DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25117

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2024 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de linguas modernas, perfil francés, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución do 30 de xaneiro de 2024 (DOG do 12 de febreiro e BOE do 5 de marzo) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de linguas modernas, perfil francés, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a listaxe provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.

Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm

Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo, que estará composto polas seguintes persoas:

Tribunal titular:

Presidente: Manuel García Martínez, profesor titular de universidade da USC.

Vogais:

– Anxos Paz García, profesora de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Manuel Fernández Méndez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– María Luisa González Vázquez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Secretaria: Elsa M. Mosquera Barcia, funcionaria de carreira da escala de técnico/a superior de administración da USC, que actuará con voz e voto.

Tribunal suplente:

Presidenta: Montserrat López Díaz, catedrática de universidade da USC.

Vogais:

– Mª Elena Martínez Bautista, profesora de educación secundaria da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Martín Cacheiro Martínez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

– María Nuria Galán Suárez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.

Secretario: Rubén Regueira Gay, persoal directivo profesional da USC, que actuará con voz e voto.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2024

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela