DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 30 de abril de 2024 Páx. 26673

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 124/2024, do 29 de abril, polo que se encarga o despacho dos asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Con motivo da ausencia do presidente da Xunta de Galicia, por mor dunha viaxe á República Arxentina, cómpre prover a súa substitución durante o tempo de duración desta.

Polo tanto, no uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e conforme o establecido no Decreto 44/2024, do 14 de abril, polo que se nomean os titulares das consellerías da Xunta de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo único

Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á República Arxentina, encárgaselle o despacho dos asuntos da Presidencia, ata o seu regreso, ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.

Santiago de Compostela, vinte e nove de abril de dous mil vinte e catro

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente