DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24154

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 20 de marzo de 2024, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Bergondo (expediente IN407A 2023/446-1).

Expediente: IN407A 2023/446-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA PED-703. Substitución de apoio ANS16PGA//17.

Concello: Bergondo.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa traza actual, do treito da liña PED-703 autorizado no expediente 27.366, de 383,5 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre os seus apoios número 16 (matrícula ANSEMOEK) de formigón tipo FL-HVH-4500/14-CR-CA, en que se inicia a derivada ao CT San Isidro 1 (matrícula 15CDHS), e número 19 (matrícula ANMGL668) metálico tipo AM-AL-C-3000/16-H35-CA, consistente en:

– Desconexión e desmontaxe do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no treito de 360 metros de lonxitude comprendido entre o apoio número 17 (matrícula ANS16PGA) de formigón tipo AM-AG-HV-800/14-CR-CA e o apoio número 19 (matrícula ANMGL668) antes indicado.

– Substitución do apoio número 17 (matrícula ANS16PGA) antes indicado polo novo apoio metálico tipo AM-C-2000/16-H35-CA, respectando a súa localización na parcela con referencia catastral 2166901NH3926N0001TS, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio número 16. Este novo apoio terá a condición de frecuentado.

– Tendido de novo condutor tipo LA-110 no treito de 360 metros de lonxitude comprendido entre o apoio número 17 unha vez substituído e o apoio número 19 existente.

– Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no van da liña PED-703, de 23,5 metros de lonxitude, comprendido entre o apoio número 16 existente e o novo apoio número 17 proxectado.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 20 de marzo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Regulamentación LMTA PED-703. Substitución de apoio ANS16PGA//17 (Bergondo)

Parcela proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/nº do apoio

Superficie (m2)

1

Descoñecida

2166901NH3926N0001TS

CM Convento

Novo apoio nº 17

2

Urbano. Solo sen edificar