DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 22 de abril de 2024 Páx. 25121

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 18 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública o proxecto de aproveitamento, o estudo de impacto ambiental, o plan de restauración e o estudo de impacto e integración paisaxística da sétima ampliación da autorización de aproveitamento da sección A) denominada Castro número 143, situada no concello de Vilar de Santos.

Polo Acordo do 28 de maio de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, sometéronse a información pública o proxecto de aproveitamento, o estudo de impacto ambiental, o plan de restauración e o estudo de impacto e integración paisaxística da sétima ampliación da autorización de aproveitamento da sección A) denominada Castro número 143, situada no concello de Vilar de Santos, na provincia de Ourense (DOG núm. 102, do 31 de maio). Durante o período de información pública non se recibiron alegacións.

O 27.2.2024, Arenera Norteña, S.L. achegou documentación actualizada relativa á solicitude da sétima ampliación da autorización de aproveitamento da sección A) denominada Castro número 143.

En cumprimento do disposto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas, de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, e no artigo 23 da Lei 8/2003, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coa ampliación da autorización de aproveitamento da sección A) que se describe a seguir:

• Solicitante: Arenera Norteña, S.L., con NIF: B42739441.

• Denominación do proxecto: sétima ampliación da autorización de aproveitamento da sección A) denominada Castro número 143.

• Recurso: area.

• Concello afectado: Vilar de Santos (Ourense).

• Localización: (coordenadas UTM, fuso 29 ETRS89).

As coordenadas que definen o perímetro da explotación son as seguintes:

Vértice

X

Y

1

599.933,00

4.658.454,00

2

600.075,00

4.658.509,00

3

600.201,00

4.658.146,00

4

600.017,00

4.658.106,00

O obxecto da información pública será a autorización da sétima ampliación da explotación da sección A), do estudo de impacto ambiental, do plan de restauración e do estudo de impacto e integración paisaxística da explotación mineira.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de aproveitamento (asinado o 23.2.2024).

2. O estudo de impacto ambiental (asinado o 26.2.2024).

3. O plan de restauración (asinado o 23.2.2024).

4. O estudo de impacto e integración paisaxística (asinado o 26.2.2024).

5. O resumo non técnico (asinado o 23.2.2024).

O que se fai público, de conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, para o coñecemento xeral e, se for o caso, a presentación das alegacións ou observacións que coiden oportunas, dentro do prazo de trinta (30) días que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto de aproveitamento e o plan de restauración é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida ampliación de explotación está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Toda a documentación poderá examinarse na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación en Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, no concello afectado e na seguinte ligazón web da consellería:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/explotacions-mineiras

Ourense, 18 de marzo de 2024

Alicia María Álvarez Míguez
Xefa territorial de Ourense