DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 18 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, con necesidade de urxente ocupación, do parque eólico Vacaloura, nos concellos de Monterroso e Portomarín (expediente IN408A 2017/28).

O 25.4.2022 publicase no DOG o acordo da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto do parque eólico Vacaloura nos concellos de Monterroso e Portomarín (Lugo) (expediente IN408A 2017/28).

Pola Resolución do 20.4.2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outórgase a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Vacaloura, nos concellos de Monterroso e Portomarín (Lugo) e promovido por Green Capital Power, S.L. (expediente IN408A 2017/28).

O 25.4.2023, Green Capital Power, S.L. presenta ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais unha solicitude de declaración de utilidade pública para o parque eólico Vacaloura, onde remite diversa documentación para a súa tramitación, coa correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados.

O 12.7.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais require a Green Capital Power, S.L. a emenda da devandita solicitude de declaración de utilidade pública.

Para os efectos de cumprimento do artigo 44.4 da Lei 8/2009, con data do 4 de setembro de 2023, a dirección xeral competente en materia de enerxía remite a esta xefatura territorial a solicitude de declaración de utilidade pública e a documentación remitida pola promotora.

O 1.12.2023 Green Capital Power, S.L. presenta a emenda sobre o requirimento realizado por esta xefatura territorial o 8.11.2023, sobre a documentación achegada coa solicitude de declaración de utilidade pública.

O 14.12.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remite a esta xefatura territorial a autorización da transmisión de titularidade, así como a subrogación dos correspondentes dereitos e obrigas, do parque eólico de Vacaloura a favor da sociedade Parque Eólico Vacaloura, S.L.U.

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública relacionada coas instalacións descritas baixo a Resolución do 20 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorga a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Vacaloura (expediente IN408A 2017/28), DOG número 111 (publicado o 13 de xuño de 2023).

Solicitante/promotora: Parque Eólico Vacaloura, S.L.U. (NIF B74449075).

Domicilio social: avenida Fernando de Casas de Novoa, 35, bloque B, andar 2, puerta B, 15707 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: parque eólico Vacaloura.

Situación: concellos de Monterroso e Portomarín (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico: San Cristóbal.

Potencia instalada: 35 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 7.

Produción neta anual: 88.809 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 27.090.927,79 euros.

Coordenadas perimetrais da poligonal do parque eólico:

ETRS89 H29

UTM-X (m)

UTM-Y (m)

P1

597.875,00

4.742.786,49

P2

603.875,00

4.742.786,49

P3

603.875,00

4.738.434,49

P4

598.311,00

4.738.434,49

Coordenadas da localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

VC01

599.752,00

4.741.157,00

VC02

600.050,00

4.739.662,00

VC03

600.176,00

4.741.021,00

VC04

600.498,00

4.739.491,00

VC05

602.266,00

4.741.066,00

VC06

602.443,00

4.740.686,00

VC07

602.712,00

4.740.118,00

Coordenadas da torre metereolóxica do parque eólico:

Torre metereolóxica

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

TM

602.817,00

4.739.848,00

Coordenadas da subestación do parque eólico:

Subestación

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

SET Vacaloura

601.597,80

4.740.583,84

Coordenadas da envolvente da subestación do parque eólico Vacaloura:

Punto

ETRS89 H29

UTM-X (m)

UTM-Y (m)

P1

597.875,00

4.742.786,49

P2

603.875,00

4.742.786,49

P3

603.875,00

4.738.434,49

P4

598.311,00

4.738.434,49

Características técnicas principais das instalacións:

– 7 aeroxeradores modelo Siemens Gamesa G145 ou similar de 5 MW de potencia nominal unitaria; estarán limitados no xerador individualmente a unha potencia unitaria de 4,455 MW. Os aeroxeradores terán unha altura de buxa de 127,5 m e de 90 m os aeroxeradores VC04 e VC05, e diámetro de rotor de 145 m.

– 7 centros de transformación de potencia unitaria 5.350 kVA e relación de transformación 0,69/30 kV, coas súas correspondentes celas de protección e manobra dos circuítos de 30 kV.

– Rede eléctrica soterrada de 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora do parque de 30/132 kV, composta por 3 circuítos con condutores tipo RHZ1-2OL H16CU 18/30 kV de seccións 95, 240 e 400 mm2 de aluminio.

– Unha torre meteorolóxica de 129,5 m de altura (127,5 m de altura da estrutura da torre máis 2,00 m de altura do pararraios), con función de torre permanente do parque e con capacidade autoportante, que estará conectada co sistema de control e monitorización do parque eólico mediante fibra óptica.

– Subestación, SET Vacaloura 30/132 kV, de 35 MVA, que permitirá a evacuación á rede de transporte da enerxía eléctrica procedente do parque eólico, e elevará a súa tensión de xeración de 30 kV mediante unha posición de transformador, a 132 kV de tensión de evacuación. O transformador de potencia será de 30/35 MVA (ONAN/ONAF) e será alimentado por celas de liña de 30 kV procedentes do parque eólico. A parte de alta tensión do transformador de potencia conectarase á rede de evacuación en 132 kV. A posición de liña de 132 kV conéctase coa subestación SET Belesar 30/132 kV.

– Rede de terras xeral con condutor Cu-50 mm2.

– Obra civil consistente en camiños de acceso ao parque e interiores de acceso aos aeroxeradores, plataformas de montaxe, subestación, cimentacións e gabias de cableado.

O obxecto da información pública será a solicitude de declaración de utilidade pública para as citadas instalacións. A declaración de utilidade pública, de acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, levará implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Documentación que se expón:

– A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, plano xeral parcelario e planos individuais dos predios afectados polo proxecto (RBDA-novembro de 2023).

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como en particular, das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do seguinte ao da última publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia (DOG) ou nun dos xornais de maior circulación nas provincias afectadas.

A documentación estará ao dispor das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da sección de Enerxía desta xefatura territorial, da Consellería de Economía, Industria e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 29 46 47, así como nos concellos de Monterroso e Portomarín (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación a través da seguinte ligazón:

https://economia.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/vacaloura-monterroso-portomarin

Lugo, 18 de marzo de 2024

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Anexo a relación de bens e dereitos afectados polo parque eólico de Vacaloura
nos concellos de Monterroso e Portomarín (Lugo) (expediente IN408A 2017/28)

Relación de bens e dereitos afectados

Parque eólico


predio

Titulares

Datos catastrais

Lugar

Uso

Nº aero.

Afeccións (m2)

Ocupación
temporal (m2)

Pleno dominio

Serv. paso

Servidume
de voo
aero.

Servidume
de voo transporte

Ref. catastral

Políg.

Parcela

Cim.

Plat.

Sub.

T. met.

Vieiro

Gabia

Concello de Monterroso

1

Monte veciñal en man común de Novelúa

27032A04200117

42

117

Arriba da Serra

Prados

VC-01, VC-03

867

8.638

6.238

1.438

17.842

704

4.220

2

Monte veciñal en man común de Novelúa

27032A04200144

42

144

Vacaloura

Prados

VC-03

1.524

1.471

3.252

3.230

1.181

3

Monte veciñal en man común de Novelúa

27032A04200167

42

167

Arriba da Serra

Prados

449

512

4

Monte veciñal en man común Vacaloura de San Miguel de Penas

27032A04200252

42

252

Carbán

Prados

657

545

271

5

Monte veciñal en man común de Novelúa

27032A06600021

66

21

Novelúa

Prados

363

366

214

6

Monte veciñal en man común de Novelúa

27032A06600024

66

24

Novelúa Penas

Forestal

155

273

130

14

Monte veciñal en man común Vacaloura de San Miguel de Penas

27032A04300098

43

98

San Miguel de Penas

Prados

33

2.842

355

15

Centro Penitenciario de Monterroso

27032A04300106

43

106

San Miguel de Penas

Urbano

25

17

Monte veciñal en man común Vacaloura de San Miguel de Penas

27032A04300081

43

81

San Miguel de Penas

Matogueira

VC-04

1.952

1.576

3.272

4.791

115

2.451

18

Monte veciñal en man común Vacaloura de San Miguel de Penas

27032A04300003

43

3

San Miguel de Penas

Matogueira

1.275

432

519

19

Monte veciñal en man común Vacaloura de San Miguel de Penas

27032A04300005

43

5

San Miguel de Penas

Prados

VC-02, VC-04

852

8.460

9.924

4.910

16.934

147

5.314

23

Monte veciñal en man común de Novelúa

27032A06700027

67

27

San Miguel de Penas

Matogueira

248

415

25

Monte veciñal en man común de Novelúa

27032A06700032

67

32

Novelúa

Forestal

1.930

1.727

800

26

Monte veciñal en man común de Novelúa

27032A06700033

67

33

Novelúa

Forestal

749

2.150

241

Concello de Portomarín

28

Monte veciñal en man común de Narón

27049A05600050

56

50

Leira da Aira

Prados

3.568

5.092

6.181

278

4.487

30

Monte veciñal en man común de Narón

27049A05600005

56

5

Serra de Narón

Prados

VC-05-VC-06

867

12.580

13.927

5.013

20.272

1.592

8.974

31

Monte veciñal en man común de Vacaloura e Fido

27049A06100294

61

294

Castro

Prados

VC-07

3.968

1.821

1.350

428

33

Monte veciñal en man común de Vacaloura e Fido

27049A06100293

61

293

Carrasqueiro

Matogueira

VC-07

43

735

186

3.354

44

249

35,01

Monte veciñal Parroquia de San Martín de Castro
Outros interesados: Moscoso Vila, Brais

27049A06100302

61

302

Castro

Prados

552

39

1.151

35,02

Monte veciñal Parroquia de San Martín de Castro
Outros interesados: Fernández Vázquez, José María

27049A06100302

61

302

Castro

Prados

289

894

390

760

35,03

Monte veciñal Parroquia de San Martín de Castro
Outros interesados: Vázquez Ulloa, José Luis

27049A06100302

61

302

Castro

Prados

371

402

35,04

Monte veciñal Parroquia de San Martín de Castro
Outros interesados: Pacín Gay, Dina

27049A06100302

61

302

Castro

Prados

732

65

204

36

Monte veciñal Parroquia de San Martín de Castro
Outros interesados: López Iglesias, Marina

27049A06100002

61

2

Castro

Forestal

135

135

37

López López, Xosé Antón

27049A06100035

61

35

Lamestros de Baixo

Prados

VC-07

434

1.678

78

15

2.349

209

38

Núñez Mejuto, Claudio
Núñez Mejuto, Mario
Mejuto García, María Flor

27049A06100034

61

34

Lamestros de Baixo

Forestal

VC-07

3.467

1.214

699

39

Pacín López, Serafín

27049A06100033

61

33

Lamestros

Prados

VC-07

720

87

2.023

40

Silva Soengas, José

27049A06100014

61

14

Lamestros

Matogueira

775

41

Taboada López, José Ángel

27049A06100030

61

30

Fonte Grande

Matogueira

80

42

Rodríguez Gay, Sara

27049A06100022

61

22

Ferrado Fonte Grande

Forestal

33