DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 17 de abril de 2024 Páx. 24301

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de marzo de 2024, polo que se declaran a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade co aproveitamento forestal sobre as comunidades de montes veciñais en man común afectadas CMVMC Surribas e CMVMC A Ermida, e co aproveitamento do dereito mineiro Aguas do Paraño, S.L., das instalacións de conexión de Beariz 400 kV eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense), e promovido por Adelanta Corporación, S.A. (expediente IN408A 2020/175).

En cumprimento do disposto no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de marzo de 2024, polo que se declaran a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade co aproveitamento forestal sobre as comunidades de montes veciñais en man común afectados CMVMC Surribas e CMVMC A Ermida, e co aproveitamento do dereito mineiro Aguas do Paraño, S.L. das instalacións de conexión de Beariz 400 kV eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense), e promovido por Adelanta Corporación, S.A. (expediente IN408A 2020/175).

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2024

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 7 de marzo de 2024, polo que se declaran a utilidade pública, en concreto, e a compatibilidade co aproveitamento forestal sobre as comunidades de montes veciñais en man común afectadas CMVMC Surribas e CMVMC A Ermida, e co aproveitamento do dereito mineiro Aguas do Paraño, S.L. das instalacións de conexión de Beariz 400 kV eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense), e promovido por Adelanta Corporación, S.A. (expediente IN408A 2020/175)

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 24.12.2020, Adelanta Corporación, S.A. (en diante, o promotor), solicitou á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (en diante, esta dirección xeral), a autorización administrativa previa e de construción, a aprobación do proxecto sectorial e a declaración de utilidade pública das instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental (en diante, Lei 8/2009, do 22 de decembro). O promotor achegou, xunto coa solicitude, o proxecto de execución, o proxecto sectorial, as separatas aos organismos e entidades afectados, a relación de bens e dereitos afectados (en diante, RBDA), o documento ambiental e o trazado da liña de evacuación, e solicitou a avaliación de impacto ambiental correspondente para as instalacións de referencia, de acordo co artigo 45 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Segundo. O 27.6.2021, o Consello da Xunta de Galicia acordou declarar como iniciativas empresariais prioritarias, entre outros, os proxectos do parque eólico Coto Frío e o parque eólico Serra do Faro e súas infraestruturas de evacuación, e o 2.9.2021 adoptouse o mesmo acordo con respecto dos proxectos do parque eólico Pico Seco e do parque eólico Valdepereira e súas infraestruturas de evacuación, en resposta ás solicitudes presentadas polo promotor.

Dado que os ditos parques presentan como infraestrutura de evacuación o proxecto obxecto deste expediente, o 30.8.2021 o promotor presentou a solicitude de declaración de iniciativa empresarial prioritaria (en diante, IEP) das instalacións de conexión de Beariz 400 kV eixe leste, e o 13.9.2021 solicitou a esta dirección xeral a tramitación de urxencia do expediente administrativo.

Terceiro. O 29.9.2021, mediante resolución desta dirección xeral declarouse a tramitación de urxencia do procedemento administrativo ás instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste (expediente IN408A 2020/175), de acordo co establecido no artigo 44.2 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

Cuarto. O 22.12.2021, esta dirección xeral remitiu a documentación do expediente á Xefatura Territorial de Ourense, en diante xefatura territorial, por ser a unidade tramitadora e para os efectos de que se continuase coa tramitación ata a remisión do expediente completo, de acordo co indicado no artigo 33.9 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Quinto. Mediante o Acordo do 28 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, sometéronse a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV, eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/175).

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) núm. 5, do 10.1.2022, e no xornal La Región do 7.1.2022. Así mesmo, permaneceu exposto ao público nos taboleiros de anuncios do Concello de Beariz, no Concello de Boborás e no Concello do Irixo, da Xefatura Territorial de Ourense, e no portal de transparencia da actual Consellería de Economía, Industria e Innovación para a súa consulta pública polo tempo regulamentario.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas polo promotor.

Sexto. O 26.1.2022, o promotor presentou un escrito en que solicita que o período de información pública do expediente de referencia sexa por un prazo de trinta (30) días no canto dos quince (15) días en que xa estivo en exposición pública (DOG núm. 5, do 10.1.2022, en diante IP 1).

Sétimo. Vista a Sentenza nº 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que non adquirira firmeza e estaba sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, o proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste someteuse de novo a información pública por un prazo de trinta (30) días.

Así, mediante o Acordo do 25 de febreiro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, sometéronse a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/175), por un prazo de trinta (30) días.

O dito acordo publicouse no DOG núm. 57, do 23.3.2022 (en diante, IP 2) e no xornal La Región da mesma data. Así mesmo, permaneceu exposto ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos de Bearíz, Boborás, e O Irixo, e este último remitiu á xefatura territorial as alegacións recibidas, Asemade, o dito acordo estivo exposto no portal de transparencia da actual Consellería de Economía, Industria e Innovación para a súa consulta pública polo tempo regulamentario.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas polo promotor.

Oitavo. O 22.4.2022 remitiuse á xefatura territorial a documentación actualizada do promotor relativa ao proxecto das Instalacións de conexión de referencia. Con motivo da nova documentación actualizada, e tendo en conta a dita Sentenza nº 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, someteuse o proxecto actualizado das instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste a un novo trámite de información pública por un prazo de trinta (30) días.

Mediante o Acordo do 28 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, sometéronse a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/175), por un prazo de trinta (30) días.

O Acordo publicouse no DOG núm. 88, do 6 de maio de 2022 (en diante, IP 3) por un prazo de trinta (30) días e no xornal La Región da mesma data. A devandita documentación tamén se expuxo no taboleiro de anuncios do Concello do Irixo, que remitiu á xefatura territorial as alegacións recibidas. A exposición na xefatura territorial acreditouse co certificado asinado o 18.7.2022. A xefatura territorial achegou os xustificantes da solicitude o 29.4.2022 e reiterados o 27.6.2022 dos certificados de exposición pública aos concellos de Beariz e Boborás, non achegados ata a data de remisión do expediente o 10.8.2022 pola xefatura territorial a esta dirección xeral.

Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas polo promotor.

Noveno. O 3.5.2022 remitiuse á xefatura territorial documentación actualizada do promotor relativa a arquivos Shapefiles V3, presentados polo promotor na data 28.4.2022. A xefatura territorial remite a actualización aos organismos e entidades afectadas.

Décimo. De acordo co establecido no artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e o previsto nos artigos 127, 131 e 146 do Real decreto 1955/2000, a Xefatura Territorial de Ourense remitiu as separatas do proxecto de execución durante os trámites de información pública realizados (IP 1, IP 2 e IP 3) aos organismos e entidades determinados para a emisión dos seus correspondentes condicionados técnicos. Os informes recibidos foron remitidos ao promotor para a aceptación dos condicionados impostos ou para a presentación dos seus reparos. Vencellados co presente trámite de declaración de utilidade pública, cabe relacionar os correspondentes a Aguas do Paraño, S.L. e o Concello do Irixo, entre outros.

Ao respecto da emisión do condicionado técnico vencellado con Aguas do Paraño, S.L., a seguir expóñense os seguintes feitos:

– O 29.3.2022, o promotor achegou á xefatura territorial o documento Separata de afección a bens dependentes de Aguas do Paraño. Proxecto técnico instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Marzo 2022, visado nº V200491-S9, do 23.3.2022, por considerar posibles afeccións da infraestrutura de evacuación e para que emitan o condicionado técnico que consideren oportuno. O 30.3.2022 déuselle traslado da separata á sociedade de Aguas do Paraño, S.L.

– O 7.4.2022 Aguas do Paraño, S.L. traslada a súa oposición «á construción dos aeroxeradores denominados nº 1 e nº 2, a subestación colectora Paraño 400/132/30 kV, a gabia de distribución da rede de media tensión 30 kW e os tramos das vías de acceso, xa que se pretende instalar todo iso sobre os terreos que ocupa o dereito mineiro protexido, e que no seu día foi concedido á nosa empresa Augas do Paraño, S.L. polo Instituto Xeolóxico e Mineiro de España». O 8.4.2022 déuselle traslado ao promotor.

– O 19.4.2022, o promotor contestou solicitando á sociedade de Aguas do Paraño, S.L. a emisión do seu condicionado técnico correspondente con base na separata presentada o 29.3.2022.

– O 21.6.2022, Aguas do Paraño, S.L. emitiu a súa resposta en que reitera a súa oposición baseándose na mesma contestación que na primeira remisión feita previa á separata presentada, na que expresa, tal e como se cita textualmente:

• «Reiteramos a nosa máis firme oposición á construción da totalidade do proxecto (...) baixo a denominación de parque eólico Marcofán mediante dous expedientes distintos (IN408A 2017/020, IN408A 2020/175)». Ao respecto da tramitación, indícase que a presente resolución é obxecto do expediente IN408A 2020/175.

• «Dando resposta á última notificación recibida o 13.6.2022 facémoslle saber (...) que o condicionado foi enviado como contestación da primeira notificación recibida o 22.1.2022. De todos os xeitos, xuntamos novamente a documentación solicitada».

Ao respecto da emisión do condicionado técnico do Concello do Irixo, a seguir expóñense os seguintes feitos vencellados:

– O 3.5.2022 no informe formulado, entre outras, cuestións ou reparos de carácter urbanístico e trasládanse determinadas observacións efectuadas o 1.2.2022 polo presidente da Comunidade de Montes Charco Redondo, en nome da Comunidade de Montes dos Veciños de Nogueiroa, afectados pola instalación. Ao respecto destas, cabe indicar o seguinte, tal e como se cita textualmente nas conclusións do dito informe do concello:

• «Non obstante e dado que se trata do informe sobre o procedemento de exposición pública, no punto segundo do presente informe técnico sinálase a existencia de diversas canalizacións de augas de aproveitamento veciñal que, tal e como sinalaron os propios representantes da Mancomunidade de montes que se atravesa, deberán ser respectadas e, en todo caso, repostas en caso de dano».

– O 14.7.2022 o promotor emitiu a súa contestación, en que manifesta textualmente: «Tómanse en consideración as afirmacións sobre urbanismo realizadas no informe do Concello do Irixo» e, no relativo ao alegado pola CMVMC Montes de Charco Redondo, cítase textualmente «Adelanta Corporación, S.A. adoptará as medidas oportunas para evitar toda afección ás canalizacións de auga que dan servizo aos veciños da devandita comunidade de montes. Para tal fin, solicitará información directa da propia CMVMV sobre a localización concreta das traídas de auga. No caso de que estas resultasen afectadas polas instalacións proxectadas, Adelanta Corporación, S.A. asume o compromiso de repoñer os servizos o máis axiña posible».

Décimo primeiro. En cumprimento do trámite de consultas, cabe sinalar que o 22.2.2022 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal achegou o informe emitido o 18.2.2022 polo Servizo de Montes da xefatura territorial, por solicitude do Servizo da Propiedade Forestal, sobre o estudo de impacto ambiental (EIA) no que, entre outros, se comprobou que a liña de referencia situada nos concellos do Irixo, Boborás e Beariz afecta, entre outros, trece (13) montes veciñais en man común.

– A seguir indícase, tal e como se expresan, a identificación destes: «A Ermida, dos veciños da Ermida (O Irixo); Peniña e Os Chaos ou Pena Negra, dos veciños de Silvares (Peniña, etc.) (O Irixo); de Cidá, dos veciños da parroquia da Cidá (Santa Mariña) (O Irixo); Coto de Surribas, dos veciños de Surribas (O Irixo); A Portela e A Estibada dos veciños de Froufe (O Irixo); de Cebral, dos veciños de Cebral (O Irixo); de Parada, dos veciños da parroquia de Parada de Labiote (San Xulián) (O Irixo); Charco e Redondo, dos veciños de Nogueiroa (O Irixo); de Espiñeiros, dos veciños de Espiñeiros (O Irixo); de Cerdeira, dos veciños de Cerdeira (O Irixo); Sonelle, dos veciños de Sonelle (Boborás); As Santas, dos veciños das Santas (Beariz); Chancela, dos veciños de Muradás (Beariz)».

– Conclúese que, ademais das afeccións indicadas anteriormente, se afectan propiedades particulares, a infraestrutura viaria e a defensa contra incendios forestais. Indícase a necesidade de constituír as faixas de biomasa descrita na Lei 3/2007 ao redor das instalacións que transporten enerxía eléctrica de xeito aéreo, de ser o caso, así como da operatividade dos puntos de auga para a carga de medios terrestres e das pistas forestais.

– O 22.3.2022, o promotor achega a súa resposta, en que expón unha serie de aclaracións e compromisos con base nas puntualizacións feitas pola dita dirección xeral e manifestando a súa conformidade.

– Entre os feitos relacionados hai que sinalar que, tras a achega de documentación actualizada, o 6.6.2022 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal achegou o segundo informe emitido na data do 30.5.2022 polo Servizo de Montes da xefatura territorial, en que ratifica as afeccións do seu informe emitido o 18.2.2022 indicando «de tal xeito que as modificacións non alteran o sentido do informe emitido no seu día, o cal se ratifica en todos os seus termos».

– O 5.7.2022, o promotor achega a súa resposta, en que se remite ao seu escrito presentado o 22.3.2022 como contestación ao segundo informe da dirección xeral do 30.5.2022.

Décimo segundo. O 26.7.2022, e tras rematar o período de información pública, a xefatura territorial achegou ao promotor un requirimento coa solicitude de aclaracións ao proxecto de execución, quen o 3.8.2022 contestou, substituíndo integramente o anterior documento presentado polo novo proxecto técnico:

– «Proxecto técnico instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Xullo 2022» visado nº V220336 do 3.8.2022.

Décimo terceiro. O 10.8.2022, a xefatura territorial, logo de rematar a tramitación do expediente citado e de conformidade co disposto no artigo 33.16 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, remitiu o expediente do proxecto a esta dirección xeral para continuar coa súa tramitación. Entre outra documentación achegou o documento resumo da tramitación feita ata a data 10.8.2022 e asinada na mesma data, identificado como «1º) Proposta de autorización administrativa previa e de construción; 2º) Comunicación da existencia de aproveitamentos enfrontados; 3º) Continuación dos trámites ambientais e do proxecto sectorial», en diante «documento resumo». A respecto do documento resumo especifícanse, entre outros:

– Na epígrafe específica «14. Proposta.» expresase ao respecto do trámite de compatibilidade, tal e como se reproduce de xeito literal: «(...) pondo en coñecemento desa dirección xeral a existencia de aproveitamentos que puidesen resultar incompatibles para que poida iniciar o procedemento de declaración de compatibilidade ou prevalencia de utilidades públicas, segundo o punto 2 do artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, así como a continuación dos trámites ambiental e do proxecto sectorial, das instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste».

Décimo cuarto. No mes de marzo 2023, á vista do resultado das tramitacións doutros parques e liñas no ámbito, producíronse cambios que afectan os elementos de referencia para o estudo de sinerxías, así como a propia liña de evacuación LAT 132 kV Valdepereira-SEC Paraño, que forma parte do proxecto das instalacións de conexión de Beariz 400 kV eixe leste. Hai que sinalar que, entre outras modificacións, se perde o ramal ao pórtico SEC A Estibada.

Como consecuencia do exposto e do outorgamento de DIA desfavorable para determinados parques eólicos, entre outros A Estibada, que formaba parte da infraestrutura de evacuación, o 16.6.2023 o promotor achegou a actualización dos bosquexos, conformada entre outros pola comparativa entre a versión sometida a información pública e mais a actualizada (tras o trámite de información pública). Os arquivos actualizados identifícanse coa denominación Bosquexo SF IIC BE ES galego para DIA 03 e Bosquexo SF IIC BE ES castellano para DIA 03. Hai que sinalar que, conforme se indica na documentación, se eliminan determinados tramos de acceso debido á desafección, entre outros, do parque eólico referido A Estibada.

Décimo quinto. Cumprida a tramitación ambiental, con data do 3.7.2023 o órgano ambiental emitiu a resolución pola que formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao proxecto das Instalacións de conexión á rede eléctrica (clave ambiental: 2021/0051), que se fixo pública mediante o Anuncio do 4 de xullo de 2023, do órgano ambiental (DOG núm. 135, do 17.7.2023). Nesta resolución conclúese que o proxecto é ambientalmente viable sempre que cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo do documento de formulación da DIA, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto na DIA.

O 4.7.2023, o órgano ambiental notificoulle a esta dirección xeral a resolución da DIA e, con data do 22.8.2023, esta dirección xeral comunicoulle ao promotor a devandita resolución.

Décimo sexto. O 14.7.2023, o promotor presentou nesta dirección xeral a documentación técnica refundida para continuar o procedemento en resposta ao requirimento do 1.6.2023 desta dirección xeral e conforme o artigo 47.4 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e o artigo 33.15 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. A documentación, en substitución da anteriormente presentada, está conformada polos seguintes documentos:

– «Proxecto técnico instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Xuño 2023».

– «Capas shapefile do proxecto instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Xuño 2023».

– «Ficheiro excel de coordenadas do proxecto instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Xuño 2023».

– «Documento RBDA do proxecto instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Xuño 2023».

Décimo sétimo. Na mesma data o promotor solicita, con carácter preferente, a autorización administrativa previa e de construción e que se pospoña para un posterior acto administrativo diferenciado a declaración de utilidade pública (DUP).

Décimo oitavo. O 13.10.2023, tras advertirlle ao promotor determinadas discrepancias na documentación, este achegou para tal efecto os seguintes documentos substitutivos dos presentados na data 14.7.2023 e que configuran a documentación técnica refundida conformada por:

– Proxecto técnico instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Outubro 2023, visado nº V200491 do 11.10.2023, en diante proxecto refundido.

– Capas shape proxecto instalacións conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Outubro 2023.

– Ficheiro excel de coordenadas proxecto instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Outubro 2023.

Polo que respecta ás separatas técnicas do proxecto, o promotor expuxo na declaración responsable que as modificacións do proxecto refundido non afectan o sentido dos condicionados xa emitidos polos organismos afectados, e tampouco é necesario solicitar novos informes para os efectos de outorgamento da autorización administrativa previa e autorización de construción. Ademais do exposto, o promotor reitera a solicitude da preferencia na tramitación da autorización administrativa previa e de construción e que se pospoña para un posterior acto administrativo diferenciado a declaración de utilidade pública (DUP).

O 20.10.2023, o promotor achegou os documentos das declaracións responsables substitutivas das anteriores presentadas. Entre outras epígrafes, recóllese tal e como se reproduce de xeito literal «o citado proxecto técnico recolle a totalidade das características do proxecto para o cal se outorgou declaración de impacto ambiental mediante a Resolución do 3 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, coa única excepción das dimensións da plataforma da subestación colectora Paraño, a cal se reduce na súa superficie inicial ata os actuais 12.143 m2, resultando inferiores as afeccións pola dita infraestrutura, e o tipo de condutor en dous dos tramos da liña de tensión 132 kV (tipo anterior LA-380; actual LA-280)». Ao respecto dos bosquexos presentados para a súa incorporación na DIA, declárase que: «O proxecto técnico recolle así mesmo a totalidade das características do proxecto descrito nos bosquexos actualizados presentados o 16.6.2023 (…), coa única excepción da redución actual das dimensións da plataforma da subestación colectora Paraño». Entre outras epígrafes, indícase que se planifican dúas fases de execución e que se inclúen os correspondentes orzamentos identificados como fase I e fase II.

Décimo noveno. O 25.10.2023, a xefatura territorial emitiu o informe técnico favorable para as instalacións que se relacionan conforme o proxecto refundido indicado no antecedente de feito cuadraxésimo cuarto, Proxecto técnico instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Outubro 2023, visado V200491 do 11.10.2023.

Vixésimo. O 23.11.2023, o promotor achegou, entre outros a RBDA datada en novembro 2023, e asinado polo enxeñeiro industrial José Ernesto Rodríguez Blanco, colexiado nº 1.185 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia. A devandita relación achégase aos efectos da solicitude de autorización da declaración de utilidade pública (DUP). A documentación está composta dos seguintes documentos en substitución dos anteriormente presentados:

– Documento RBDA IIC Beariz 400 kV-eixe leste. Novembro 2023.

– Táboas RBDA IIC Beariz 400 kV-eixe leste. Novembro 2023 (arquivos .xlsx).

– Declaración responsable de acordos alcanzados. Novembro 2023.

– Capas shape proxecto instalacións conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Novembro 2023.

Ao respecto da «RBDA novembro 2023» considérase necesario indicar que se corresponde coas afeccións resultantes conforme o proxecto final Proxecto técnico instalacións de conexión Beariz 400 kV-eixe leste. Outubro 2023, indicado no antecedente de feito décimo cuarto.

Cómpre sinalar que na declaración responsable de novembro 2023, o promotor indicou de forma expresa, con respecto á RBDA de data outubro 2021 (que foi sometida á información pública mediante o Acordo do 28 de abril de 2022 (DOG núm. 88, do 6.5.2022):

– No punto 4.- (...) «cinco parcelas catastrais quedan desafectadas por presentar afección exclusiva de xestión de biomasa. Corresponden as parcelas segundo o número de proxecto 2, 33, 34, 46 e 53».

– No punto 5.- (...) «dúas parcelas catastrais quedan desafectadas por revisión e posterior eliminación da afección inicial, ao considerarse innecesaria. Corresponden ás parcelas segundo o número de proxecto 3 e 74».

– No punto 6.- (...) «non resulta afección en ningunha outra parcela catastral como consecuencia das modificacións ao proxecto, así como tampouco resulta un incremento das superficies de afección naquelas relacionadas na devandita RBDA de outubro 2021, sendo os únicos cambios os citados nos puntos 4 e 5».

Ao respecto da RBDA novembro 2023 no anexo 2 do Documento RBDA IIC Beariz 400 kV-eixe leste. Novembro 2023, relacionanse as parcelas con acordo, que inclúen aquelas de titularidade de CMVMC.

O 24.11.2023, o promotor achega a esta dirección xeral a remisión dos acordos co CMVMC afectadas con relación ao trámite da DUP, en que indica que se alcanzaron de maneira amigable acordos de dereitos de servidume coas CMVMC listadas nos puntos inferiores do documento achegado, de acordo co establecido no artigo 6 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común. Do que se desprende que as CMVMC con acordo se exclúen do presente trámite de DUP, en coherencia coa RBDA novembro 2023, e aquelas coas que non acadaron acordo reflíctense na RBDA novembro 2023. Cómpre sinalar que coa CMVMC de Muradás, adicionalmente ao acordo de dereito de servidume por paso da liña aérea, tal e como indica o promotor «formalizouse un contrato de arrendamento e un contrato de dereito de superficie en relación coa parcela 1 do polígono 7 pola afección resultante da infraestrutura subestación eléctrica colectora Paraño 400/132».

Vixésimo primeiro. Mediante a Resolución do 16 de xaneiro de 2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgou as autorizacións administrativas previa e de construción ás instalacións de conexión de Beariz 400 kV eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense), e promovido por Adelanta Corporación, S.A. (expediente IN408A 2020/175) (en diante, Resolución AAP+AAC).

Vixésimo segundo. Para os efectos de determinar a posible concorrencia de utilidades públicas da referida infraestrutura eléctrica con dereitos mineiros, esta dirección xeral iniciou o procedemento de declaración de compatibilidade ou prevalencia de utilidades públicas, previsto no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. O presente trámite, posterior á Resolución AAP+AAC conforme a solicitude do promotor, baséase:

– No informe do 6.5.2022, do Servizo de Minas da xefatura territorial, en que se recollen os dereitos mineiros vixentes afectados na área delimitada pola infraestrutura de evacuación do proxecto obxecto deste expediente. Tal e como se cita de xeito literal no informe «Os terreos sobre os que está proxectada a instalación de conexións Beariz 400 eixe leste están afectados polos seguintes dereitos mineiros: autorización de aproveitamento de augas minerais industriais e de manancial Paraño 87.1».

– Conforme o antecedente de feito sétimo que expón o resumo do 10.8.2022 da tramitación feita pola xefatura territorial, entre outras epígrafes, ao respecto dos dereitos mineiros afectados recóllese tal e como se reproduce de xeito literal: «Adelanta Corporación, S.A. solicitou o recoñecemento de utilidade pública para as instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste. Tal e como se recolle no punto 8 desta proposta, durante o trámite de condicionados relativos ás separatas do proxecto, Aguas do Paraño, S.L., persoa titular dun interese público radicado no mesmo espazo territorial, opúxese ás ditas instalacións. Polo que, de acordo co artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, se determinará a compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos enfrontados e, en caso de incompatibilidade, declararase a prevalencia dun deles».

– Segundo o exposto no antecedente de feito décimo noveno ao respecto da emisión dos condicionados técnicos vencellados durante os trámites de IP 1, IP 2, e IP 3 e as contestacións entre Aguas do Paraño, S.L. e o promotor.

– O 29.12.2022 de Aguas do Paraño, S.L. achegou á xefatura territorial unha alegación en que entre outra documentación achega un informe de avaliación de riscos. Tras a remisión o 13.1.2023 pola xefatura territorial a esta dirección xeral, o promotor contestou o 2.3.2023 co seguinte documento: 2023301 Estudo previo de compatibilidade entre dereitos mineiros e as instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste.

– Conforme o antecedente de feito décimo cuarto, o promotor presentou entre a documentación técnica refundida, a RBDA novembro 2023.

O 13.12.2023, esta dirección xeral, ante a referida concorrencia de utilidades públicas con dereitos mineiros e conforme o artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, efectuou o trámite de audiencia co titular do dereito mineiro afectado Aguas do Paraño, S.L., de acordo co informe da xefatura territorial e xa que conforme RBDA novembro 2023 do promotor non obtivo acordo co titular sinalado. Concedéuselle a Aguas do Paraño, S.L. un prazo de quince (15) días para presentar as alegacións que considerase oportunas. O 19.12.2023 achegouse oficio en que se engadiu información complementaria. Rematado o citado trámite de audiencia, non se presentaron alegacións.

O 19.1.2024 desde esta Dirección Xeral remitíuselle ao Servizo de Enerxía e Minas da xefatura territorial a documentación correspondente ao trámite de audiencia descrito, para os efectos da emisión do informe previsto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Vixésimo terceiro. Para os efectos de determinar a posible concorrencia de utilidades públicas da referida infraestrutura eléctrica con aproveitamentos forestais ou montes veciñais en man común, esta dirección xeral iniciou o procedemento de declaración de compatibilidade ou incompatibilidade de utilidades públicas, previsto no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. O presente trámite, posterior á Resolución AAP+AAC conforme a solicitude do promotor, baséase:

– Conforme o antecedente de feito sétimo que expón o resumo do 10.8.2022 da tramitación feita pola xefatura territorial na que se identifican entre outros «2º) Comunicación da existencia de aproveitamentos enfrontados».

– Segundo o exposto no antecedente de feito décimo noveno ao respecto da emisión dos condicionados técnicos vencellados durante os trámites de IP 1, IP 2, e IP 3 e o informe favorable condicionado do Concello do Irixo.

– De conformidade co antecedente de feito vixésimo que recolle o trámite de consultas en que se sinala que as obras incluídas no proxecto da referida infraestrutura eléctrica afectan os montes veciñais que se indican e os compromisos do promotor.

– Conforme o antecedente de feito décimo cuarto, o promotor presentou entre a documentación técnica refundida a RBDA novembro 2023.

O 13.12.2023, esta dirección xeral, ante a referida concorrencia de utilidades públicas con aproveitamentos forestais ou montes veciñais en man común e conforme o disposto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, efectuou o trámite de audiencia coas comunidades titulares dos montes veciñais en man común afectados CMVMC Surribas e CMVMC A Ermida, que son sobre os que o promotor, conforme a «RBDA novembro 2023», non obtivo acordo cos seus titulares e están incluídos, entre outros, no informe do Servizo de Montes de Ourense recollido no antecedente de feito décimo sétimo. Concedéuselles un prazo de quince (15) días para presentar as alegacións que xulgasen oportunas. Transcorrido o dito prazo, non se presentaron alegacións.

O 18.1.2024, desde esta dirección xeral solicitouse á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal o informe previsto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, dándolle traslado da documentación asociada ao expediente e do trámite de audiencia realizado, para os efectos da emisión do informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade da referida infraestrutura eléctrica cos aproveitamentos forestais afectados ou montes veciñais en man común. O 31.1.2024, desde esta dirección xeral remitiuse, como información complementaria para a emisión do informe solicitado, a achega do 30.1.2024 do promotor ao respecto dos acordos asinados no trámite da DUP.

Vixésimo cuarto. Vencellado ao procedemento de declaración de compatibilidade ou prevalencia de utilidades públicas da referida infraestrutura eléctrica con dereitos mineiros, o 25.1.2024 o Servizo de Enerxía e Minas da xefatura territorial, conforme o artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e en resposta á solicitude desta dirección xeral do 19.1.2024, emitiu a súa contestación conformada polos seguintes documentos:

– Traslado de documentación complementaria; Informe de compatibilidade e documentación relativa ao trámite de audiencia.

No informe sobre a compatibilidade das instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste cos dereitos mineiros afectados, emitido o 25.1.2024 polo Servizo da Sección Minas, «infórmase a compatibilidade entre a autorización de aproveitamento de augas minerais, industriais e de manancial Paraño nº 87.1 e as instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste». Tal e como se indica textualmente no informe:

– «O 27 de xaneiro de 2010 outorgouse á mercantil Aguas do Paraño, S.L. a autorización de aproveitamento de augas minerais, industriais e de manancial Paraño nº 87.1.

Esta autorización leva consigo a aprobación dun perímetro de protección para a conservación do acuífero, que limita as actividades que se pretende levar a cabo nelas, en función de tres zonas de restricións: máximas (ZMA), medias (ZME) e mínimas (ZMI), todo iso en virtude do Decreto 402/1996, do 31 de outubro de 1996, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 116/2001, do 10 de maio».

– «O 29.3.2022 Adelanta Corporación, S.A. achegou Separata de afección a bens dependentes de Aguas do Paraño. Proxecto técnico instalación de conexión Beariz 400 kV eixe leste. Marzo 2022. Aguas do Paraño, S.L. respondeu, o 7.4.2022 e o 21.6.2022, manifestando a súa oposición ao proxecto baseándose no informe de Drace Geocisa, no que avalía os riscos hidroxeolóxicos asociados ás diferentes infraestruturas proxectadas (…)».

No mesmo informe faise referencia a que, o 13.12.2023, esta dirección xeral procedeu á apertura do trámite de audiencia cos afectados, tal e como se indica no antecedente de feito vixésimo segundo, e Aguas do Paraño, S.L., tras recibir a dita notificación, non presentou ningunha alegación. O informe continúa expresando textualmente:

– «O Decreto 402/1996, do 31 de outubro de 1996, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas minero-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, modificado polo Decreto 116/2001, do 10 de maio, establece no anexo I as actividades suxeitas a limitacións de prohibición ou condicionadas a desenvolver en cada unha das zonas de restricións: máximas (ZMA), medias (ZME) e mínimas (ZMI).

En canto á afección das instalacións proxectadas á autorización de aproveitamento de augas minerais, industriais e de manancial Paraño nº 87.1, obsérvase que non existen actividades suxeitas a limitacións, segundo o dito anexo I, na zona de restricións mínimas (ZMI). Así mesmo, os riscos hidroxeolóxicos avaliados no informe de Drace Geocisa non están recollidos no dito anexo I.

Por canto antecede, e a criterio do que subscribe, salvo erro ou omisión involuntaria ou mellor criterio técnico, infórmase da compatibilidade entre a autorización de aproveitamento de augas minerais, industriais e de manancial Paraño nº 87.1 e as instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste».

Vixésimo quinto. Conforme o procedemento de declaración de compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos forestais incluídos na referida infraestrutura eléctrica, o 22.2.2024 esta dirección xeral recibiu da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural o Informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense do 16.2.2024 (data do informe), conforme o artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e resposta á solicitude desta dirección xeral do 18.1.2024, emitiu a súa contestación conformada polos seguintes documentos:

– Remisión de informe.

– Informe de compatibilidade/incompatibilidade dos aproveitamentos forestais incluídos no proxecto instalacións de conexión de Beariz 400 kV eixe leste, nos concellos do Irixo, Boborás e Beariz (Ourense).

No informe sobre a compatibilidade infórmase, tal e como se cita textualmente:

– «A ocupación pola infraestrutura de conexión supón a imposibilidade do aproveitamento forestal no pleno dominio ocupado polos apoios e limita o seu uso nas servidumes do voo da liña proxectada. Por outra banda, a superficie total ocupada supón unha porcentaxe moi pequena en relación coa cabida total dos montes veciñais afectados, que son:

1. A Ermida (O Irixo).

2. Peniña e Os Chaos ou Pena Negra (O Irixo).

3. Coto de Surribas (O Irixo).

4. A Portela, A Estibada, A Balsada e Penagueira (O Irixo).

5. De Cebral (O Irixo).

6. De Parada (O Irixo).

7. Charco e Redondo (O Irixo).

8. De Espiñeiros (O Irixo).

9. De Cerdeira (O Irixo).

10. Sonelle (Boborás).

11. As Santas (Boborás).

12. Chancela (Beariz).

Tanto pola vexetación como pola superficie ocupada, a instalación da liña non suporá mingua significativa na produtividade dos montes afectados, pois non existen masas forestais de alto interese que resulten afectadas pola infraestrutura proxectada. Na superficie afectada por esta existen os seguintes convenios/consorcios subscritos pola Xunta de Galicia:

1. Elenco 32155222 Cebral.

2. Elenco 32155157 Espiñeiros.

3. OR-2074-6 Fenteira e Pena (Sonelle).

4. Elenco 32155017 Chancela.

Os expedientes de subvención incluídos na relación de parcelas catastrais afectadas polo proxecto, tras a consulta resultante de introducir na aplicación cadro de mandos as parcelas expostas na relación de bens e dereitos afectados, son:

1. 11320008/2020: repoboación con Pinus pinaster financiada con fondos Feader con compromiso de mantemento vixente no MVMC Chancela.

2. 11320024/2020: non afecta a infraestrutura proxectada.

3. 11320050/2019: repoboación con Pinus pinaster financiada con fondos Feader con compromiso de mantemento vixente no MVMC Coto de Surribas.

4. 11320084/2017: repoboación con Pinus pinaster e Prunus avium financiada con fondos Feader con compromiso de mantemento vixente no MVMC de Espiñeiros.

5. 11320014/2016: repoboación con Pinus pinaster financiada con fondos Feader con compromiso de mantemento vixente no MVMC A Portela, A Estibada, A Balsada e Penagueira.

6. 14320021/2019: tratamentos silvícolas en masas de frondosas financiada con fondos Feader con compromiso de mantemento vixente no MVMC A Portela, A Estibada, A Balsada e Penagueira.

7. 14320029/2019: non afecta a infraestrutura proxectada.

8. 14320058/2018: tratamentos silvícolas en masas de coníferas financiada con fondos Feader con compromiso de mantemento vixente no MVMC de Cerdeira.

9. 14320168/2017: non afecta a infraestrutura proxectada.

10. 11320096/2007 e 11320048/2013: repoboacións con Pinus sylvestris e Castanea sp financiada con fondos Feader con compromiso de mantemento vixente no MVMC A Portela e A Estibada».

– «Polo exposto anteriormente e en cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio a reactivación económica de Galicia, e do disposto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade da infraestrutura instalacións de conexión de Beariz 400 kV eixe leste, exceptuando a superficie en que se cambie a clasificación do solo, e sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa por debaixo da infraestrutura eléctrica, así como os compromisos en materia de subvencións indicados».

Vixésimo sexto. O 27.2.2024, esta dirección xeral recibiu da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal unha nova remisión do informe de compatibilidade dos aproveitamentos forestais incluídos no proxecto, composto entre outros polo informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense asinado o 26.2.2024. Neste informe tívose en conta a información complementaria dos acordos achegados por esta dirección xeral o 31.1.2024, tal e como se fixo referencia no antecedente de feito vixésimo terceiro. O Servizo de Montes inclúe, polo tanto:

– «Ao respecto dos acordos e contratos coas comunidades de montes afectadas, non existen novas contribucións que afecten o contido dos informes anteriormente realizados».

– E conclúe en que «se emite informe favorable sobre a compatibilidade da infraestrutura instalacións de conexión de Beariz 400 kV eixe leste».

Vixésimo sétimo. O 27.2.2024, o promotor achegou actualización da RBDA, do que tras a DR se despende que as modificacións con respecto a RBDA novembro 2023 atenden a erros ortográficos e de transcrición dos acordos ao respecto dun apoio. Cómpre, polo tanto, facer mención a que se mantiveron, con respecto a RBDA novembro 2023, as parcelas sobre as cales o promotor non acadou acordo cos titulares. Presentáronse os seguintes documentos en substitución dos anteriores:

– Documento RBDA IIC Beariz 400 kV-eixe leste. Febreiro 2024.

– Táboas RBDA IIC Beariz 400 kV-eixe leste. Febreiro 2024 (arquivos .xlsx).

– Declaración responsable de acordos acadados. Febreiro 2024.

A RBDA datada en febreiro 2024 considerarase como RBDA definitiva para os efectos de continuidade do presente trámite de declaración de utilidade pública (DUP).

Consideracións legais e técnicas:

1. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente, de conformidade co disposto no artigo 45.6 e na disposición adicional terceira da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e no artigo único do Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1.2.2017).

2. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

A este respecto, e polo que respecta á tramitación realizada pola xefatura territorial, tivéronse en conta as seguintes consideracións legais e técnicas recollidas no expediente de remisión:

– Na epígrafe 12, achegouse o informe favorable do 9.8.2022 relativo ao cumprimento da normativa de instalacións industriais e eléctricas das instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste.

– Na epígrafe 13, achegouse a acta de comprobación, asinada por persoal facultativo da xefatura territorial, conforme non se dan as prohibicións e limitacións establecidas no artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

– Na epígrafe 14 da proposta de autorización administrativa previa e de construción, a xefatura territorial expresa a seguinte consideración, que se incorpora textualmente a esta resolución:

«Tendo en conta o anterior e coa documentación que consta no expediente na data de sinatura desta proposta, infórmase de xeito favorable a solicitude de Adelanta Corporación, S.A. no que respecta á tramitación das autorizacións administrativas previa e de construción (...)».

3. Polo que respecta ás alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, reflectidas na Resolución AAP+AAC do 16 de xaneiro de 2024, desta dirección xeral, e con base no informe de tramitación complementario achegado o 28.11.2023 pola xefatura territorial, terase en conta o seguinte:

• Polo que respecta ás alegacións contestadas na Resolución AAP+AAC, a seguinte consideración legal e técnica desta resolución:

«Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, de acordo co artigo 51 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, conservouse a validez de todas as alegacións presentadas que figuran no expediente de referencia. O 10.8.2022, a xefatura territorial remitiu a esta dirección xeral as alegacións recibidas na primeira, na segunda e na terceira información pública (IP 1, IP 2, IP 3) e nas datas 12.8.2022, 19.9.2022 e 22.9.2022 achegou información complementaria vencellada co tratamento das alegacións.

a) Cómpre manifestar que se trasladaron ao promotor as alegacións achegadas a esta dirección xeral, posteriormente á remisión do expediente na data 10.8.2022 pola xefatura territorial. Con data do 28.11.2023 a xefatura territorial remitiu informe complementario de tramitación, da mesma data, en que se recolle a resposta ás alegacións achegadas durante a tramitación, as cales se incorporan textualmente a esta resolución.

1. En relación coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento…), así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.

2. No que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, só no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor eólico e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

3. En relación coas parcelas que se incluirán na relación de bens e dereitos afectados, o artigo 44 da Lei 8/2009 especifica que a solicitude de declaración, en concreto, de utilidade pública incluirá a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos sobre os que non se obtivo un acordo cos seus titulares e sobre os que se considera necesaria a expropiación.

4. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental, cómpre indicar que estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, que se fixo pública no Anuncio do 4 de xullo de 2023 (DOG núm. 135, do 17 de xullo), e onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que se pode desenvolver o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias e a necesidade dun plan de vixilancia ambiental. Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que o proxecto foi sometido, recibíronse informes dos seguintes organismos: Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Defensa do Monte, Instituto de Estudos do Territorio, Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e Axencia de Turismo de Galicia.

5. No que respecta ás alegacións de carácter urbanístico, estas serán tidas en conta para a emisión do informe a que fai referencia o artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en relación co proxecto sectorial das instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste.

6. A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o «mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I». O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria. Porén, no caso de parques eólicos próximos entre si, non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados.

Así, no ámbito dos parques eólicos, o referido anexo I establece que estarán sometidas á avaliación ambiental ordinaria, entre outras, as «Instalacións para a utilización da forza do vento para a produción de enerxía (parques eólicos) que teñan 50 ou máis aeroxeradores, ou que teñan máis de 30 MW ou que se atopen a menos de 2 km doutro parque eólico en funcionamento, en construción, con autorización administrativa ou con declaración de impacto ambiental». Polo tanto, no caso das instalacións de aproveitamento eólico, o fraccionamento que se alega de adverso non produce os efectos denunciados (evitar que o proxecto teña que ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria). Por outra banda, a Lei 21/2013 obriga a que os estudos de impacto ambiental que presenten os promotores deban prever os efectos sinérxicos ou acumulativos derivados da existencia doutros parques eólicos ou outro tipo de instalacións nas proximidades. Polo tanto, ese suposto «fraccionamento» dos proxectos non evita que a avaliación ambiental deba ter en conta o efecto derivado da proximidade doutras instalacións e infraestruturas. O proxecto das instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste conta cun estudo de sinerxías incluído no estudo de impacto ambiental cunha zona de estudo nun raio de 10 km dos parques eólicos e liñas eléctricas situadas na súa contorna. Segundo este estudo, atopamos:

• Liñas de alta tensión:

– Unha liña de alta tensión de Red Eléctrica Española, correspondente á liña de 380-400 kV, tramo Beariz-Cartelle, con 21.691,7 m dentro do ámbito.

– Unha liña de alta tensión de Unión Fenosa Distribución, de 132 kV, O Irixo-Carballiño, cunha lonxitude de 3.405,8 m dentro do ámbito.

– Tres liñas de 220 kV, na parte oeste do ámbito, que teñen unha lonxitude total de 37.101 m dentro do ámbito.

Ademais, tense coñecemento das seguintes liñas de alta tensión proxectadas no contorno:

– Unha liña 132 kV, O Irixo-Lalín, con proxecto sectorial recollido no Plan básico autonómico, cunha lonxitude de 15.705 m dentro do ámbito.

– Unha liña 132 kV, As Penizas-Paraño, que parte da SEC Paraño cara ao NO, cunha lonxitude dentro do ámbito de 11.156 m.

– Dúas liñas de 400 kV de REE, que parten da SE Beariz cara ao sur e cara ao leste, cunha lonxitude de 11.442 e 2.158 m, respectivamente.

– Proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe sur.

missing image file

• Liñas de media tensión:

Existen as seguintes liñas de media tensión no ámbito dos 10 km, cunha lonxitude total de 257,18 km.

missing image file

• Parques eólicos:

Existen os seguintes parques eólicos situados no raio de 10 km:

Parque eólico

Nº aeros parque

Nº aeros dentro do ámbito

A Estibada

6

6

Ameixeiras-Testeiros

75

75

As Vides

4

4

Campos Vellos

7

7

Coto da Mina

5

5

Coto Frío

12

12

Irixo fase I

11

11

Laxabranca

5

2

Marcofán

7

7

Masgalán-Campo do Coco

75

12

Monte do Seixo-Cando

37

12

Monte do Seixo-Cando AMP

16

9

Paraño Oeste

17

17

PES Lalín

4

4

Pico Seco

9

9

Puza

13

2

Suído I

7

7

Suído II

4

4

Uxo

6

3

Valdepereira

8

8

missing image file

Cómpre sinalar que nada impide, desde o punto de vista da lexislación ambiental e do sector eléctrico, a execución de parques próximos entre si por parte dun mesmo ou distintos promotores e compartindo certas instalacións. Así o declarou o Tribunal Supremo na súa Sentenza do 11 de decembro de 2013 cando di que «... unha cousa é que os distintos elementos e instalacións dun parque eólico deban ter unha consideración unitaria e outra que iso impida que poidan existir parques próximos e que estes poidan compartir a localización dalgúns elementos ou a liña de verteura á rede». Pola contra, tanto a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, como o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, obrigan a que se compartan as infraestruturas de evacuación, precisamente para evitar un maior impacto ambiental.

En concreto, a disposición derradeira segunda do Real decreto 1183/2020, modifica o Real decreto 1955/2000 para condicionar a autorización administrativa das infraestruturas de evacuación á presentación, por parte dos titulares das ditas liñas de evacuación, dun documento que acredite a existencia dun acordo vinculante para o uso compartido delas por parte de todos os titulares de permisos de acceso e conexión na mesma posición de liña. En palabras do Alto Tribunal, na devandita Sentenza do 11 de decembro de 2013, «non se podería un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente unha fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supoñer unha alteración da competencia ou unha evitación de maiores exixencias ambientais».

Pola súa parte, a Lei 8/2009 define parque eólico como a instalación de produción de electricidade a partir de enerxía eólica, constituída por un ou varios aeroxeradores interconectados electricamente con liñas propias, que comparten unha mesma estrutura de accesos e control, con medición de enerxía propia, así como coa obra civil necesaria. Polo tanto, de acordo con esta definición, pode colixirse o carácter unitario dun parque e considerarse autónomo e independente sempre que teña capacidade de funcionamento separado, sen prexuízo de que comparta infraestruturas de evacuación con outros parques. É máis, compartir infraestruturas de evacuación supón, como é lóxico, un menor impacto ambiental, obxectivo que se persegue neste tipo de instalacións. Nesta mesma liña, a utilización de accesos comúns supón un uso máis racional do terreo, pois reduce as superficies afectadas polas instalacións.

No que respecta á definición de instalacións de conexión, a Lei 8/2009 remítese ao establecido no artigo 30 do mencionado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, entendendo por instalacións de conexión de centrais de xeración aquelas que sirvan de ligazón entre unha ou varias centrais de xeración de enerxía eléctrica e a correspondente instalación de transporte ou distribución, incluíndo liñas e subestacións.

Neste caso concreto, os parques eólicos comparten entre si infraestrutura de evacuación, o que non impide que os parques que comparten evacuación teñan carácter unitario e que podian funcionar de forma independente, posto que cada un deles dispón dos correspondentes equipamentos de corte e medida da enerxía, e que ao mesmo tempo supón unha redución dos impactos ambientais xerados.

7. No que respecta ás posibles afeccións ao medio forestal derivadas da execución do proxecto, o Servizo de Montes informou o 18 de febreiro de 2022: «As superficies definitivas de afección virán determinadas polas áreas ocupadas directamente polos elementos de apoio, construcións complementarias e mais as superficies determinadas polas distancias de servidume establecidas na normativa que regula as obras de produción e transporte de enerxía eléctrica e, ademais, pola superficie necesaria para o cumprimento das distancias de plantación da Lei 7/2012, de montes de Galicia, e mais da normativa de prevención de incendios relativa a redes de faixas de xestión de biomasa. Será necesario constituír as faixas de biomasa descritas na Lei 3/2007 ao redor das instalacións que transporten enerxía eléctrica de xeito aéreo, de ser o caso. Os puntos de auga para carga de medios terrestres, así como a rede de pistas forestais, deberán quedar completamente operativos». Así mesmo, a Dirección Xeral de Defensa do Monte informou, o 22 de novembro de 2022, nas consideracións legais e técnicas, que non se observan afeccións sobre as infraestruturas forestais que puidesen impedir o correcto funcionamento das actividades de prevención ou posible extinción de incendios que se executen. Non obstante, deberá velarse porque se manteñan en todo momento operativas, transitables e libres de obstáculos, e de verse afectadas repoñelas o antes posible. Con base no anterior e tendo en conta os condicionantes recollidos nas consideracións legais e técnicas, emítese informe favorable sobre a realización do proxecto instalacións de conexión á rede eléctrica Beariz 400 kV-eixe leste, situado nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo, na provincia de Ourense.

8. Asemade, en relación cos prexuízos xerados polo proxecto sobre explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e madeireiras, cómpre indicar que non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución. En todo caso, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre o promotor e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

9. Respecto do tipo de sociedade da empresa promotora do proxecto das instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste, cómpre indicar que esta acreditou a capacidade legal, técnica e económica para a realización do proxecto, de acordo co establecido na Lei 8/2009.

10. Respecto ás alegacións sobre a falta de información ambiental, de difusión e claridade da información pública cabe remitirse ás diferentes publicacións do Acordo do 28 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do proxecto de instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo, da provincia de Ourense (expediente IN408A 2020/175). Así mesmo, a dita resolución e a documentación obxecto da información pública estiveron á disposición de todas aquelas persoas interesadas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo e na entón Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xefatura Territorial de Ourense. Así mesmo, realizouse a notificación individual da solicitude de declaración de utilidade pública en concreto aos titulares que figuraban na relación de bens e dereitos afectados. No que respecta á participación do público no procedemento de avaliación ambiental, cómpre sinalar que a normativa que rexeu este procedemento incorpora as disposicións previstas no convenio Aarhus sobre participación pública, polo que os dereitos que nel se establecen queda debidamente garantidos.

11. No que respecta á validez e aplicación do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre subliñar que este segue vixente e resulta plenamente aplicable. A Lei 8/2009, do 22 de decembro, ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan preexistente mentres non se aprobe o novo previsto, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que «mentres non se aprobe un novo plan sectorial eólico de Galicia entenderase aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei». Á marxe do anterior, cómpre lembrar que na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, incorporando aos expedientes os informes e actuacións legalmente exixibles. Así mesmo, en relación coa necesidade de someter o Plan sectorial eólico de Galicia ao trámite de avaliación ambiental estratéxica, cómpre manifestar que este plan foi aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 1 de outubro de 1997, publicándose o acordo no DOG do 15.12.1997. Posteriormente, publicouse no DOG do 3.1.2003 o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002, polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan eólico de Galicia.

En ambos os casos cumpriuse co disposto no procedemento de aprobación, segundo o establecido na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

Cómpre ter en conta que coa aprobación da primeira Lei de avaliación ambiental estratéxica, Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, todos os plans tramitados polas administracións públicas deben someterse á avaliación ambiental. Non obstante, a propia lei recollía unha moratoria para os plans que estaban nese ano nun estado moi avanzado de tramitación. Logo este procedemento ambiental soamente obriga os plans que iniciaron a súa tramitación a partir do ano 2006 e non pode aplicarse con efectos retroactivos».

b) Cómpre sinalar que, no que respecta á existencia de aproveitamentos forestais e afeccións á minaría, a compatibilidade entre os aproveitamentos ou, de ser o caso, a prevalencia dun deles resolverase no trámite posterior correspondente, de acordo co establecido no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

c) No caso de alegacións presentadas con posterioridade á declaración de impacto ambiental, non se admiten, de conformidade co artigo 23 da Lei 21/2013, do 9 decembro, de avaliación ambiental, por presentarse fóra dos prazos de información pública e consultas regulados nos artigos 21 e 22 da devandita lei.

d) No caso de escritos de oposición á declaración de impacto ambiental do 28.12.2022, procede sinalar que, segundo o establecido no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, a declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, de ser o caso, procedan en vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto».

• Polo que respecta ás alegacións cuxa contestación quedou trasladada na Resolución AAP+AAC á resolución do procedemento asociado á solicitude de utilidade pública, visto o seu contido, as respostas efectuadas polo promotor e o resto de documentación que consta no expediente, cómpre manifestar o seguinte:

– Para Aguas do Paraño, S.L. pola alegación do prexuízo que a dita instalación provoca na continuidade da explotación do seu manancial, no informe sobre a compatibilidade das instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste cos dereitos mineiros afectados (previsto no artigo 45.4 da Lei 8/2009), emitido o 25.1.2024 polo Servizo da Sección Minas, «infórmase a compatibilidade entre a autorización de aproveitamento de augas minerais, industriais e de manancial Paraño nº 87.1 e as instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste».

– Para as comunidades titulares dos montes veciñais en man común afectados, e entre eles CMVMC Surribas e CMVMC A Ermida, que son sobre os que o promotor, conforme a RBDA definitiva, non obtivo acordo cos seus titulares, o informe do Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense do 26.2.2024, remitido pola Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal o 27.2.2024 (previsto no artigo 45.4 da Lei 8/2009), di ao respecto dos aproveitamentos forestais afectados «emítese informe favorable sobre a compatibilidade da infraestrutura instalacións de conexión de Beariz 400 kV eixe leste, exceptuando a superficie en que se cambie a clasificación do solo, e sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa por debaixo da infraestrutura eléctrica, así como os compromisos en materia de subvencións indicados».

– Para aquelas persoas afectadas coas que o promotor non chegou a acordo, hai que indicar que será durante o levantamento de actas previas á ocupación, acto a que serán oportunamente convocadas, o momento en que se definirán os bens e dereitos afectados (incorporando as posibles manifestacións e datos útiles para a correcta determinación das afeccións) e se poderá chegar a un acordo sobre a valoración económica.

4. En relación coa compatibilidade entre a referida instalación eléctrica e os posibles dereitos mineiros afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia a Aguas do Paraño, S.L., o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial emitiu informe o 25.1.2024 (antecedente de feito vixésimo), en que se conclúe o seguinte:

– «infórmase a compatibilidade entre a autorización de aproveitamento de augas minerais, industriais e de manancial Paraño nº 87.1 e as instalacións de conexión Beariz 400 kV eixe leste».

5. No que respecta á compatibilidade da referida instalación eléctrica con posibles aproveitamentos forestais afectados ou montes veciñais en man común, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia á CMVMC Surribas e CMVMC A Ermida, o 27.2.2024 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remitiulle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais o informe sobre informe de compatibilidade/incompatibilidade dos aproveitamentos forestais incluídos no proxecto do 26.2.2024, emitido polo Servizo de Montes da Xefatura Territorial de Ourense, que se transcribe a seguir:

– «Emítese informe favorable sobre a compatibilidade da infraestrutura instalacións de conexión de Beariz 400 kV eixe leste, exceptuando a superficie en que se cambie a clasificación do solo, e sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa por debaixo da infraestrutura eléctrica, así como os compromisos en materia de subvencións indicados».

De conformidade con todo o que antecede, o Consello da Xunta de Galicia

ACORDA:

1. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica denominada instalacións de conexión de Beariz 400 kV eixe leste, sitas nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) e promovido por Adelanta Corporación, S.A. (expediente IN408A 2020/175), o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

2. Declarar a compatibilidade da citada instalación eléctrica co aproveitamento mineiro Autorización de aproveitamento de augas minerais industriais e de manancial Paraño 87.1.

3. Declarar a compatibilidade da citada instalación eléctrica co aproveitamento forestal sobre as comunidades de montes veciñais en man común afectadas.

Este acordo axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

2. Recóllese como anexo a este acordo a RBDA definitiva de data febreiro de 2024, que se empregará no procedemento expropiatorio e que figura no documento de utilidade pública presentado polo promotor o 27.2.2024.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2024

Pablo Fernández Vila

Director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

Revisado e conforme

A conselleira de Economía, Industria e Innovación

P.D. (Orde do 9.2.2023, DOG núm. 34/2023)

José Ramón Pardo Cabarcos

Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados (RBDA) pola instalación eléctrica denominada instalacións
de conexión Beariz 400 kV-eixe leste (expediente IN408A 2020/175)

Termos municipais: O Irixo, Boborás e Beariz (Ourense).

Abreviaturas utilizadas: pol. (polígono), parc. (parcela), af. (afección), ref. (referencia).

Táboa. Relacíonanse as parcelas afectadas en que o propietario non chegou a acordo co promotor.

Nº parcela proxecto

Concello

Ref. catastral

Pol.

Parc.

Lugar

Titular catastral

Cultivo

Af. apoio nº

Af. apoio (m2)

Af. servidume de paso acceso apoios (m2)

Af. servidume de voo (m2)

Af. ocupación temporal (m2)

1

O Irixo

32036A06900012

69

12

Veiga

CMVMC A Ermida (ID Monte 1683)

Matogueira

 

0

-

498,04

0

6

O Irixo

32036A06900019

69

19

Rozada de Cervela

Daniel Moreiras Vázquez

Piñeiral

3

35,47

39,63

173,32

157,94

7

O Irixo

32036A06900020

69

20

Rozada de Cervela

Edelmiro Dorribo Silvares

Piñeiral

3

0

0

122,45

74,72

8

O Irixo

32036A06900021

69

21

Rozada de Cervela

Flora Silvares Silvares e outros

Piñeiral

 

0

0

160,71

 

9

O Irixo

32036A06900022

69

22

Rozada de Cervela

Teresa López Silvares

Piñeiral

 

0

0

170,5

 

10

O Irixo

32036A06900023

69

23

Rozada de Cervela

Amando Surribas Fariñas

Piñeiral

 

0

0

197,92

 

11

O Irixo

32036A06900024

69

24

Rozada de Cervela

Manuel Silvares Fariñas

Piñeiral

 

0

0

337,4

 

12

O Irixo

32036A06900026

69

26

Rozada de Cervela

José Silvares Conde

Piñeiral

 

0

0

284,17

 

13

O Irixo

32036A06900027

69

27

Rozada de Cervela

Edelmiro Dorribo Silvares

Piñeiral

 

0

0

145,91

 

17

O Irixo

32036A06200154

62

154

Peniña

Carmen Silvares Penedo

Monte alto

5

0

24,29

 

0

19

O Irixo

32036A06200152

62

152

Peniña

Carmen Silvares Penedo

Monte alto

5

0

25,02

 

0

21

O Irixo

32036A06200150

62

150

Peniña

Carmen Silvares Penedo

Monte alto

4 e 5

0

61,86

102,02

25,24

22

O Irixo

32036A06200148

62

148

Arriba do Valiño

Flora Silvares Silvares e outros

Monte alto

5

0

118,77

521,9

 

23

O Irixo

32036A06200147

62

147

Arriba do Valiño

Teresa López Silvares

Monte alto

5

0

85,78

443,54

 

26

O Irixo

32036A06200145

62

145

Riba da Estibada

Teresa Dobarro Dobarro

Monte alto

5

0

41,33

44,89

 

27

O Irixo

32036A06200142

62

142

Arriba do Valiño

Sergio López Lousado

Monte alto

 

0

-

6,02

 

28

O Irixo

32036A06200164

62

164

Riba da Estibada

María Rodríguez Rodríguez

Monte alto

5

0

50,22

261,54

 

29

O Irixo

32036A06200163

62

163

Riba da Estibada

Sergio López Lousado

Monte alto

5

0

66,02

313,27

0

35

O Irixo

32036A06200138

62

138

Arriba da Chousa

María Bravo Fernández

Matogueira

5

1,73

213,27

473,56

163,9

37

O Irixo

32036A06200228

62

228

Riba da Estibada

Carmen Silvares Penedo

Monte alto

5

0

39,29

175,67

 

38

O Irixo

32036A06200229

62

229

Riba da Estibada

Descoñecido

Monte alto

5

0

9,03

49,59

 

39

O Irixo

32036A06200230

62

230

Riba da Estibada

José Rodríguez Fernández

Monte alto

5

0

9,79

55,26

0

40

O Irixo

32036A06200231

62

231

Riba da Estibada

María Bravo Fernández

Monte alto

5

0

15,63

77,42

0

42

O Irixo

32036A06200233

62

233

Riba da Estibada

Luzdivina Silvares Penedo

Monte alto

5

0

6,36

59,19

2,08

44

O Irixo

32036A06200235

62

235

Fonte da Laxa

Carmen Silvares Penedo

Monte alto

 

0

-

407,14

 

51

O Irixo

32036A06200258

62

258

Medio do Coto

José Silvares Conde

Eucaliptos

0

-

454,89

0

62

O Irixo

32036A06200002

62

2

Riba da Estibada

CMVMC Surribas (ID Monte 1697)

Plantación piñeiros

6 e 7

78,05

3.316,58

5.222,42

647,81

75

Boborás

32014A04500139

45

139

Coto

Veciños de Paraño

Matogueira

 

0

-

989,16