DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 2024 Páx. 26696

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2024 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba a modificación das relacións de postos de traballo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta modificación da relación de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia xustifícase dentro do actual contexto de funcionarización de postos de traballo de categorías profesionais de persoal laboral en postos de persoal funcionario de corpos, escalas e especialidades conforme o Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único do persoal laboral da Xunta de Galicia, modificado polas ordes do 10 de marzo de 2021 e do 27 de novembro de 2023 da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG número 61, do 31 de marzo de 2021, e número 231, do 5 de decembro de 2023), con corrección de erros no DOG número 50, do 11 de marzo de 2024.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda e Administración Pública, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de abril de 2024, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo de funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia no corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial (grupo B), no corpo administrativo da Administración xeral (subgrupo C1) e no corpo auxiliar da Administración xeral (subgrupo C2), pertencentes á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 29 de abril de 2024, relativo á aprobación da modificación das relacións de postos de traballo pertencentes á Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020, DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file