.

b.6) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou dos seus organismos, entes ou sociedades e de que o importe das axudas concedidas, illadamente ou en concordancia con outras, non supera o custo da actividade subvencionada.

b.7) Certificación da universidade solicitante de todo o persoal investigador que traballa no centro de investigación apoiado nesta convocatoria: relación nominal de persoal (con indicación de funcionario, laboral indefinido ou contratado), incluído DNI ou NIE; categoría/nivel profesional; duración do contrato ou adscrición: data inicio e fin (de ser o caso); centro de traballo concreto para cada persoa contratada e horas dedicadas ao proxecto estratéxico financiado a través desta convocatoria. Deberá entregarse folla de cálculo en formato editable e pdf asinado pola universidade.

b.8) Memoria explicativa do plan de comunicación executado na anualidade para cumprir os requirimentos de comunicación establecidos no anexo I da orde de convocatoria. Esta memoria explicativa irá asinada polo/a director/a científico/a correspondente.

b.9) Para cada unha das actividades subcontratadas, declaración responsable da entidade subcontratada sobre o cumprimento do principio DNSH, segundo o formato do anexo III da orde de convocatoria.

b.10) Certificación expedida pola persoa responsable do control de legalidade da Universidade, en que se faga constar que se respectou o procedemento de contratación pública conforme a Lei 9/2017, de contratos do sector público.

No suposto de que a entidade solicitante se opoña á consulta por parte do órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, deberá achegar a documentación acreditativa de estar ao día nas súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración da Comunidade Autónoma.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen a ter presentado perante o órgano administrativo competente, este requirirá a entidade beneficiaria para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento parcial ou total da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Poderán realizarse pagamentos anticipados que supoñan entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención e ata un máximo do 50 % da subvención concedida para cada anualidade. A concesión do anticipo realizarase mediante resolución motivada, logo de solicitude debidamente xustificada da entidade beneficiaria, que deberá realizarse nos tres primeiros meses de cada anualidade, salvo no ano 2024, en que poderá realizarse ata o 30 de xuño desa anualidade.

Poderán realizarse pagamentos parciais á conta da liquidación final nas condicións establecidas na normativa vixente que, xunto cos pagamentos anticipados, en ningún caso poderán superar o 100 % da axuda concedida.

Nas anualidades de 2024, 2025 e 2026 os investimentos e pagamentos que se efectúen desde o 1 de decembro da anualidade corrente poderán presentarse como xustificante da anualidade seguinte para o cobramento, agás o previsto no número 2 deste artigo. Nas anualidades de 2024, 2025 e 2026, no caso dos custos de contratación de persoal investigador ou auxiliar, os pagamentos das nóminas, Seguridade Social e IRPF dos meses de outubro e novembro de cada anualidade poderán presentarse como xustificantes para o cobramento da anualidade seguinte.

Considérase gasto realizado aquel que efectivamente se pagase con anterioridade á finalización do prazo de xustificación. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior para axustarse aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou as cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade a data de xustificación.

Sexta. As entidades beneficiarias destas subvencións someteranse ás actuacións de comprobación e/ou de control financeiro que poidan realizar os distintos órganos de control a nivel autonómico, estatal ou comunitario, en particular ás verificacións previstas no artigo 74 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, ás auditorías do organismo de auditoría do programa operativo ou das distintas instancias comunitarias de control sobre os fondos europeos, achegando canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Para tal fin, garantirase que todos os documentos xustificativos da operación se conserven durante un prazo de cinco anos a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o último pagamento ao beneficiario (artigo 82 do citado Regulamento da UE).

A aceptación da axuda implica aceptar a obriga de aplicar medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicarlle ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto
https://www.igae.pap.hacienda.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/denan.aspx

A detección de irregularidades que poidan implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente, xunto cos correspondentes xuros de mora e as irregularidades detectadas no gasto xustificado do beneficiario, reducirá a axuda Feder da operación.

ANEXO III

Condicións de publicidade e imaxe da axuda e de comunicación
do financiamento público

Primeira Os centros de investigación destinatarios das axudas deberán dar publicidade do financiamento público durante o seu período de vixencia.

Segunda. As entidades beneficiarias destas axudas, ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no artigo 50 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, durante o período de mantemento do investimento, recoñecerán a axuda dos Fondos Europeos, a través do Feder, e para iso:

a) No seu sitio web oficial, cando o dito sitio web exista, e nas súas contas nas redes sociais fará unha breve descrición da operación, de xeito proporcionado en relación co nivel de axuda, cos seus obxectivos e resultados, destacando a axuda financeira da Unión Europea.

b) Nos documentos e materiais de comunicación destinados ao público e relacionados coa execución da actuación, proporcionará unha declaración que destaque a axuda da Unión Europea de xeito visible.

c) Exhibirán nun lugar ben visible para o público polo menos un cartel de tamaño mínimo A3 ou unha pantalla electrónica equivalente con información sobre a actuación onde se destaque a axuda dos fondos europeos, segundo o modelo publicado na ligazón
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41296

d) Para operacións que consistan na realización de investimentos físicos e/ou compra de equipamentos de máis de 500.000,00 € de custo total, en lugar do previsto na letra c), o beneficiario, tan pronto como comecen e durante toda a súa execución, colocará un cartel temporal ou valo publicitario resistente nun lugar ben visible para o público. Ademais, no prazo de tres (3) meses desde a finalización da execución física, colocará un cartel ou placa permanente nun lugar ben visible para o público, segundo o modelo publicado na ligazón https://www.edu.xunta.gal/portal/node/41296

Cando varias actuacións teñan lugar na mesma localización só será preciso colocar un cartel.

Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da consellería e a frase «Subvencionado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional», así como «cofinanciado pola UE».

Ademais, daráselles publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipamentos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea.

e) No caso de persoal de nova contratación, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento Feder no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 (obxectivo específico 1.1: desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas), ao nome do centro de investigación e á presente convocatoria.

Para o resto de persoal dedicado ás actividades do centro de investigación, a entidade beneficiaria deberá comunicar por escrito ao traballador ou traballadora que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder nos mesmos termos, e incluirá unha mención expresa ao nome do centro de investigación, á presente convocatoria e á porcentaxe de imputación do seu tempo ás actividades subvencionadas pola presente convocatoria.

Durante o período de obriga de conservar a documentación deberá conservar, perfectamente en formato dixital, unha copia de todos os materiais de comunicación e publicidade que elabore no marco da actuación. Este material deberase poñer á disposición do organismo intermedio ou das institucións da Unión Europea se así o solicitan.

Respectaranse en todo caso as directrices contidas no documento sobre o uso do emblema europeo (https://commission.europa.eu/system/files/2021-05/eu-emblem-rules_es.pdf) e as características técnicas descritas no anexo IX do Regulamento (UE) nº 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello.