DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2024, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadumia (expediente IN407A 2023/301-4).

Expediente: IN407A 2023/301-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Instalación ITC no apoio 9ULDN32S//23-1 da LMTA CBD803 Ribadumia, 3, no Freixo.

Concello: Ribadumia.

Feitos.

1. O 24.5.2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada Instalación ITC no apoio 9ULDN32S//23-1 da LMTA CBD803 Ribadumia, 3, no Freixo.

O proxecto de execución que acompaña a solicitude foi asinado polo enxeñeiro técnico industrial Tito Arias Santos, colexiado 1010 do COIILE, e en que figura un orzamento total de 17.918,38 euros.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade as seguintes actuacións situadas na rúa do Freixo, no concello de Ribadumia (Pontevedra):

– Substitución do apoio 9ULDN32S//23-1 da liña de media tensión aérea CBD803 Ribadumia, 3, por un apoio A-AG-C-2000/14, no cal se instalará un interruptor telecontrolado (ITC).

– Retensado do van entre o apoio proxectado e o apoio 9UNEHRRH//23-2.

– Substitución de 42 metros da liña de media tensión aérea entre o apoio proxectado e o apoio 9UKIGS1U//23.

2. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Ribadumia e o Servizo de Infraestruturas Agrarias que non emitiron os condicionados técnicos, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lles corresponda outorgar.

3. Como non foi posible efectuar a notificación á única persoa titular da parcela afectada pola declaración de utilidade pública solicitada pola empresa promotora, publicáronse os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 30.6.2023 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado do 4.7.2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.

4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 15.6.2023 publicada nos seguintes medios:

– DOG (Diario Oficial de Galicia): 10.7.2023.

– Xornal Faro de Vigo: 13.7.2023.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Ribadumia.

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

Durante este trámite non se recibiron alegacións.

5. O 15.3.2024, UFD comunicou que chegou a un acordo con Carmen Otero Serantes propietaria da parcela con referencia catastral 36046D50110084. Coa solicitude, UFD presentou copia do acordo acadado.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG nº 126, do 4 de xullo), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 22, do 1 de febreiro).

2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Substitución do apoio 9ULDN32S//23-1 da liña de media tensión aérea (LMTA) CBD803 Ribadumia, 3, por un A-AG-C-2000/14.

– Instalación dun interruptor telecontrolado (ITC) no apoio proxectado A-AG-C-2000/14.

– Liña de media tensión aérea a 20 kV, con condutor LA-56, de 42 metros de lonxitude, coa orixe no apoio existente nº 9UKIGS1U//23 e final no apoio proxectado A-AG-C-2000/14 nº 9ULDN32S//23-1.

– Retensado do van comprendido entre o apoio proxectado A-AG-C-2000/14 e o apoio existente nº 9UNEHRRH//23-2 (106 metros de condutor LA-56).

A instalación está situada na rúa do Freixo, no concello de Ribadumia (Pontevedra).

Conforme o indicado,

RESOLVO:

1. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada Instalación ITC no apoio 9ULDN32S//23-1 da LMTA CBD803 Ribadumia, 3, no Freixo, expediente IN407A 2023/301-4, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

2. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento se deberán cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

3. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante esta xefatura territorial acompañada da seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado dirección final de obra en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

4. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

5. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 5 de abril de 2024

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra