DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2023/566-1).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Frigorífico y Almacenaje Arousa Norte, S.L. (B70616602).

Domicilio social: rúa Costa Rica, 5,1º A, Comercial. 15004 A Coruña.

Denominación: proxecto de LMTS, CS prefabricado para Frigorífico y Almacenaje Arousa Norte, S.L. no predio con referencia catastral 15074A026000280000KG en Ribeira (A Coruña).

Situación: polígono 25, parcela 28, Chan do Couso-Ribeira (A Coruña) (referencia catastral 15074A026000280000KG).

Descricións técnicas:

Nova instalación de alta tensión composta por:

• Liña de alta tensión de 15 kV con inicio e final na liña de distribución PMR806, entre o apoio 9G10VS7P//92 e o CT 15CLCG, logo de entrar e saír no CS proxectado. Condutor RHZ1-2OL 12/15 kV 3×(1×240 mm2), Al, lonxitude aproximada total 66 m.

• Centro de secionamento prefabricado de manobra exterior. Tres celas con illamento SF6 con interruptor-seccionador (2 telecontroladas) e unha para SSAA (24 kV, 400 A, 16 kA).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada, salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo do de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que puidese incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 4 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña