DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2023/077-1).

Expediente: IN407A 2023/077-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: instalación de telecontrol en LMT SAD709 apoio AI32LBDG//29-6.

Concello: Oleiros.

Feitos:

1. O día 1.3.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, coa finalidade de mellorar a calidade e seguridade do servizo eléctrico.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado instalación de telecontrol en LMT SAD709 apoio AI32LBDG//29-6, asinado o día 4.7.2022 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, nº colexiado 4.684 de Vigo (COITIVigo); e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 9.6.2023.

• BOP: 22.5.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 6.6.2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 24.7.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Augas de Galicia, Concello de Oleiros e Telefónica de España, S.A. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 23.2.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio) consonte coa disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).

2. Lexislación de aplicación.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas.

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Fonte do Espiño, parroquia de Liáns, concello de Oleiros, e as súas características técnicas son as seguintes:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SAD-709 autorizado no expediente 27.402, de 531,1 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre os seus apoios nº 29-4 (matrícula AI5779PM) metálico de celosía tipo FL-C-4500/14-H35-CAIII(PA/S) e nº 50 (matrícula AI2LMG6W) de formigón tipo AM-HV-1000/15-CR1-CAII, en que se encontra instalado un seccionador unipolar no cal derivan a subterráneo as LMT SAD-709 e SMC-722, consistente en:

• Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15059A016005580000TR, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 29-6, do apoio nº 29-5 (matrícula AI4K8U64) de formigón tipo AM-HV-630/17-CR1-CAII/CD-CAI-XS, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/18-T35/180-CAIII(CS)/CD-CAIII no cal se proxecta a instalación de novos elementos de protección e manobra do CT intemperie O Telleiro (expediente 51151/matrícula 15AR07).

• Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15059A016001260000TA cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 50, do apoio nº 29-6 (matrícula AI4K8U64) de formigón tipo AM-HV-500/14-CR1-CAII, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/14-H-40-CAIII no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

• Instalación de novo condutor tipo LA-110, logo da retirada do actualmente existente, no van da liña SAD-709 de 235,1 metros de lonxitude comprendido entre os novos apoios nº 29-5 e nº 29-6 proxectados.

• Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no van da liña SAD-709 de 117,4 metros de lonxitude comprendido entre o apoio nº 59-4 existente e o novo apoio nº 29-5 proxectado.

• Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no vano da liña SAD-709 de 178,6 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 29-6 proxectado e o apoio nº 50 existente.

4. Do visto na inspección realizada o 5.10.2023 non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/200 para impor servidumes de paso.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 19 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: instalación de telecontrol en LMT SAD-709-apoio AI32LBDG//29-6.

Situación: concello de Oleiros.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso
de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

María Luz Pérez Fernández

15059A016005580000TR

Polígono 1, parcela 558

A Fonte do Espiño

Novo apoio nº 29-5

2

Rústico. Agrario.

Horta especial