DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 25 de abril de 2024 Páx. 26003

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de abril de 2024 polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros e aproveitamentos forestais, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á LAT 132 kV DC SE Ludrio-SE San Cibrao e modificación da entrada na SE Ludrio da LAT 132 kV SC SE Ludrio-SE Meira, nos concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo, que promove Begasa (expediente 2019/25 AT).

En cumprimento do disposto no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de abril de 2024 polo que outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros e aproveitamentos forestais, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á LAT 132 kV DC SE Ludrio-SE San Cibrao e modificación da entrada na SE Ludrio da LAT 132 kV SC SE Ludrio-SE Meira, nos concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo (Lugo), que promove Begasa (expediente 2019/25 AT), que se recolle como anexo I desta resolución.

Contra o dito acordo do Consello da Xunta de Galicia, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO I

Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 4 de abril de 2024 polo que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros e aproveitamentos forestais, da infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á LAT 132 kV DC SE Ludrio-SE San Cibrao e modificación da entrada na SE Ludrio da LAT 132 kV SC SE Ludrio-SE Meira, nos concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo (Lugo), que promove Begasa (expediente 2019/25 AT)

Feitos:

1. O 6.5.2019 Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (Begasa); (en diante, a promotora) presentou, ante a Xefatura Territorial de Lugo desta consellería (en diante, Xefatura Territorial), a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada LAT 132 kV DC SE Ludrio-SE San Cibrao e modificación da entrada na SE Ludrio da LAT 132 kV SC SE Ludrio-SE Meira, nos concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo (Lugo), á que se lle asignou o número de expediente IN407A 2019/25 AT. Ao respecto desta solicitude:

• O proxecto de execución presentado denomínase LAT 132 kV DC sub. Ludrio-sub. San Cibrao e modificación da entrada na sub. Ludrio da LAT 132 kV SC sub. Ludrio-sub. Meira.

• A promotora completouna coa solicitude de inicio de avaliación de impacto ambiental simplificada.

Segundo consta na documentación técnica presentada, a infraestrutura eléctrica proxectada ten por obxecto conexionar a nova subestación de Ludrio (400/132/20 kV) coa subestación de San Cibrao, cunha liña eléctrica de 132 kV en dobre circuíto simplex. Ademais, para poder executar esta liña eléctrica, cómpre modificar a entrada na subestación de Ludrio da liña existente de 132 kV en simple circuíto que conecta as subestacións de Ludrio e Meira.

2. O 11.6.2019 a Xefatura Territorial solicitoulle á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático (actualmente, Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático; en diante, órgano ambiental), o inicio da avaliación de impacto ambiental simplificada da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, que pediu aclaración de discrepancias con data 17.7.2019. A este respecto:

• A promotora presentou escrito en que aclara que solicita a tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria e, previamente, a elaboración do documento de alcance.

• O 25.11.2019 a Xefatura Territorial remitiulle ao órgano ambiental esta petición da promotora, coa documentación achegada.

• O 21.7.2020 o órgano ambiental emitiu o documento de alcance para a elaboración por parte dapromotora do estudo de impacto ambiental (EIA), do cal a Xefatura Territorial deu traslado a promotora.

3. O 24.3.2021 a promotora presentou, ante a Xefatura Territorial, a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, para a referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, e achega un proxecto modificado, en substitución do presentado inicialmente.

A modificación do proxecto presentado inicialmente vén motivada polo informe emitido pola Dirección Xeral (DX) de Patrimonio Cultural, dentro do trámite de consultas previas á elaboración do documento de alcance, no cal se exixe a modificación da localización de catro apoios (nº 20, 21, 67 e 68) para non afectar as áreas de protección arqueolóxica da zona, así como proxectar en subterráneo a instalación no cruzamento co Camiño de Santiago e co ámbito do territorio histórico considerado ben de interese cultural (BIC).

Esta solicitude acompañouse, ou completouse posteriormente, coa seguinte documentación técnica:

• Proxecto de execución denominado Modificación do proxecto de LAT 132 kV DC sub. Ludrio-sub. San Cibrao e modificación da entrada na sub. Ludrio da LAT 132 kV sub. Ludrio-sub. Meira.

• Separatas técnicas do proxecto de execución para as entidades afectadas: Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), Deputación Provincial de Lugo, DX de Patrimonio Cultural, DX de Planificación e Ordenación Forestal, Movistar España (Telefónica) e concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo.

• Renuncia á tramitación da separata de AESA (a promotora vai tramitar directamente a súa autorización).

• O EIA.

• Documentación para a expropiación (relación de bens e dereitos afectados (RBDA) e planos coas afeccións).

Segundo consta neste proxecto de execución, a infraestrutura eléctrica proxectada ten as seguintes características principais:

• Liña de alta tensión (LAT) aérea de 132 kV, cunha lonxitude de 17.031 m en condutor LA-280, dobre circuíto con configuración símplex e con cable de comunicacións OPGW 48 F. A súa orixe será no pórtico da subestación de Ludrio e o seu final no pórtico da subestación de San Cibrao. Un dos circuítos desta liña derivarase desde o seu apoio 2 ata o apoio 2 da LAT 132 kV sub. Ludrio-sub. Ceao e con final na subestación de Ludrio, para a conexión destas dúas liñas.

• LAT subterránea con condutor RHZ1 76/132 kV 3 (1×800 mm2), cun tramo en dobre circuíto de 370 m desde o apoio P67 da LAT aérea proxectada e outro tramo en que os dous circuítos, de 55 e 25 m, irán separados ata a posición correspondente da subestación de San Cibrao.

• Modificación da entrada na subestación de Ludrio da LAT 132 kV sub. Ludrio-sub. Meira, con orixe no pórtico de entrada da subestación de Ludrio, unha lonxitude de 237 m en condutor LA-280, simple circuíto con configuración tríplex e cable de comunicacións OPGW 48 F e final no apoio 4 proxectado nesta LAT.

4. O 12.11.2021 a Xefatura Territorial trasladoulle as separatas técnicas do proxecto de execución, para os efectos de obter os seus informes ao respecto, ás seguintes entidades afectadas pola referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica: Confederación Hidrográfica Miño-Sil, AXI, Deputación Provincial de Lugo, DX de Patrimonio Cultural, DX de Planificación e Ordenación forestal, Movistar España (Telefónica) e concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo. A este respecto:

• A seguir relaciónanse as entidades que emitiron, nas datas indicadas, o seu condicionado, do cal se deu traslado a promotora, quen presentou a súa conformidade con eles: Confederación Hidrográfica Miño-Sil (15.2.2022), AXI (24.11.2021), DX de Planificación e Ordenación Forestal (28.12.2021), DX de Patrimonio Cultural (2.5.2022) e Telefónica (25.11.2021).

• A Deputación Provincial de Lugo emitiu informe, en data 19.11.2021, en que indicou que as actuacións proxectadas non afectan as súas estradas, do cal se lle deu traslado á promotora, quen presentou a súa conformidade.

• O resto de entidades (concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo) non contestaron, polo que, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar, se entende a súa conformidade co proxecto, de acordo co disposto no artigo 47.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Simultaneamente, e polo que respecta ao EIA, a Xefatura Territorial solicitou informe ás seguintes entidades: Confederación Hidrográfica Miño-Sil, DX de Planificación e Ordenación Forestal, DX de Patrimonio Cultural, DX de Patrimonio Natural, Instituto de Estudos do Territorio, DX de Saúde Pública, DX de Emerxencias e Interior e concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo.

5. Polo que respecta á concorrencia de utilidades públicas, entre a referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica e dereitos mineiros, o 7.12.2021 a Xefatura Territorial emitiu informe en que se ditamina que procede iniciar o trámite de audiencia previa á declaración da compatibilidade coa autorización de aproveitamento de augas minerais, industriais e de manancial LU/B/02005 Balneario de Lugo da sección B), do titular Balneario de Lugo, e cos permisos de investigación LU/C/05629 San Lucas, LU/C/05635 Ampliación a San Lucas, LU/C/05649 San Javier, todos estes do titular Ingemarga, S.A. A este respecto:

• O 13.1.2022 a Xefatura Territorial concedeulle audiencia ao Balneario de Lugo, quen presentou escrito con data do 10.2.2022 en que facía constar a escasa ou nula incidencia da obra prevista sobre o afloramento de augas mineromedicinais e termais, do cal se lle deu traslado á promotora, quen manifestou con data 28.3.2022 que non ten nada que alegar.

• O 17.1.2022 a Xefatura Territorial concedeulle audiencia a Ingemarga, S.A., que presentou escrito con data 18.2.2022 en que facía constar que non vai presentar ningunha alegación á realización do proxecto, do cal se lle deu traslado á promotora, que manifestou con data do 22.3.2022 que non ten nada que alegar.

• O 26.4.2022 a Xefatura Territorial emitiu informe en que conclúe que non hai interferencias para declarar a compatibilidade entre os ditos dereitos mineiros e a execución da infraestrutura eléctrica proxectada.

6. Polo que respecta á concorrencia de utilidades públicas, entre a referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica e montes, o 18.1.2022 a DX de Planificación e Ordenación Forestal trasladoulle á Xefatura Territorial os tres informes emitidos polo Servizo de Propiedade Forestal de Lugo, dentro do trámite de consultas de separatas e do EIA (informe de avaliación de impacto ambiental do 15.12.2021; informe de situación de predios con respecto a monte veciñal en man común do 28.12.2021, e certificado de aproveitamentos forestais do 11.1.2022). Destes informes despréndese o seguinte:

• As afeccións sobre os seguintes montes veciñais en man común (MVMC): MVMC Amorín e Carqueixeiras; MVMC Arco de Santa María e Penalba; MVMC As Regas, Penas Apertadas, Astrar, Abuín, Pontigo, Cales Vellas e Sande; MVMC Balbón, Amorín e Pedralba; MVMC Granda de Orizón, Bedro do Marco e Granda de Canaval; MVMC Labio; e MVMC Rodela.

• A afección sobre os seguintes convenios coa Administración forestal (xestión pública): Convenio 2715617 Arco de Santa Mariña e Penalba, Convenio 2715055 As Regas e outros, Convenio 2715689 Vedros, Espiñeira e Pena e Convenio 2715593 Balbón, Amorín e Pedralba.

•Emítese informe favorable sempre que a promotora realice un acto de disposición coa comunidade propietaria do MVMC (dos recollidos no título segundo do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de MVMC) e tramite as correspondentes afeccións en xestión pública con base no estipulado na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

En consecuencia, a Xefatura Territorial realizou os trámites previstos no artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. A este respecto:

• O 15.7.2022 a Xefatura Territorial solicitoulle ao Servizo de Propiedade Forestal de Lugo os datos dos MVMC afectados, que contestou o 22.7.2022.

• O 27.7.2022 a Xefatura Territorial concedeulle audiencia aos seguintes MVMC afectados: MVMC Amorín e Carqueixeiras; MVMC Arco de Santa María e Penalba; MVMC As Regas, Penas Apertadas, Astrar, Abuín, Pontigo, Cales Vellas e Sande; MVMC Balbón, Amorín e Pedralba; MVMC Granda de Orizón, Bedro do Marco e Granda de Canaval; MVMC Labio; e MVMC Rodela.

• Dos escritos dos MVMC que contestaron (MVMC As Regas, Penas Apertadas, Astrar, Abuín, Cales Vellas e Sande; e MVMC Rodela), a Xefatura Territorial deulle traslado a promotora, quen presentou a súa contestación a estes.

• O 25.4.2022 a Xefatura Territorial solicitou á DX de Planificación e Ordenación Forestal informe sobre a compatibilidade da infraestrutura eléctrica proxectada e os MVMC afectados.

• O 15.5.2023 a DX de Planificación e Ordenación Forestal remitiulle á Xefatura Territorial o informe do Servizo de Propiedade Forestal, do 12.5.2023, no cal se emite informe favorable sobre a compatibilidade da infraestrutura eléctrica proxectada e os MVMC afectados.

7. O 12.11.2021 a Xefatura Territorial ditou acordo polo que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción e o estudo de impacto ambiental do proxecto Modificado da LAT 132 kV DC sub. Ludrio-sub. San Cibrao e modificación da entrada na sub. Ludrio da LAT 132 kV SC sub. Ludrio-sub. Meira.

Este acordo publicouse no DOG (30.11.2021) e no xornal El Progreso (30.11.2021) e, así mesmo, estivo exposto, xunto coa documentación sometida a información pública, nos concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo , así como no portal de transparencia desta consellería.

Durante o período de información pública presentáronse varios escritos de alegacións, dos cales se deu traslado á promotora, quen presentou a súa contestación a eles. A continuación relaciónanse as persoas alegantes, recollendo un resumo do contido dos seus escritos de alegacións:

a) Luis Casar Souto (en representación de Transcalopa, S.L.), no seu escrito de alegacións presentado o 20.12.2021, fai constar que o predio nº 82 do proxecto non é da súa propiedade.

b) Rodrigo Otero Gómez, no seu escrito de alegacións presentado o 22.1.2022, reclama a titularidade do predio nº 85 do proxecto, e achega escritura de compravenda.

c) Santiago Vázquez García no seu escrito de alegacións presentado o 2.1.2022, na súa condición de titular do predio nº 126 do proxecto, manifesta oposición á súa ocupación-expropiación porque parte o predio en dúas metades, o que lle ocasiona un prexuízo económico; ademais, di que na RBDA figura como cultivo matogueira cando en realidade está totalmente cultivada de uso madeirable, e solicita o desvío da liña polo límite do predio aproximadamente 40 m cara ao oeste.

d) José Ferreiro Mouriz, no seu escrito de alegacións presentado o 18.1.2022, na súa condición de titular do predio nº 118 do proxecto, advirte da existencia dun erro na RBDA en relación cos predios nº 116 e 118 e solicita a súa corrección; acompaña título de propiedade do seu predio (nº 118) en que figura que a súa superficie é de 46.226 m2 e non de 41.493 m2, tal como figura no catastro, polo que o apoio nº 50 estaría dentro do seu predio e non do predio nº 116, como figura na RBDA.

e) José Domínguez López, no seu escrito de alegacións presentado o 28.1.2022, na súa condición de titular do predio nº 106, recolle as seguintes alegacións/pretensións: solicita que se anule a declaración de utilidade pública ao tratarse dun proxecto de iniciativa privada para fins comerciais e non ten, polo tanto, utilidade pública. Considera que o proxecto é inviable desde o punto de vista ambiental, que a súa execución suporía un grave impacto sobre especies e hábitats, considerando que a valoración do impacto incluída no EIA non se corresponde coa valoración do impacto real, e solicita ademais, que se considere como o trazado máis axeitado o recollido na primeira alternativa incluída no EIA (en lugar da alternativa terceira finalmente seleccionada). Di que a súa parcela se verá gravada pola servidume aérea incrementada coa faixa de seguridade (a liña á atravesa en diagonal) máis o apoio 44, que provocarán limitacións importantes na súa explotación forestal (plantada actualmente con eucaliptos), polo que resultará antieconómica a continuación desta explotación forestal; ante esta situación, oponse a que os apoios e a liña ocupen o seu predio ou, en todo caso, que vaian polo lindeiro da parcela coa situada máis ao leste ou, no caso contrario, que se lle expropie a totalidade da parcela por resultar antieconómica a súa explotación forestal. Di que do mantemento do terreo afectado pola servidume de voo e da faixa de seguridade se deberá ocupar a promotora da liña; e solicita a cuantificación das árbores afectadas e o seu valor, cando e quen fará a súa corta, qué se fará coa madeira, e se a indemnización incluirá o lucro cesante.

f) Carlos Tejerina Pérez (en representación de Labio Vilariño, S.L.), no seu escrito de alegacións presentado o 24.2.2022, na súa condición de titular dos predios nº 108 e nº 111 do proxecto, recolle as seguintes alegacións/pretensións. Solicita que se anule a declaración de utilidade pública ao tratarse dun proxecto de iniciativa privada para fins comerciais e non ten, polo tanto, utilidade pública. Considera que o proxecto é inviable desde o punto de vista ambiental, que a súa execución suporía un grave impacto sobre especies e hábitats, considerando que a valoración do impacto incluída no EIA non se corresponde coa valoración do impacto real, solicite, ademais, que se considere como o trazado máis axeitado o recollido na primeira alternativa incluída no EIA (en lugar da alternativa terceira finalmente seleccionada). Di que o tipo de cultivo que figura na RBDA non é correcto, xa que deberá figurar como explotación forestal (plantada actualmente con eucaliptos). Di que as súas parcelas se verán gravadas pola servidume aérea incrementada coa faixa de seguridade (a liña atravesas en diagonal) máis os apoios 46 e 47, que provocarán limitacións importantes na súa explotación forestal (plantada actualmente con eucaliptos), polo que se resultará antieconómica a continuación desta explotación forestal; ante esta situación, oponse a que os apoios e a liña ocupen o seu predio ou, en todo caso, que vaian polo lindeiro sur-leste da parcela ou, en caso contrario, que se lle expropie a totalidade da parcela por resultar antieconómica a súa explotación forestal. Di que do mantemento do terreo afectado pola servidume de voo e da faixa de seguridade se deberá ocupar a promotora da liña, e solicita a cuantificación das árbores afectados e o seu valor, cando e quen fará a súa corta, que se fará coa madeira e se a indemnización incluirá o lucro cesante.

8. Con datas do 23.9.2022 e 28.9.2022 a promotora presentou, ante a Xefatura Territorial, unha nova documentación técnica, como consecuencia de adaptacións derivadas dos condicionados dos informes sectoriais e das alegacións dos afectados, conformada por:

• Declaración responsable en que se relaciona a documentación técnica que non sufriu modificación (separatas: Confederación Hidrográfica Miño-Sil, AXI, Deputación Provincial de Lugo, Movistar e concellos de Castro de Rei e Pol) e a que sufriu modificación e volve a presentar (baixo a epígrafe «Revisión 1»).

• Proxecto de execución denominado Modificado da LAT 132 kV DC sub. Ludrio-sub. San Cibrao e modificación da entrada na sub. Ludrio da LAT 132 kV SC sub. Ludrio-sub. Meira (revisión 1), asinado o 19.7.2022 polo enxeñeiro industrial Jorge Sanz Varea (colexiado nº 2.803 do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (COEIG) e visado por este colexio, con nº 20222779 e data 16.9.2022 e, no cal figura un orzamento total de 3.267.481,70 euros.

• Declaración responsable asinada o 19.7.2022 polo técnico proxectista (incluída no proxecto), exixida no artigo 53.1.b) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Separatas técnicas do proxecto de execución (revisión 1) para as entidades afectadas: DX de Patrimonio Cultural, DX de Planificación e Ordenación Forestal e Concello de Lugo.

• Refundido do EIA da LAT 132 kV DC sub. Ludrio-sub. San Cibrao e modificación da entrada na sub. Ludrio da LAT 132 kV SC sub. Ludrio-sub. Meira (revisión 1), datado en setembro de 2022.

• Documentación para a expropiación (RBDA actualizada con indicación dos acordos acadados cos propietarios e planos coas afeccións), datado en xullo de 2022.

Segundo consta neste novo proxecto de execución (revisión 1), o apoio nº 37 desprazouse fóra da contorna de protección do xacemento arqueolóxico Monte Castelo, para dar cumprimento ao informe da DX de Patrimonio Cultural.

9. Polo que respecta á tramitación ambiental da referida modificación (revisión 1), o 17.10.2022 a Xefatura Territorial deu traslado desta ao órgano ambiental (proxecto de execución e EIA), solicitoulle que valorasen e indicasen se a modificación introducida supón efectos significativos distintos dos previstos orixinalmente, sen que na data de hoxe conste a súa resposta.

10. O 19.4.2023 a Xefatura Territorial trasladou as novas separatas técnicas (revisión 1), para os efectos de obter os seus informes ao respecto, ás seguintes entidades afectadas pola referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica: DX de Patrimonio Cultural, DX de Planificación e Ordenación Forestal e Concello de Lugo. A este respecto:

• A continuación relaciónanse as entidades que emitiron, nas datas indicadas, o seu condicionado, do cal se deu traslado a promotora, quen presentou a súa conformidade con eles: DX de Planificación e Ordenación Forestal (12.5.2023).

• O resto de entidades (DX de Patrimonio Cultural e Concello de Lugo) non contestaron, polo que, sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar, se entende a súa conformidade co proxecto, de acordo co disposto no artigo 47.3 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

11. O 5.7.2023 a Xefatura Territorial, logo de rematada a instrución do referido expediente e en cumprimento do disposto no artigo 47.5 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, deu traslado deste á DX de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (DXPERN) para os efectos de ditar a oportuna resolución, e incorporou un resumo da tramitación do 5.7.2023 e os seguintes informes, relativos ao proxecto Modificado da LAT 132 kV DC sub. Ludrio-sub. San Cibrao e modificación da entrada na sub. Ludrio da LAT 132 kV SC sub. Ludrio-sub. Meira (revisión 1), emitidos polo seu Servizo de Enerxía e Minas o 30.5.2023:

• Informe relativo á limitación á constitución de servidumes de paso de enerxía eléctrica, en que se conclúe que non se aprecia limitación para a expropiación dos terreos e imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica nas parcelas que se describen na RBDA, conforme o disposto no artigo 58 da Lei 23/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Informe sobre o proxecto de execución, de carácter favorable, para a autorización administrativa previa e de construción.

12. O 17.7.2023 a DXPERN, en cumprimento do disposto no artigo 39 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, deulle traslado ao órgano ambiental do referido expediente para os efectos de formular a declaración de impacto ambiental (DIA).

O órgano ambiental resolveu, con data 19.12.2023, formular a DIA do proxecto Modificado do proxecto da LAT 132 kV DC sub. Ludrio-sub. San Cibrao e modificación da entrada na sub. Ludrio da LAT 132 kV SC sub. Ludrio-sub. Meira, nos concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo e promovido por Begasa (clave 2019/0082), que se fixo pública mediante o Anuncio do 20.12.2023 do órgano ambiental (DOG nº 4, do 5.1.2024).

13. O 20.9.2023 a promotora presentou a documentación actualizada para a expropiación, en que reflectiu os acordos acadados ata ese momento (RBDA e declaración responsable cos acordos acadados cos propietarios afectados).

14. No expediente consta o informe emitido o 19.3.2024 polos servizos técnicos da DXPERN sobre a tramitación das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración da utilidade pública, en concreto, así como da compatibilidade con diversos dereitos mineiros e aproveitamentos forestais da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica.

Consideracións legais e técnicas:

1. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

2. A Consellería de Economía, Industria e Innovación é competente para facer esta proposta, conforme o establecido no Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG nº 113, do 15 de xuño) e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo), e o Consello da Xunta de Galicia é competente para adoptar o acordo proposto, de conformidade co disposto pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, no seu artigo 53, relativo á concorrencia de utilidade ou intereses públicos con MVMC, en cuxa epígrafe 3 dispón que nos casos previstos neste artigo a utilidade pública do proxecto e a eventual compatibilidade ou prevalencia serán declaradas polo Consello da Xunta de Galicia.

3. Á vista dos escritos de alegacións presentados durante o trámite de información pública, das contestacións da promotora a estas alegacións e do resto da documentación que consta no expediente, cómpre manifestar o seguinte:

a) En canto ás alegacións feitas por Luis Casar Souto (en representación de Transcalopa, S.L.), cómpre indicar que se atendeu a súa pretensión de cambio de titularidade, e pasouse a identificar na RBDA como titular do referido predio (nº 82), na súa substitución a unha Comunidade de MVMC.

b) En canto ás alegacións feitas por Rodrigo Otero Gómez, cómpre indicar que a promotora tomou nota da súa pretensión de titularidade sobre o referido predio (nº 85). Non obstante, como esta titularidade consta a nome da Comunidade do MVMC de Orizón, recóllense ambas as titularidades na RBDA, e deberá ser no acto de levantamento de actas previas á ocupación onde se dirima esta discrepancia.

c) En canto ás alegacións feitas por Santiago Vázquez García, débese indicar que non se poden atender as súas pretensións en relación coas afeccións do referido predio (nº 126), con base nas seguintes argumentacións:

• O predio dispón dunha superficie de 65.996 m2 e a superficie de afección é do 16 % (72 m2 para apoio, 9.800 m2 para servidume de voo e 719 m2 para ocupación temporal), polo que a superficie restante (84 %) non queda improdutiva, poderá continuar co uso madeirable.

• A clase de cultivo identificado pola promotora na RBDA foi monte alto con arboredo; non obstante, será no acto de levantamento de actas previas onde se diriman as posibles discrepancias sobre o tipo de cultivo.

• Segundo a promotora, o desprazamento solicitado da liña suporía a variación das afeccións de todas as parcelas sobrevoadas polos vans entre os apoios 52 a 56 (uns 12 predios), coa aparición de novas parcelas non afectadas polo proxecto inicial e o cambio de condicións proxectadas para a liña en canto ao incremento de esforzos nos apoios (52, 54 e 56), o que introducirá sobrecustos na instalación que superan en máis do 15 % o orzamento estimado por proxecto para este tramo de liña.

d) En canto ás alegacións feitas por José Ferreiro Mouriz cómpre indicar que a promotora tomou nota da súa pretensión en relación cos referidos predios (nº 116 e 118). Non obstante, dadas as discrepancias existentes entre a documentación achegada polo alegante e a información existente no catastro (así como a incerteza na delimitación real dos lindeiros entre ambos predios e, polo tanto, na determinación das afeccións que a instalación impón sobre eles), estas deberanse dirimir no acto de levantamento de actas previas á ocupación, onde o alegante deberá achegar unha certificación catastral que corrobore a súa escritura.

e) En canto ás alegacións feitas por José Domínguez López, débese indicar que non se poden atender as súas pretensións en relación coas afeccións do referido predio (nº 106), con base nas seguintes argumentacións:

• O predio dispón dunha superficie de 25.608 m2 e a superficie de afección é do 30 % (59 m2 para apoio, 7.540 m2 para servidume de voo e 36 m2 par ocupación temporal), polo que a superficie restante (70 %) non queda improdutiva, e poderase continuar co uso madeirable.

• Segundo a promotora, o desprazamento solicitado da liña co traslado ao apoio 44 suporía a variación das afeccións de todas as parcelas sobrevoadas polos vans entre os apoios 43 e 56 (uns 30 predios), coa aparición de novas parcelas non afectadas polo proxecto inicial e o cambio de condicións proxectadas para varios apoios, o que introduciría sobrecustos na instalación que superan en máis do 15 % o orzamento estimado por proxecto para este tramo de liña.

f) En canto ás alegacións feitas por Carlos Tejerina Pérez (en representación de Labio Vilariño, S.L.), indicar que non se poden atender as súas pretensións en relación coas afeccións dos referidos predios (nº 108 e nº 111), con base nas seguintes argumentacións:

• O predio nº 108 dispón dunha superficie de 185.638 m2 e a superficie de afección é do 4 % (72 m2 para apoio, 6.751 m2 para servidume de voo e 611 m2 para ocupación temporal) e o predio nº 111 dispón dunha superficie de 69.210 m2 e a superficie de afección é do 2 % (72 m2 para apoio e 1.904 m2 para servidume de voo), polo que a superficie restante en ambos predios (superior ao 95 %) non queda improdutiva, e poderase continuar co uso madeirable.

• Segundo a promotora, levar a liña polos lindes dos seus predios suporía un incremento da lonxitude de máis do 10 % da parte da liña afectada pola variación, así como un incremento de apoios e a aparición de novas afeccións, o que provocaría sobrecustos nas instalacións que superan máis do 10 % do orzamento estimado por proxecto para este tramo de liña.

g) Polo que respecta ás referidas discrepancias (titularidades, tipos cultivo ou datos catastrais) reitérase que será durante o acto de levantamento de actas previas á ocupación, o momento en que se dirimirán coa análise da documentación acreditativa achegada polos interesados, que serán oportunamente convocados para o devandito acto.

h) Polo que respecta ao trazado proxectado da liña eléctrica e das variantes pretendidas, cabe salientar o seguinte:

• Segundo o disposto na epígrafe 1.5.1 (requisitos básicos) da ITC-LAT 07 Liñas aéreas con condutores espidos do Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión (Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09): «[..] as liñas eléctricas aéreas estudaranse seguindo o trazado que considere o autor do proxecto, no seu intento de lograr a solución óptima para o conxunto da instalación, axustándose en todo caso ás prescricións que nesta instrución se establecen [..]».

• No artigo 161.2 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, establécese que a variación do trazado dunha liña eléctrica, co obxecto de levala polos lindeiros dos predios, non se considerará admisible cando o seu custo supere nun 10 % o orzamento da parte da liña afectada pola variante.

• Segundo o informe relativo á limitación á constitución de servidumes de paso de enerxía eléctrica, emitido o 30.5.2023 polo Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial, non se aprecia limitación para a expropiación dos terreos e imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica nas parcelas que se describen na RBDA, conforme o disposto no artigo 58 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

i) Polo que respecta ás alegacións relativas á valoración económica das afeccións ou do seu impacto económico sobre a explotación das parcelas, cómpre indicar que non se toman en consideración por non ser obxecto deste procedemento, senón do expediente expropiatorio na súa fase de determinación do prezo xusto. A valoración económica das afeccións substanciarase nesta fase, para o que se tramitarán as correspondentes pezas separadas do prezo xusto, na cal se determinará a indemnización que corresponda e na cal o afectado poderá presentar a súa folla de valoración en que concretará o valor que considera que lle corresponde polos prexuízos que se lle ocasionen, co fin de que o Xurado de Expropiación de Galicia poida valorar o prezo xusto en cada caso.

j) Polo que respecta ás pretensións formuladas sobre a posibilidade de expropiación total dalgún predio, non se consideran ao non quedar acreditado que a servidume de paso de enerxía eléctrica faga antieconómica a súa explotación, polo que se entende que a superficie restante (non afectada) destes predios non queda improdutiva e pódese continuar coa súa explotación forestal.

k) Polo que respecta ás alegacións relativas á non procedencia da declaración de utilidade pública, en concreto, da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, cómpre indicar que esta vén recollida no artigo 54.1 da Lei 24/2013, do 26 decembro, do sector eléctrico, no cal se establece o seguinte: «Decláranse de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte, distribución de enerxía eléctrica [..], para os efectos de expropiación forzosa de bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio da servidume de paso».

l) Polo que respecta ás alegacións relativas a cuestións de carácter medioambiental, hai que remitirse á DIA formulada polo órgano ambiental, á cal se fai referencia nos feitos e na seguinte consideración legal e técnica.

4. A continuación recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a respecto da DIA da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, formulada polo órgano ambiental o 19.12.2023 (a que se fai referencia nos feitos):

a) O órgano ambiental resolveu: «formular a declaración de impacto ambiental do proxecto Modificado do proxecto de LAT 132 kV DC Sub. Ludrio-sub. San Cibrao e modificación da entrada na sub. de Ludrio da LAT-sub. Meira, nos concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo (Lugo), promovido por Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A., en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e concluiu que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA».

b) Nas epígrafes 4 e 5 desta DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no EIA e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4. Condicións ambientais.

4.1. Condicións particulares.

4.2. Condicións xerais.

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

5.1. Aspectos xerais.

5.2. Aspectos específicos.

5.3. Informes do programa de vixilancia.

5. A respecto da concorrencia de utilidades públicas, entre a referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica e os dereitos mineiros afectados a que se fai referencia nos feitos, o 26.4.2022 a Xefatura Territorial emitiu informe relativo á súa compatibilidade, no cal se recolle, de xeito literal, o seguinte:

«Redáctase o presente informe por petición da xefa do servizo de Enerxía e Minas desta Xefatura Territorial coa finalidade de pronunciarse sobre a compatibilidade ou incompatibilidade do modificado de proxecto da liña eléctrica LAT 132 kV DC sub. Ludrio-sub. San Cibrao e modificación da entrada na sub. de Ludrio da LAT 132 kV SC sub. Ludrio-sub. Meira, coa autorización de aproveitamento de augas minerais, industriais e de manancial LU/B/02005 Balneario de Lugo da sección B), do titular Balneario de Lugo, e os permisos de investigación LU/C/05629 San Lucas, LU/C/05635 ampliación a San Lucas, LU/C/05649 San Javier, todos estes do titular Ingemarga, S.A., dereitos mineiros afectados segundo se recolle no informe emitido por esta Xefatura Territorial con data do 7 de decembro de 2021.

Consideracións:

Unha vez realizado o correspondente trámite de audiencia previa á declaración da compatibilidade nas datas 13 e 17 de xaneiro de 2022, non se manifestou ningún inconveniente á execución do proxecto de referencia, segundo se extrae dos escritos presentados nas datas 9 e 18 de febreiro de 2022 polos titulares afectados.

Conclusións:

Tendo en conta todo o que antecede, e á vista da documentación que forma parte dos correspondentes expedientes administrativos que constan nesta Xefatura Territorial, non hai interferencias para declarar a compatibilidade entre os anteditos dereitos mineiros e a execución da infraestrutura eléctrica de referencia.

6. A respecto da concorrencia de utilidades públicas, entre a referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica e os MVMC afectados a que se fai referencia nos feitos, o 15.5.2023 a DX de Planificación e Ordenación Forestal remitiulle á Xefatura Territorial, como contestación á petición do informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos afectados (exixido no artigo 53.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro), o informe do Servizo de Propiedade Forestal, do 12.5.2023, no cal se recolle, de xeito literal, o seguinte:

«Finalizado o trámite de audiencia e segundo a documentación remitida, con alegacións por parte de dúas das comunidades de montes veciñais en mano común afectadas e visto o informe sectorial emitido por este Servicio do proxecto Modificado do proyecto LAT 132 kV DC sub. Ludrio-sub. San Cibrao de modificación da entrada na sub. de Ludrio da LAT 132 kV SC sub. Ludrio-sub. Meira, emito informe:

Este informe dá resposta á solicitude de informe sobre trámite de compatibilidade do 4.4.2023.

Na documentación remitida a este Servicio de Montes constan as respostas da promotora ás diferentes alegacións presentadas polas CMVMC das Regas, Penas Apertadas, Astrar, Abuín, Pontiso, Cales Vellas e Sande, e CMVMC Rodela.

O artigo 6.1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común de Galicia, establece que os montes veciñais só poderán ser obxecto de expropiación forzosa ou impor servidume por causa de utilidade pública ou interese social prevalente aos propios montes veciñais en man común.

A superficie de afección irá determinada polas superficies ocupadas directamente polos apoios e polas distancias de servidume que operen en cada elemento construtivo, de acordo coa súa normativa específica e, ademais, pola superficie necesaria para o cumprimento da normativa de prevención de incendios relativa ás redes de faixas de xestión da biomasa. Será necesario construír as faixas de biomasa descritas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, arredor das instalacións que almacenen ou transporten enerxía eléctrica de forma aérea e das edificacións e camiños que se constrúan.

En cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, emítese informe favorable sobre a compatibilidade da Modificación do proxecto LAT 132 kV sub. Ludrio-sub. San Cibrao e modificación da entrada na subestación de Ludrio da LAT 132 kV sub. Ludrio-sub. Meira (exp. IN407A 2019/25 AT), sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa, por parte da promotora, durante toda a vida útil desta, nos concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo».

De conformidade con todo o que antecede, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte

ACORDO:

1. Outorgar a autorización administrativa previa para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica correspondente á LAT 132 kV DC SE Ludrio-SE San Cibrao e modificación da entrada na SE Ludrio da LAT 132 kV SC SE Ludrio-SE Meira, nos concellos de Castro de Rei, Pol e Lugo (Lugo), e que promove Begasa.

2. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución da dita infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica titulado Modificado da LAT 132 kV DC sub. Ludrio-sub. San Cibrao e modificación da entrada na sub. Ludrio da LAT 132 kV SC sub. Ludrio-sub. Meira (revisión 1).

3. Declarar a utilidade pública, en concreto, da dita infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, o que leva implícita, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, o que implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Declarar a compatibilidade da dita infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica cos seguintes dereitos mineiros: autorización de aproveitamento de augas minerais, industriais e de manancial LU/B/02005 Balneario de Lugo da sección B), do titular Balneario de Lugo; e permisos de investigación LU/C/05629 San Lucas, LU/C/05635 Ampliación a San Lucas, LU/C/05649 San Javier, do titular Ingemarga, S.A.

5. Declarar a compatibilidade da dita infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica cos aproveitamentos forestais nos seguintes montes veciñais en man común (MVMC) da provincia de Lugo: MVMC Amorín e Carqueixeiras; MVMC Arco de Santa María e Penalba; MVMC As Regas, Penas Apertadas, Astrar, Abuín, Pontigo, Cales Vellas e Sande; MVMC Balbón, Amorín e Pedralba; MVMC Granda de Orizón, Bedro do Marco e Granda de Canaval; MVMC Labio; e MVMC Rodela.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

1. En cumprimento do disposto na DIA da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica e de conformidade co disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, fíxase a contía da fianza en 44.582,04 € (1,75 % do orzamento de execución material (PEE), dos cales 19.106,59 € corresponden á fase de obras (0,75 % do PEE) e 25.475,45 € á fase de desmantelamento e abandono das instalacións (1,00 % do PEE), que deberá constituír a promotora para garantir o cumprimento das medidas correctoras e responder da reparación dos posibles danos que se lle poidan causar ao ambiente e do seu custo de restauración.

A promotora, con carácter previo ao inicio das obras, deberá depositar a fianza correspondente á fase de obras na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda e Administración Pública da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co disposto no artigo 6 do Decreto 455/1997, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza correspondente á fase de desmantelamento e abandono.

2. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución denominado Modificado da LAT 132 kV DC sub. Ludrio-sub. San Cibrao e modificación da entrada na sub. Ludrio da LAT 132 kV SC sub. Ludrio-sub. Meira (revisión 1), asinado o 19.7.2022 polo enxeñeiro industrial Jorge Sanz Varea (colexiado nº 2.803 do COEIG) e visado por este colexio, con nº 20222779 e data 16.9.2022; e no cal figura un orzamento total de 3.267.481,70 euros.

3. A promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manteñan sempre as condicións regulamentarias de seguridade. Deberanse en todo momento cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade nas instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23, aprobados polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio, e o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, aprobados polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro.

4. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da DXPERN; non obstante, a Xefatura Territorial poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, e deberá comunicarlle á dita dirección xeral todas as resolucións que se diten en aplicación da citada facultade.

5. A promotora deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na DIA da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica (formulada o 19.12.2023 polo órgano ambiental; DOG nº 4, do 5.1.2024), así como ás establecidas no correspondente Plan de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA). A este respecto, con anterioridade ao prazo dun mes do inicio das obras, a promotora deberá presentar ante a DXPERN o referido PVSA, de acordo coas consideracións establecidas no punto 5 da DIA.

De acordo co condicionado recollido na DIA, a promotora deberá contar, con carácter previo ao inicio das obras, con informes favorables da DX de Patrimonio Natural, DX de Patrimonio Cultural, Confederación Hidrográfica Miño-Sil e DX de Saúde Pública.

6. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución ou da data de ocupación dos terreos. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante a Xefatura Territorial, quen deberá expedila tras as comprobacións técnicas que considere oportunas.

7. En canto aos bens e dereitos afectados pola referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica e adscritos ás distintas administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral, a promotora cumprirá cos condicionados e informes emitidos por estes.

Así mesmo, con carácter previo ao inicio das obras, a promotora deberá presentar ante a DXPERN a autorización da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) para a infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica contemplada no proxecto de execución obxecto deste acordo.

8. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos neste acordo ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron a súa adopción poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia a promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

9. Estas autorizacións adóptanse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da referida infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente, tal e como dispón o título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

10. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 48.2 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro.

11. Como anexo a este acordo recóllese a RBDA definitiva, que se empregará no procedemento expropiatorio, presentada pola promotora o 20.9.2023.

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados pola infraestrutura de distribución de enerxía eléctrica denominada LAT 132 kV DC SE Ludrio-SE San Cibrao e modificación da entrada na SE Ludrio da LAT 132 kV SC SE Ludrio-SE Meira

Abreviaturas de tipo de cultivo: LB (labradío), MA (monte alto); MB (monte baixo); PR (prado).

Predio nº

Ref. catastral

Lugar

Concello

Titular

Tipo de cultivo

Afección

Accesos

Soterrada

Pol. nº

Parc. nº

Apoio

Voo

Lonxitude (m)

Superficie afectada (m2)

Lonxitude (m)

Superficie afectada (m2)

Superficie ocupada (m2)

Lonxitude (m)

Superficie afectada (m2)

Modificación da entrada na subestación de Ludrio da LAT 132 kV sub. Ludrio-sub. Meira

3

14

157

Chousa

Castro de Rei

Maderera de Cospeito, S.L.

MA

54

1.616

53

213

5

14

160

Chousa do Carballo Seco

Castro de Rei

Darío Vázquez Legaspi

MA

4 (1/2)

36

104

Modificado do proxecto de LAT 132 kV sub. Ludrio-sub. San Cibrao

2

12

119

Rodela

Castro de Rei

MVMC de Rodela (Comunidade Ludrio)

Presidente: Miguel Ángel Carballeda Barja

PR

1 e 2

144

120

2.472

132

511

6

14

156

Rodela

Castro de Rei

MVMC de Rodela (Comunidade Ludrio)

Presidente: Miguel Ángel Carballeda Barja

MA

3

72

322

9.656

147

588

7

13

71

Carballo

Castro de Rei

Fiscal Audiencia Provincial de Lugo (rpte. descoñecido)

MA

4, 5 (1/2) e 6

180

423

12.603

275

809

PR

5 (1/2)

36

135

2.724

103

410

37

107

27

Fontelas

Pol

Roberto González Méndez

MA

9

267

PR

30

388

39

107

29

Pousadela

Pol

Montserrat Muñoz Cenjor

MA

67

2.172

40

107

84

Rigueiro

Pol

Montserrat Muñoz Cenjor

MA

17

509

43

108

98

Carballeira

Pol

Montserrat Muñoz Cenjor

MA

66

1.928

44

108

102

Carballes

Pol

Roberto González Méndez

MA

46

1.366

46

109

6

Chousa Nova

Pol

Roberto González Méndez

PR

12

16

66

1.155

50

200

MA

30

50

109

13

Trigos

Pol

Roberto González Méndez

MA

21

377

55

109

20

Bouzas

Pol

Roberto González Méndez

MA

0

60

239

81

24

124

Vedro do Marco

Castro de Rei

Covaqui, S.L.

Representante: José Figuera

MA

15

675

82

24

173

Vedro do Marco

Castro de Rei

MVMC de Granda de Orizón, Bedro do Marco e Granda de Canaval (Comunidade de Oeizón)
Presidente: César Irimia Lombao

MA

45

1.804

85

281

68

Chousa

Castro de Rei

MVMC de Granda de Orizón, Bedro do Marco e Granda de Canaval (Comunidade de Oeizón)
Presidente: César Irimia Lombao
Rodrigo Otero Gómez

MA

30

72

153

4.746

26

22

PR

39

1.013

101

502

95

Caxigueira

Lugo

Sociedade Anónima Xestora Bantegal

MA

46

1.865

36

145

MB

60

1.104

104

503

106

Fontela

Lugo

Sociedade Anónima Xestora Bantegal

MA

52

1.565

59

226

MB

42

72

45

657

52

193

106

503

103

Fontela

Lugo

José Domínguez López

MA

44

59

252

7.540

9

36

107

503

104

Chouso

Lugo

José Dominguez Corbeira

MA

44

13

48

1.457

48

192

108

501

40017

Pena Labrada

Lugo

Labio-Vilariño, S.L.,
Representante: Carlos Tejerina Pérez

MA

85

2.972

30

107

MB

46

72

229

3.718

125

504

PR

61

110

501

15

Fontela

Lugo

Manuela Reija Mouriz

LB

13

605

MA

45

72

168

5.101

104

424

111

501

30017

Pena Labrada
27900e501300170000qh

Lugo

Labio-Vilariño, S.L.,
Representante: Carlos Tejerina Pérez

MA

47

72

70

1.904

112

501

10003

Pontón

Lugo

Manuela Pena Pérez

MA

48

72

330

9.910

261

1.023

MB

45

672

83

314

113

501

2

Pontón

Lugo

Sociedade Anónima Xestora Bantegal

MA

15

258

MB

107

117

392

82

Ladride

Lugo

MVMC As Regas, Penas Apertadas e outro (veciños de Pedreda)

Presidente: José Castro Díaz

MA

76

1.895

118

392

11

Rabioso Dentro

Lugo

José Ferreiro Mouriz

MA

19

535

121

392

86

Ladride

Lugo

MVMC As Regas, Penas Apertadas e outro (veciños de Pedreda)

Presidente: José Castro Díaz

MA

109

2.913

112

449

MB

6

202

122

420

143

Rabioso

Lugo

MVMC As Regas, Penas Apertadas e outro (veciños de Pedreda)

Presidente: José Castro Díaz

MA

52

72

200

6.295

467

1.372

123

420

162

Rabioso

Lugo

Antonio Núñez Veiga

MA

0

86

174

126

420

22

Outeiro

Lugo

Santiago Vázquez García

MA

54

72

321

9.800

180

719

133

421

259

Leiro Alargadas

Lugo

Josefa García Sánchez

MA

26

693

25

100

141

421

315

San Cibrao

Lugo

MVMC As Regas, Penas Apertadas e outro (veciños de Pedreda)

Presidente: José Castro Díaz

PR

58

72

18

271

7

28

MA

59

72

153

4.604

237

967

MB

7

89

10

39

142

427

302

San Cibrao

Lugo

MVMC As Regas, Penas Apertadas e outro (veciños de Pedreda)

Presidente: José Castro Díaz

MA

31

932

146

427

276

Bosque

Lugo

Fiscal Audiencia Provincial de Lugo (rpte. Clementina Pérez Mouriz)

MA

56

1.681

148

427

229

Leira Francés

Lugo

Hermandina Vila Piñeiro

MA

20

149

427

221

Puxeiro

Lugo

Jesús Traseira Rey
(fillo de José Traseira)

MA

96

152

427

216

Puxeiro

Lugo

José Manuel Reija Fernández

MA

103

2.767

101

402

154

427

313

Chousa de Regas

Lugo

Herdeiros de José Permuy Fernández

MA

61

72

65

1.895

72

111

MB

17

272

22

67

155

426

157

San Cibrao

Lugo

MVMC As Regas, Penas Apertadas e outro (veciños de Pedreda)

Presidente: José Castro Díaz

MA

63

72

319

9.523

93

335

165

440

21

San Cibrao

Lugo

MVMC As Regas, Penas Apertadas e outro (veciños de Pedreda)

Presidente: José Castro Díaz

MA

66

72

173

4.859

14

56

166

425

50

San Cibrao

Lugo

MVMC As Regas, Penas Apertadas e outro (veciños de Pedreda)

Presidente: José Castro Díaz

MA

64

72

44

1.351

7

27

167

425

52

San Cibrao

Lugo

MVMC As Regas, Penas Apertadas e outro (veciños de Pedreda)

Presidente: José Castro Díaz

MA

65

72

277

7.462

49

194

168

425

54

San Cibrao

Lugo

MVMC As Regas, Penas Apertadas e outro (veciños de Pedreda)

Presidente: José Castro Díaz

MA

51

1.768

169

425

55

San Cibrao

Lugo

MVMC As Regas, Penas Apertadas e outro (veciños de Pedreda)

Presidente: José Castro Díaz

MA

67

160

72

2.457

14

58

14

189

170

440

99

San Cibrao

Lugo

MVMC As Regas, Penas Apertadas e outro (veciños de Pedreda)

Presidente: José Castro Díaz

MA

67

2.096

171

440

100

San Cibrao

Lugo

Instituto de Vivenda, Infraestruturas e Equipamento de Defensa

VIAL

10

50

172

440

100

San Cibrao

Lugo

Instituto de Vivenda, Infraestruturas e Equipamento de Defensa

MB

98

514

173

440

100

San Cibrao

Lugo

Instituto de Vivenda, Infraestruturas e Equipamento de Defensa

MB

116

506