Expediente: IN407A 2022/250-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: LMT, CT e RBT Larín de Arriba.
Concello: Arteixo.
Feitos:
1. O día 30.8.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica, co obxecto de mellorar a calidade da subministración e resolver as reclamacións de caídas de tensión no lugar de Larín.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, achegan o proxecto de execución denominado LMT, CT e RBT Larín de Arriba, asinado o día 2.6.2022 por Victoriano Gónzalez Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, nº colexiado 2.980 de Vigo; e a relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal da Transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
• DOG: 20.3.2023.
• BOP: 2.3.2023.
• Xornal La Voz de Galicia: 9.5.2023.
• Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 13.4.2023.
Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Arteixo e Deputación da Coruña. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados no prazo outorgado para ese efecto.
4. O día 15.2.2024 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio) consonte coa disposición transitoria primeira do Decreto do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 119, do 23 de xuño).
2. Lexislación de aplicación
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño de 1957).
3. Características técnicas:
As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente están situadas no lugar de Larín, no concello de Arteixo, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, con equipamento de telecontrol e telexestión e cadro de baixa tensión con catro saídas, para instalar na parcela con referencia catastral 15005A035002360000PB sita no lugar de Larín de Arriba (concello de Arteixo).
– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 2×282 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), con orixe e remate nos empalmes MT, para realizar na nova arqueta proxectada na estrada DP-0507 sobre a LMTS LAR-707 existente no treito comprendido entre o paso aéreo-soterrado (PA/S) existente no apoio nº 31 (matrícula A7PW08UJ) da LMT aérea LAR-707 (expediente 27.210) e o CS Anide (expediente 31.240/matrícula 15CKK9), tras entrar e saír no novo CT proxectado.
4. Na visita de campo realizada o 29.1.2024 para examinar o lugar da instalación non se apreciou ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 19 de marzo de 2024
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
IN407A 2022/250-1 - LMT, CT e RBT Larín de Arriba (Arteixo)
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
Natureza do terreo |
|
CT/Nº apoio |
Superficie (m2) |
|||||
1 |
Inmobiliaria Pontegadea |
15005A035002360000PB Polígono 35, parcela 236 |
Tallo |
CT e acceso |
20,83 |
Rústico agrario |