DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2023/006-1).

Expediente: IN407A 2023/006-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: LAT 66 kV CT01 Morás-Carral. Distancias antirregulamentarias entre AP.28 e AP.32.

Concello: A Coruña.

Feitos:

1. O día 12.1.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co obxecto de mellorar a instalación e a calidade de subministración, así como de atender a necesidade de regulamentación da instalación entre os apoios 30 e 31.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado LAT 66 kV CT01 Morás-Carral. Distancias antirregulamentarias entre AP.28 e AP.32, asinado o día 22.8.2022 (visado 20222526 do 25.8.2022 ) por Ricardo Lago Alonso, enxeñeiro industrial especialidade Tecnoloxía Eléctrica, nº colexiado 2.221 de Galicia; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 17.3.2023.

• BOP: 2.3.2023.

• Xornal La Voz de Galicia: 20.3.2023.

• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal.

Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Augas de Galicia e Concello da Coruña. No día desta resolución, non constan no expediente respostas ás ditas solicitudes de informe.

4. O día 22.2.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio) consonte coa disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño de 2023).

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no concello da Coruña e as súas características técnicas son as seguintes:

• Modificación, respectando o seu actual trazado, do treito da liña LAT 66 kV subestación Morás-subestación Carral, de 674 metros de lonxitude, comprendido entre os seus apoios núm. 28 e núm. 32, autorizado no expediente 5.912. Consistirá na substitución do apoio núm. 30 (matrícula 92004729) metálico tipo celosía AL-SUS/U70-BS, polo novo apoio metálico tipo celosía AL-AM-O-3000/14,90-T2/1,3T/1×CA-120-66-IV, que pasará a ser identificado como apoio núm. 30N e que se desprazará cinco metros cara ao apoio núm. 31 existente respecto da localización actual do apoio núm. 30.

• Esta operación implicará a retirada provisional do condutor tipo AL-AC-18.2 no treito da liña comprendido entre os seus apoios núm. 28 e núm. 32 e da fibra óptica tipo AUT-24 no treito comprendido entre os seus apoios núm. 28 e núm. 31, para logo reinstalar e regular os treitos indicados, unha vez instalado o apoio proxectado, demoler a cimentación existente do actual apoio núm. 30, encher de novo a cepa que se vai retirar e construír unha nova cimentación para o apoio núm. 30N proxectado.

• Instalación de posta a terra dobre con picas no novo apoio núm. 30N proxectado.

4. Do visto na inspección realizada o 29.1.2024, non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000 para impor servidumes de paso.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 19 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

LAT 66 kV CTO1 Morás-Carral. Distancias antirregulamentarias entre apoio nº 28 e apoio nº 32.

Relación de bens e dereitos afectados, concello da Coruña

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea (servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/Nº do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Elisa Meijide Iglesias

José María Teijido Iglesias

Herdeiros de José Enrique Parada Iglesias

Polígono 11, parcela 106

Cotos

Novo apoio 30N

4

Agrario