DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24336

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

EXTRACTO da Resolución do 3 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Mistral e se cancela a garantía económica depositada por PE Mistral 4W, S.L. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte (expediente IN408A 2021/029).

De conformidade co previsto no artigo 42.4, alíneas a) e b), da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, procede publicar o extracto da Resolución do 3 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se arquiva o expediente do parque eólico Mistral e se cancela a garantía económica depositada por PE Mistral 4W, S.L. para tramitar a solicitude de acceso e conexión á rede de transporte.

Primeiro. Contido da resolución e condicións que a acompañan:

1. Denegar a solicitude de autorización administrativa previa e de construción das instalacións do parque eólico Mistral, situado no concello de Baltar (Ourense) e promovido por PE Mistral 4W, S.L., logo da declaración de impacto ambiental desfavorable formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 2.6.2023.

2. Arquivar o expediente do parque eólico Mistral (expediente IN408A/2021/029).

3. Cancelar a garantía depositada por PE Mistral 4W, S.L. o 1.6.2020, por importe de 924.000 € e número de rexistro 445/2020, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de distribución do parque eólico Mistral.

Segundo. Principais motivos e consideracións nos que se basea a resolución:

1. O 1.6.2020, a promotora depositou unha garantía económica por importe de 924.000 € e número de rexistro 445/2020, para garantir o cumprimento das súas obrigas no procedemento de acceso e conexión á rede de transporte do parque eólico Mistral.

2. O 4.5.2021, PE Mistral 4W, S.L. presentou solicitude de autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Mistral ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro). O 6.5.2021 notificóuselles o cumprimento dos requisitos a que fan referencia os artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. O 6.5.2021, PE Mistral 4W, S.L. presentou o xustificante de pagamento das taxas correspondentes á autorización administrativa do parque eólico Mistral.

3. O 5.7.2021, PE Mistral 4W, S.L. presentou a solicitude de autorización de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para a modificación substancial do proxecto denominado parque eólico Mistral ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola disposición derradeira sétima da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro). A modificación solicitada consiste, con carácter xeral, no cambio de posicións dos aeroxeradores, incorporando tres novas máquinas, aumentando a potencia, e no cambio da poligonal.

O 18.10.2021 notificóuselles o cumprimento dos requisitos da solicitude de modificación a que fan referencia os artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

4. O 2.3.2022, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, no que se indica que os aeroxeradores cumpren a distancia mínima de 500 metros a núcleos de poboación regulada no Plan sectorial eólico de Galicia (PSEGA) respecto das delimitacións de solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

5. O 28.10.2022, publicouse no Diario Oficial de Galicia, núm. 206, o Acordo do 17 de outubro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto de interese autonómico e o estudo de impacto ambiental do parque eólico Mistral, situado no concello de Baltar, provincia de Ourense (expediente IN408A 2021/029).

6. Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Axencia Turismo de Galicia, Concello de Baltar, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Saúde Pública, Instituto de Estudos do Territorio, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia, Federación Ecoloxista Galega, Sociedade Galega de Historia Natural e Sociedade Galega de Ornitoloxía.

O 2.6.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou unha declaración de impacto ambiental desfavorable relativa ao parque eólico Mistral, que a fixo pública mediante o Anuncio do 2 de xuño de 2023 (DOG núm. 114, do 16 de xuño)

7. O 4.7.2023, esta dirección xeral notificoulle ao promotor o inicio do procedemento de arquivamento de expediente, abrindo o trámite de audiencia do artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas.

8. Nesta dirección xeral non consta ningunha alegación de PE Mistral 4W, S.L. ao antedito acordo.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais