DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2024, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública, pola que se acorda arquivar o procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Paz Sánchez Seoane.

Pola Resolución do 8 de maio de 2023, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio (publicada no DOG núm. 100, do 29.5.2023, BOE Suplemento de notificacións núm. 130, do 1.6.2023, e no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña), acordouse a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Paz Sánchez Seoane (ABI/2016/0040).

Aberto o prazo para a presentación de alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que puidesen cuestionar a sucesión a favor da Administración autonómica, recibiuse escrito de presuntos familiares da causante alegando mellor dereito a suceder ca o da Comunidade Autónoma, xuntando, ademais, a documentación acreditativa da súa parentela.

Examinado o escrito de alegacións presentado e a documentación a el unida, o Servizo de Protección e Defensa Patrimonial da Subdirección Xeral do Patrimonio emitiu un informe en que se propón arquivar o expediente de declaración, por considerar que existen persoas con mellor dereito a herdar.

Dispón o artigo 155.2 da Lei 6/2023, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, que se acordará arquivar o procedemento se a sucesión non procede a favor da Comunidade Autónoma.

Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 6/2023, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 4 e 7 do Decreto 113/2022, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda e Administración Pública,

RESOLVO:

Primeiro. Arquivar o procedemento incoado o 8 de maio de 2023 para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de María Paz Sánchez Seoane, con DNI 32107501F.

Segundo. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda e Administración Pública, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se poderá consultar na seguinte ligazón: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, de conformidade cos artigos 112 e seguintes da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2024

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio